Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O gordo - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O gordo
O noso gordo da lotería de reis:

Preguntas sobre as "Bases do novo decreto do galego":


Pódese poñer na mesma balanza galego, castelán e inglés?

Pódese dicir que se segue a promover a lingua propia sacándolle a posibilidade de traballar nela no 50% das materias?

Pódese garantir deste xeito a competencia lingüística en igualdade de condicións nas dúas linguas oficiais ao remate do sistema educativo obrigatorio?

Pódese garantir a liberdade de escolla lingüística cando os nosos fillos e fillas sexan escolarizados en contextos castelán falantes se a súa lingua materna é o galego?

Pódese favorecer a participación dos pais e nais na educación dos fillos obrigándoos a decidir sobre aspectos que atinxen ao currículo, cando debe ser a administración educativa a que tome esas decisións, sen crear conflitos nas propias ANPAS e nos centros?

Pódese garantir a atención individualizada do alumnado que non teña a mesma lingua materna que a maioría do grupo da aula na que estea integrado co mesmo profesorado e sen que haxa discriminación ningunha?

Como se garante o dominio dás dúas linguas ao final do ensino obrigatorio por parte do alumnado se «en todas as áreas» este «poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial dá súa preferencia»?

Pódese
facer ben un país liquidando as súas culturas?


Eu case que prefiría algo de carbón que este pesadelo.

Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 06-01-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 MOi atinadas preguntas.
Todos os que nos sentimos orgullosos de ser galegos prefeririamos carbóns pero o que temos vén c#blgtk08#o erre colocado noutro lugar.

Mil primaveras máis para a nosa lingua e fóra as súas suxas mans de Manuel Antonio
Comentario por morouteira (08-01-2010 19:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0