Edicións Xerais de Galicia vén de poñer á venda a revisión do seu
Gran Dicionario da Lingua, un traballo iniciado no ano 1992, que tivo a súa primeira edición no 2000. Na súa actualización,
o dicionario está editado en dous volumes cun total de 2.464 páxinas, e cen mil entradas (
cinco mil máis que na edición anterior). As principais novidades que achega, ademais da adaptación a normativa lingüística vixente, son a
transcrición fonética das palabras, a inclusión dunha serie de palabras non estandarizadas e unha referencia etimolóxica de cada unha delas.
«A normalización lingüística era un aspecto importante nesta revisión, pero non era o básico», explica o coordinador do proxecto. Xosé María Carballeira subliña que se trata dunha edición practicamente nova.
«Non só hai unha revisión cuantitativa, polo incremento no número de entradas, senón que hai unha revisión cualitativa que creo que é o máis salientable, porque revisamos todas as entradas, inclúese outro tipo de información que antes non se tiña en conta», afirma Xosé María Carballeira.
Ler máis