
Unha das primeiras cousas que fixeron os organizadores da manifestación na Praza do Obradoiro foi ler unha bonita proposta dun grupo de mestres: Que os cartos que nos van descontar pola folga que llelos manden ó pobo de Haití, para axudalos a recuperarse da catástrofe que padeceron estes días. Esta foi moi ovacionada. Todos estabamos dacordo.
Seguindo coa participación na folga, dicir, que foi desigual en moitos centros escolares e lugares, fálase dende o 50% de media ata ó 90%. No noso centro, CEIP Campolongo, de Pontevedra, a participación na folga foi a dun 43% dos mestr@s, e 46% do alumndo . Os que estivemos nesta, 3º ou 4º manifestación "preventiva", comentamos que foi un éxito de participación, son moitos os que non poideron entrar na Praza do Obradoiro. Quizais houbo un fallo organizativo, o palco non debería estar na entrada da rúa do Franco, preto do Rectorado, senón no lado contrario, xunto o hostal dor Reis Católicos, xa que moita xente quedábase na entrada da praza.
Xornal.com
Decenas de miles de persoas berran contra o decreto en Compostela. O progreso
ROTUNDO ÉXITO DA MOBILIZACIÓN CONTRA O 'DECRETAZO'
Decenas de miles de manifestantes colapsan el centro de Santiago. O País
Decenas de miles de persoas marchan en Santiago en contra do decreto do galego . La Voz
Propostas do Bloquesocilistapopular.
Aa voz da multitude.
Posicionamento do claustro de mestres do CPI de Maside.
Fotos da manifestación.
O Faladoiro (vídeos) sobre as posicións sobre as bases do decreto da CONGAPA, da Federación de Apas de Galicia, de GB e da Mesa pola Normalización Lingüística. |