DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Antec. Histór. do Xadrez
Antecedentes Históricos

O xadrez ten a súa orixe na India, máis concretamente no Val do Indo, e data do século VI d.C. Orixinalmente coñecido como Chaturanga, ou xogo do exército, difundiuse rapidamente polas rutas comerciais, chegou a Persia, e desde alí ao Imperio bizantino, estendéndose posteriormente por toda Asia. A maioría dos historiadores coinciden en situar a orixe do xadrez na India no século VII. O mundo árabe, adoptou o xadrez cun entusiasmo sen igual: estudaron e analizaron en profundidade os mecanismos do xogo, escribiron numerosos tratados sobre xadrez e desenrolaron o sistema de anotación alxébrica.

O xogo chegou a Europa entre os anos 700 e 900, a través da conquista de España polo Islam, aínda que tamén o practicaban os viquingos e os Cruzados que regresaban de Terra Santa. Nas escavacións dunha sepultura viquinga achada na costa sur de Bretaña atopouse un xogo de xadrez, e na rexión francesa dos Vosgos descubríronse unhas pezas do século X, de orixe escandinava, que respondían ao modelo árabe tradicional. Durante a idade media España e Italia eran os países onde máis se practicaba. Xogábase de acordo coas normas árabes (descritas en diversos tratados dos que foi tradutor e adaptador Afonso X o Sabio), segundo as cales a raíña e o bisbo (alfil)l son pezas relativamente débiles, que só poden avanzar de casa en casa.

A era moderna do Xadrez, con todo, pode ser situada no século XV, onde as pezas obtiveron a forma que teñen actualmente. O primeiro analista serio do xogo foi o español Ruy López de Segura (Século XVI), quen en 1561 describiu as regras que aínda se usan hoxe. O primeiro regulamento impreso foi publicado por Francois Philidor co titulo “Analyse du jue deas echecs “(1749), que foi traducido a moitas linguaxes e axudou á difusión do xogo.

Durante os séculos XVI e XVII o xadrez experimentou un importante cambio, e a raíña converteuse na peza máis poderosa, en canto ao seu movemento se refíre, do taboleiro. Foi entón cando se permitiu aos peóns avanzar dúas casas no seu primeiro movemento e introducíronse a regra coñecida como en passant ('ao paso'), que permite capturar o peón que segue a súa marcha e non come a ficha que se lle ofreceu por unha determinada estratexia, e o revolucionario concepto do enroque. Os xogadores italianos comezaron a dominar o xogo, arrebatándolles a supremacía aos españois. Os italianos, á súa vez, foron desbancados polos franceses e os ingleses durante os século XVIII e XIX cando o xadrez, que fora ata entón o xogo predilecto da nobreza e a aristocracia, pasou aos cafés e as universidades. O nivel do xogo mellorou entón de xeito notable. Comezaron a organizarse partidas e torneos con maior frecuencia, e os xogadores máis destacados crearon as súas propias escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 16-11-2009 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis