Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Proposta para as Derradeiras Vontades - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proposta para as Derradeiras Vontades
Con motivo da proximidade da data de santos (novembro) o Concello de Pontevedra (Normalización Lingüística) decidíu retomar unha proposta que Rubén Aramburu presentara na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) hai xa tempo. Coa colaboración do colectivo "Galegos de por vida" e do notario de Pontevedra Luís Darrieux, convídannos a participares no acto que se vai celebrar no Pazo da Pedreira, o vindeiro venres 28 de outubro, á tardiña.

O acto consistirá na sinatura ante notario do texto que achegamos a aquí. Se queredes no acto de sinatura pública, podedes enviar un correo a normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es , co voso nome completo xunto co número do DNI. O día do acto teredes que levar o voso DNI, xunto cunha fotocopia para lle entregar ao notario.

Remata o prazo para a incripción o luns 24 de outubro ás 14 horas.

Este é o texto proposto:

Entendemos que a normalización lingüística debe abranguer todos os eidos da existencia das galegas e dos galegos sobre a terra,incluso aqueles arredor do intre da extinción da persoa. Entendemos que o exercicio da galeguidade e o noso compromiso individual ou colectivo coa terra e a lingua debe ser continuado e sen desfalecementos ata a mesma morte. Somos conscientes da enorme perda de identidade cultural e histórica, incluso das contradicións e incongruencias que acontecen en todo o relacionado cos actos fúnebres onde, paradoxalmente, a persoa xa desaparecida semella renegar da lingua nai que defendeu, empregou e aproveitou en vida.

Por iso, as persoas aquí presentes, abaixo asinantes, convocadas polo Concello de Pontevedra e pola Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) no Pazo da Pedreira da cidade de Pontevedra, o día vinte e oito de outubro de dous mil once, manifestamos o seguinte:

"Que a lingua galega é a miña lingua, a lingua do pobo ao que considero pertencer e a lingua que quero que me acompañe ata a morte.

Que achegada a hora do meu pasamento, quero que todo o relativo ao meu funeral e enterro sexa realizado exclusivamente en lingua galega e, polo tanto, pido á miña familia, ás autoridades relixiosas e civís e aos servizos funerarios que fagan en lingua galega canto teñan que facer, público ou privado, oral ou escrito.

Que, se terceiras persoas, sexan da familia ou autoridades relixiosas ou civís, tentasen impedir a realización desta miña derradeira vontade, pido a calquera outro familiar, amiga ou amigo que tivese coñecemento deste desexo meu, que tome todas as medidas para facelo cumprir e, en caso de absoluta imposibilidade, que faga que se me enterre en silencio."


(NOMES E APELIDOS, NÚM. DNI E SINATURAS DAS PERSOAS QUE ASINAN)


Antonio Ferrer Moreira. DNI. ......

....................... DNI .......




Artigos relacionados:

Unha entre catrocentas

A lingua dos mortos.

Burela da que falar.

Milprimaveras máis.

En galego agora e sempre.
Comentarios (0) - Categoría: Mandas testamentarias - Publicado o 18-10-2011 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0