 Marcial do Adalid (A Coruña, 1826-1881), recoñecido pianista e primeiro compositor galego importante de música profana culta, escribiu ao longo da súa vida pezas para voz e piano, probablemente influído nos seus inicios polas melodías do músico francés Charles Gounod (1818-1893), inspirándose en textos latinos, italianos, alemáns e casteláns. Adalid posuía un gusto literario exquisito e coñecía ben a prosodia de todas as linguas que empregaba. Pero aquí interésannos as súas vinte e seis composicións sobre textos galegos, escritas nos últimos anos da década de l870 e agrupadas -a excepción dunha- baixo o título de Cantares vellos e novos de Galicia. Nestes cantares, alternan un "vello", tomado e adaptado do repertorio popular -folclórico- e un "novo", totalmente orixinal. Ao compoñer estes "Cantares", Adalid foi o verdadeiro creador do xénero da melodía galega, que haberían de continuar Chané e Baldomir, e isto supuxo unha achega musical básica ao "Rexurdimento" de Galicia. A súa esposa, Fanny Garrido, novelista que adoptou o pseudónimo de Eulalia de Lians, tradutora de Goethe e de Heine, e supostamente coñecedora dos lieds románticos, é autora de moitos poemas aos que Adalid puxo música. Vallan de mostra estas melodías deste compositor que a continuación se describen.
Saudade ( Airiños, ariños, aires)
Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.
Un poema sinxelo, cheo de saudade, que comeza con esta estrofa popular, xa empregada por Rosalía nos seus Cantares galegos
Afrixida (Vén a ser o canto doente dunha muller que o ten todo, agás o seu amor ausente)
Aquel meu muiño,
tan verde n?o vran,
me deixa maquías
a centos, de gran.
E teño facenda,
e padres e hirmáns,
e teño un filliño,
me falta seu pai!
Música clásica de compositores galegos:
Proxecto Galicia XXI |