Iniciativa popular para ser o
xermolo (elemento que ó desenvolverse dá lugar a un ser vivo) dun semanario integramente galego.
Que nos están a pedir:
- Asinar o apoio no blogue
sermos Galiza
-
Axudar a difundir a iniciativa a través dos nosos contactos.
-
Convertérse en accionista de
SERMOS GALIZA e, por tanto, en co-propietario/a do medio.
-
Subcribirse ó semario que sairá á rúa nos próximos meses. Para estares informado/a e leres un traballo xornalístico crítico, de interese e na nosa lingua.
-
Animar a todos os que nos rodean a que asinen o apoio, se convertan en accionistas e se subscriban ó semanario.
-
Colaborar con artigos, como fonte informativa, alertando de temas que temos próximos.
Unha podía ser esta, por exemplo.
Detrás da andaina informativa figuraban xa os nomes de
Marga Romero, Néstor Rego, María Reimóndez, Manuel Mera,
Teresa Moure, Nemesio Barxa, Manuel Vilar,
Xurxo Souto, Xosé R. Freixeiro Mato, Xosé Lois O Carrabouxo,
Marica Campo, Olalla Rodil e Francisco Carballo.
Neste tempo teñen acadados miles de apoios por parte de particulares e asociacións, e de numerosos representantes de entidades sociais e organizacións.
En Pontevedra
Marga Romero, xunto con
Néstor Rego e
Manuel Mera, animaron á cidadanía a facerse con accións deste proxecto, para constituír un capital social inicial que permita poñer en marcha e soster economicamente o proxecto, uns 300.000 euros, divididos en 1.000 accións de 100 euros, e formar entre todos e todas unha xunta de accionistas anónima, plural e diversa, na que ninguén poida quedar con máis do 10% do capital, e evitar así o seu control.
En Santiago,
Teresa Moure dixo:
"Somos (sodes) un grupo tan heteroxéneo como a sociedade galega", "Outra prensa é posíbel, unha prensa galega, do pobo para o pobo, que preste atención aos movementos sociais e recoñeza o carácter nacional de Galiza".