Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Manifestación 21 de xaneiro - DINAMIZANDO A LINGUA
Debaixo da foto do Obradoiro está un recorte do que estaba colgado na páxina web da Xunta un día antes da manifestación. Ben dicindo case que os sindicatos non non apoiaban a convocatoria da folga. Como se atreven a dicir isto?. Que sindicato non está en contra? Os que estamos enterados da participación da manifestación estamos abraiados dos comentarios do Conselleiro de Cultura na páxina web da xunta, pois sabemos que a maioría dos sindicatos, por non dicir todos, estaban en contra desta "Bases do plurilingüísmo". Case mellor chamarlle BORRADOR DO GALEGO. Borralo non de golpe, pero nunha palabra BORRALO. Estaría ben que dixera quen estivo a favor. Entrade en CCOO, na CIGA, STEG, UGT, incluso ANPE criticaba aspectos do borrador. A Coordinadora de ENL de Ferrol Terra ten unha listaxe moi boa de quen estaba a favor e en contra. Podes quedar sorprendido da diferenza. Dende logo non se lle pode permitir semellantes mentiras. Seica os sindicatos maioritarios non son nada, aínda por riba para el eramos poucos. Votade unha ollada as fotos, i eu dígovos que nesta manifestación podíanse encher tres veces o obradoiro e igual me quedaba corto.Pola entrada do Franco, a marcada pola organización, non se cabía, houbo taponamento, foi un fallo non poñer o palco no outro lado. Cando remataban os últimos en saír, xa estaba a cabeza da manifestación no Obradoiro. E tamén sabemos que moitos, non todos, que non fixeron folga tamén están en contra destas bases... pero o respecto ó partido ..., outros porque xa están cansos da política e din que todos son iguas..., outros porque "la pela es la pela".... En fin, cada quen foi libre de decidir. As presións das que fala a Xunta son tamén outra mentira máis. Porque se lle chama a todos os que non foron "Maioría silenciosa"?
"Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais"
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0