Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
I Jogos San Telmo - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Jogos San Telmo
O noso colexio participou, este 16 de abril de 2010, nos "I Jogos San Telmo" no Campo do Viso, en Porto, Portugal. (Ver o campo dende google maps).

Os equipos participantes foron:

- Junta de Freguesía de Massarelos.
- Colégio Nossa Senhora de Lourdes.
- Escola Gomes Teixeira.
- CEIP Campolongo

Os xogos que se fixeron foron:

- Futebol de 7.
- O jogo da Mata
- Xadrez
- Estaba previsto facer tamén bádminton pero non se fixo por falta de infraestructura, e por que non tiñamos moito tempo.

O campo era de relva sintética (relva: camada de erva rasteira)

No jogo da mata, o que nós chamamos cemiteiro, eles chámanlle piolho. Como moitos xogos, estes teñen as súas variantes, por exemplo esta, Jogo da mata con tres piolhos.

O almoço (refeiçao do fin da mañá) foi un piquenique (refeiçao ao ar livre, no campo). (Refeiçao: conjunto de alimentos que se toman a certas horas). A organizaçao forneceu, durante os jogos, águas e sumos.

A entrega de premios foi na Freguesia (subdivisäo de um concelho como intuito -obxectivo- administrativo) de Masasarelos (Porto). Ver Fegresías de Portugal.
Antes fixemos un pequeno percorrido no noso "autocarro" por Porto, pola ribeira do Douro, vendo as barcaças, o barco rabelo, o tranvia eléctrico, as grandes bodegas, o casco vello (patrimonio da humanidade), a Ponte de Arrábida, O Palacio da Bolsa, o Palacio de Cristal.

Estaba programado dar un paseo máis longo, pero entre que era tarde e que tivemos un pequeno incidente co autobús, pois non daba subido unha das costas adoquinadas da cidade, pois non puidemos saborear un dos pratos típicos de Porto, a Francesinha. Outro é o famoso "Tripas à moda do Porto".

Tódalas turmas (grupos, equipas) o pasaron moi ben. Tódos eran de 5º agás os nosos que eran de 4º de primaria. Iso notouse nos partidos, pero a pesar diso, trouxemos dúas medallistas en xadrez, Amalia e Lucía Ferrer Doporto, primeiro e terceiro posto. Xa podemos dicir que temos dúas campionas internacionais. Non si? Noraboa a todos, e especial a estas dúas finalistas.

Grazas ó galego puidemos manter unhas relacións comunicativas e de convivencia axeitadas . Notouse, iso si, a falta de oralidade galega para unha mellor e máis rápida comunicación entre os nosos veciñós portugueses.

Se tes algunha dúbida coas palabras portuguesas poden consultar no Dicionario de Portugués (Está tamén nos nosos recomendados)

De Porto_Portugal


Fotos



Vídeo do xogo da mata.

Vídeo Final de Xadrez

Vídeo Xogando "Futebol 7
Comentarios (2) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 17-04-2010 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Foi unha excursión fenomenal. Pasámolo #blgtk08#moi ben e espero que se repita pronto.
Comentario por Anónimo (18-04-2010 18:20)
2 Tes razón, a mellor, de m#blgtk08#omento ti espera á de 6ª.
Comentario por alumna campolongo (08-02-2011 20:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0