DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista Méndez Ferrín.
SANTIAGO ROMERO - A CORUÑA A elección por “maioría absoluta” de Xosé Luis Méndez Ferrín como novo presidente da Real Academia Galega confirma a unidade en torno á elección do seu presidente que se mantivo na institución académica nos últimos anos. De feito, o anterior presidente da institución, Xosé Ramón Barreiro, avalou a súa candidatura, xunto a Xosé Luís Axeitos, e o catedrático de Filoloxía Ramón Lorenzo. Agora Axeitos unirase, como xa o fixo con Barreiro, á nova executiva, na que tamén seguirá Manuel González. Tras a súa elección, Ferrín sostivo que a súa presenza “garante” unha etapa “continuista” na traxectoria da Real Academia Galega “e o respecto no estilo e o modo de traballar da entidade”, apuntou. Tamén destacou a incorporación de Francisco Fernandez Rei e Euloxio Ruibal.

En canto aos seus obxectivos nesta nova etapa, indicou que estarán o “apoio” á presenza da institución académica en actos públicos e a aposta por “reforzar e facer máis efectivos os traballos internos da Academia”, indicou ao referirse á necesidade de impulsar os traballos en ámbitos como a lexicografía ou a gramática.

Así mesmo, manifestou o seu desexo de que esta institución sexa “canto menos mediática, mellor” e apuntou que espera que situacións como as xeradas polo borrador do decreto do galego “sexan raras e que non volva haber ningunha de tal calibre”, engadiu. De tódolos xeitos, advertiu de que a Real Academia Galega será “inflexible” na defensa do galego. Por outra banda, cualificou de “especulacións informativas” as noticias sobre o malestar pola súa candidatura na Xunta de Galicia e destacou o trato “amable” tanto cara á súa persoa coma á Academia por parte de membros do Goberno galego.

“Xa veremos nas formas”, engadiu Ferrín, quen aproveitou tamén para reclamar a asignación dunha partida para esta institución nos presupostos da Xunta. A este respecto, o novo tesoureiro da RAG, Manuel González, cifrou en 1,2 millóns de euros a asignación necesaria para que esta institución “teña un presuposto estable e pode facer unha planificación independente”. O novo presidente fala nesta entrevista concedida a FARO DE VIGO dos retos que ten por diante.

–Como xurdiu a iniciativa de postularse á presidencia ?

–Pois a proposta foi que un grupo de académicos pensou que eu podía continuar a obra de Del Riego e de Barreiro, a nova academia en realidade, que podía ocuparme diso. Eu penseino e aceptei. Hai outras personalidades aquí presentes que tamén o podían ser, pero non se moveron nesa direción, de maneira que quedei como candidato único. Nesta casa non houbo ningún movemento contra min, as cousas que se insinuaron na prensa penso que son falsas, nin siquera creo certo que estivera a xunta de Galicia preocupada por min, os que estaban preocupados eran algúns columnistas, pero eso non ten a menor incidencia.

–Cando saltou a notiocia aos medios, moitas informacións viñan acompañadas de aclaracións nas que se analizaba que Ferrín non era tan radical como algúns creían, Serviu todo isto para disipar esa certa aureola de lobo feroz?

–Nunca tiven esa aureola de lobo feroz. Eu penso que sosteño unhas ideas públicamente, ideas políticas e de concepción do mundo, que son as mesmas que teñen milleiros de persoas no mundo intelectual. Non pensó que a estas alturas lle podan producir medo a ninguén. En todo caso, eu non veño aquí a facer política.

–Houbo algún escritor de sona, non académico, que rexeitou a súa candidatura pola súa radicalidade.

–Está claro que non lle son nada simpático.

–Que pesaba a favor ou en contra na súa decisión de aceptar este desafío?

–A favor, pesaba a miña posición política e ética de moitos anos. Se podo servir a Galicia en algo tan valioso como o idioma, pois o fago. En contra, pesaban os meus intereses particulares, a miña tranquilidade e o dano que poda facer este cargo á miña produción literaria, que poda reducirse . Tampoco é demasiado traballo, por outro lado.

–Como vostede mesmo sinalou pouco despois da votación no pleno da Academia, a presencia de Barreiro e Axeitos na nova executiva de Barreiro garante una política de continuidade, pero por outro lado, Euloxio Ruibal, unha das novas incorporacións á executiva, comentaba cando se pechou o plazo de candidaturas que a presidencia de Ferrín abría un novo espíritu. Como se pode definir ese novo espíritu dentro desa continuidade?

–Eu creo que o do novo espíritu de academia deuse co manifesto do 17 de maio que era unha lingua para todos e ca critiva colectiva que se fixo as bases do deccreto do galego da Xunta. Iso conforma unha nova academia máis madura, máis coherente e máis cohesionada, non hai discrepancias nas cousas fundamentales. Esa é a nova academia que nós creamos. Claro que Euloxio Ruibal véo como un novo camiño, efectivamente, pero ese camiño xa viña tamén marcado.

–Ese camiño está xa marcado por exemplo na liña de defensa da lingua galega fronte ao decreto da Xunta. Que pasará se o goberno galego mantén a súa posición sobre o idioma?

–Esa é una cuestion deles. A cademia fíxolle ver aos poderes autonómicos con claridade meridiana e ás forzas implicadas, á sociedade, que o ensino na democracia non é cousa de pais e fillos. Eu xa non podería votar, por exemplo, porque non teño fillos escolarizidos, outros son célibes e non teñen fillos. Pensó que en cousas tan importantes teñen que opinar todos os cidadáns. Fíxoselle ver iso con educación e con claridade á Xunta e tamén as organizacións sindicais , culturais e de defensa da lingua. Agora, quen ten que modificar a súa actitude son os que provocaron co seu radicalismo a ruptura do status. Nós somos conservadores, estamos a favor do estatus.

–Terase que ver con Feijóo para aclarar estas cuestións.

–Véxome con Feijóo con moita frecuencia, non teño ningún problema en falar con el. Verémonos con Feijóo cando el nos dea audiencia, teremos que facer unha visita institucional e tratar de cousas que teñen que ver coa Academia.

–Que opinión lle merece respecto doutros presidentestes conservadores , como Fraga?

–Con respecto ao galego ten unha actitude completamente diferente á de Fraga Iribarne, a quen eu non saudei na miña vida. É unha actitude de ruptura co que fixo o anterior goberno do Partido popular. Eles saberán por que o fan.

–Un dos argumentos é que están amparados pola maioría de votantes.

–Eles poden facer un decreto como queiran, sempre que se axuste á lei. Eso ninguén llo discute, nin as masas o dereito de manifestarse na rúa. Pero penso eu que a maioría do PP no Parlamento de Galicia é moi precaria como para facer un cambio tan radical con respecto ó anterior. Non é suficientemente forte esa maioría. Isto é unha opinión. Tamen a anterior Xunta tiña esa mesma situación, por iso non se atreveu a facer cambios radicais no ensino nin en nada. Era consciente da sua precariedade. Por outra parte, existen moitos castelán falantes nestes momentos que consideran o galego como un ben e non queren medidas desprotectoras. Non son todos de Gloria Lago.

–A Xunta parece estar comezando a recuar no tema do decreto. Aparte do eco da manifestación en Santiago, tivo algo que ver con este cambio o pronunciamento da Academia?

–Non o sei, a min gustaríame pensar que sí, porque difícilmente lle chegou á Xunta un documento deste tipo, o único que se lle pode semellar e o que lle acaba de enviar un grupo de xuristas que coincide nun 100% con noso análise legal, sinal que lemos os mesmos libros de dereito.

–Un lingüista galego de sona internacional, discípulo de Chomsky e catedrático en Washington, Juan Eguriagereka, seguidor da polémica en Galicia, manifestou que estes conflictos deberían solucionarse á marxe dos partidos políticos.

–Probablemente teña razón , pero hai un aspecto da lingua que afecta á política. Nas linguas estatales non oficiais, os programas educativos promovenas os políticoss. O outro é un soño. Os políticos son os que respaldan finalmente as ortografías que promoven as academias Estamos no mundo moderno, non estamos na selva primixenia nin na horda primitiva, nas que as linguas se producían espontáneamente e se sobrevivían, se asimilaban. Estamos no século XXi, no que o Estado influe na lingua.

Antes da actual digamos regresión do decreto, tampouco a situación era magnígica para o galego na práctica real...

–Para min era suficiente a lei que había antes, consensuada por todo o Parlamento, o que non estaba ben e que esas leis non se puxeran en vigor no ensino mediante inspecións e plans de intervencións claros que fixeran cumprir realmente o 50% do galego no ensino , pero eso son accións de goberno protectoras do galego. Que efectivamente non se levaban á práctica. Pero as leis desde o meu punto de vista estaban aí. Agora saese desa situación legal cun decreto radical e utópico.

–O conselleiro de Cultura afirma que o problema da cultura é que está acomplexada...

–Por iso está traducido Manolo Rivas a 30 linguas no mundo e Jiménez Losantos non. Cando un escritor galego está traducido en francés por Galimard non se poden dicir esas cousas.

–Que pode facer a Academia para para aumentar o prestixio social do galego?

–A Academia so é un factor. Esa tarefa non lle compete só a mundo intelectual como moitos pensan. Na sociedade hai algo máis que intelectuais, e o galego está asumido hai anos polo sindicalismo, por exemplo. Hai unha toma de conciencia contraria a ese desprestixio, pero isto compételle á totalidade da sociedade.

–Axudaría nisto una normalización da precaria situación financiera da Academia? É a única institución deste tipo en Europa que non ten fixada unha asignación estable polo Parlamento.

–Por suposto, o da Academia é un escándalo. É unha pobreza, vivimos nunha especie de beneficencia con axudas puntuais. Teria que haber no parlamento galego unha partida nos orzamentos para dotar á Academia. Como acontece noutras autonomías onde hai institucións multimillonarias. Isto é precariedade. Como as axudas son puntuias e discrecionais, se te portas ben, dánchas e se te portas mal, non. É algo que se eliminaría se nos orzamentos da autonomía houbera unha partida para a Academia que non puideran retirar de ningunha maneira. Isto éasí porque a Academia non pertence á Xunta de Galicia, o cal desde o meu punto de vista siñifica que non é un órgano autonómico, paradóxicamente é un órgano de titularidade estatal, real. Eso dalle moita indepencia, pero a coloca nun limbo que a asfixia económicamente.

–En que lectura se refuxiou da tensión nestes días en capela?

–Pois nada, claramente nun libro inédito de Farruco Sexto Novás que recolle todos os seus poemas galegos e para o que preparo un prólogo. Vai ser un libro de impacto.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 31-01-2010 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis