Somos un grupo de mestres que desexamos as Milprimaveras para a nosa lingua e que intentaremos cultivar as palabras como no seu día fixo o erudito Frei Martin Sarmiento.




O meu perfil
nlcampolongo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xuntos, e Medranos na Escola
Dous poemas do noso compañeiro, o mestre poeta Xabier Barros Castro



XUNTOS NA ESCOLA

Hai unhas verbas
escritas no vento
con voces amigas
dicindo galegos.

Hai unha escola
de nenas e nenos
que ledos aprenden
cantigas e versos.

Hai unha lingua
que é noso idioma
a lingua galega.

Hai unhas verbas
medrando no tempo
con moito agarimo
o noso Galego.



MEDRAMOS NA ESCOLA

Os nenos e as nenas
medramos na escola
facendo tarefas
facendo debuxos
facendo poemas.

Medramos facendo
cantigas e versos
xogando coas letras
xogando coas verbas
xogando no vento
xogando na area

Alegres medramos
enchendo de rosas
enchendo de bicos
e verbas fermosas
a lingua galega.
Comentarios (2) - Categoría: Poemas, cantigas. - Publicado o 11-11-2009 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2 Comentario(s)
1 Animo poetas!non se pode vivir sen poesía,as palabras metense no #blgtk08#peito e fan sentir esa tenrura que solo a poesía e capaz de facer.
Comentario por Carmela (11-11-2009 23:22)
2 A poesía é ...

A poesía é a voz do amor,
dos ósos e do sangue.
O canto do tempo que flúe
no río máxico da memoría ...

#blgtk08#Con primaveras que cobren
as dores da alma.
Non somos nada sen tenrura,
sen a palabra que tece a vida:
pasión, soidade, morte e dozura.
Comentario por NIto (12-11-2009 00:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis