Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo varapao ao Decretazo polo Consello Consultivo
Suma e segue: Primeiro os sindicatos e diversas asociacións, entre elas, a Plataforma Prolingua,, a Plataforma Queremos Galego, a GGENL, os directores dos centros, logo a RAG, de seguido o Consello Escolar, e agora o Consello Consultivo. Ata se lle dixo cantando, con manifestacións, , e outra vez cantando.... Todos atopan grandes problemas a aplicación deste decreto. Dende logo, a este paso, este governo vai vater tódolos records.

Rectificar é de sabios .... pero parece ser que non de políticos.

Seguimos preguntando:

Será este o Decreto do consenso como anunciaba este governo?

O Consello Consultivo detense especialmente nas disposicións do decreto relativas á Educación Infantil porque considera que neste treito o decreto falsifica algúns termos lingüísticos. Así, sinala que “tanto o concepto de lingua materna como o de lingua do contorno posúen un significado diferente ao que se lles atribúe”. O ditame sinala que na Educación Infantil se “están desvirtuando” dereitos para evitar “asegurar a correcta aplicación” de leis como a de Normalización Lingüística. Así mesmo, emprega “circunloquios” para “conculcar” e non respectar “cabalmente o mandato da Lei de Normalización”.

A consulta prevista para que os pais se pronuncien sobre a lingua a empregar nas aulas é outro dos aspectos nos que entra o Consello Consultivo. Nesta cuestión, o decreto tampouco sae ben parado porque, para esta institución, é “irrenunciábel e innegábel” a responsabilidade da Administración na programación do ensino. “No noso ordenamento xurídico non ten acollida un modelo como o proposto”, chega a sinalar o Consello en referencia á principal promesa electoral de Núñez Feixóo. A introdución de prazos como votacións cada catro anos resulta “arbitraria e contraria a dereito” e, en xeral, “o texto proxectado tampouco cumpre cos requisitos mínimos imprescindíbeis” cando se trata de consultar aos pais.
Algunhas das cousas que di o Consello Consultivo sobre o borrador do decreto:


No relativo á finalidade do decreto, o ditame lembra que o Tribunal Constitucional fallou que a normativa galega obriga a “un trato desigual, aínda que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais no territorio autonómico, na medida en que a acción normalizadora da lingua propia ten que implicar, necesariamente, a adopción de accións e medidas de apoio singularizado ou reforzado para garantir a subsistencia e desenvolvemento desa lingua”. Ademais, sinala que é no ensino onde ese apoio “cobra singular e xenuína relevancia”.

Sobre o procedemento para a elaboración do decreto, o Consello atopa falta de competencia dos centros aos que correspondería a emisión de informes relativos á exención da cualificación de galego por parte dalgúns ensinantes. Ademais, considera que “un terzo do horario” dedicado ao inglés “podería resultar desproporcionado”.


Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 16-05-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis