Fóra prexuízos, falsas teses de imposición lingüística, fóra tópicos. A
plataforma Prolingua presentará
o vindeiro venres 5 de febreiro o libro
'55 mentiras sobre a lingua galega'. A publicación, coordinada polo profesor Xosé Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.?
Pero un dos aspectos máis chamativos da presentación do 5 de febreiro e
que se fará de xeito simultáneo en máis de medio cento de cidade e vilas de Galiza e do estranxeiro. Así, á mesma hora, diferentes persoas encargaranse de dar a coñecer a publicación nas principais cabezas de comarca do país; en cinco localidades do Estado Español (Ponferrada, Madrid, Barcelona, Gasteiz e Trintxerpe). O libro tamén se dará a coñecer esa mesmas xornada en Tübingen, Bos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague.
En
Pontevedra será na
Galería Sargadelos (ás 20,30 h) , r/Oliva.
Nova en Vieiros