Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Apropiado e inapropiado - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apropiado e inapropiado
Ata agora sempre se puido subir con liberdade artigos a este blogue creado dende o EDNL do centro. Dende un principio déuselle as claves a todos os compoñentes para así facelo. Como ben sabemos todos, son poucos os que se dedican a estos menesteres, moitas veces porque non se dominan as ferramentas informáticas e outras porque é traballo dabondo e precisa de tempo, e as veces, moito tempo.

Os compoñentes somos todos mestres, ou licenciados, todos fixemos unha o varias carreiras, todos aprobamos unha oposición, e suponse que estamos capacitados para discernir en temas educativos "apropiados e inapropiados". En todo caso, o respecto debería imperar entre todos nós.

Como tamén saben moitos, este traballo de subir artigos ás páxinas web ou blogues faise, en gran parte, na casa, como moitos outros . E máis se fará na casa se ó final rematamos con este horario sen sentido que non queren aplicar. Pensaredes moitos que o problema é noso por facelo na casa. Tedes razón, pero os que temos moitas inquietudes, os que queremos un mundo máis xusto, máis plural, os que queremos que esta terra siga sendo galega, somos así, e seguiremos traballando, pero non como ovellas no redil, senón protestando cando vexamos algo inxusto. E neste momento están acontecendo cousas que nos teñen cabreados, a uns por unhas razóns, e outros por outras: baixada de soldos, recorte do profesorado, aumento do horario lectivo, eliminación de especialidades (todos valemos para todo), presumindo aínda por riba de mellora da calidade de ensino. A isto engadimos o de ternos divididos (folga si, folga non ...). Divide e vencerás.

Dentro do apartado dos recortes, a cultura está levando por todas partes, xa non temos prensa en galego, só se chega, ás veces, ó 5%, menos cultura, ... por todas partes ...

Os equipos de normalización, que non deixar de loitar contra a contranormalización, aínda non saben con que cartos van contar neste curso. Moitos xa se temen o peor.Tamén digo, que se se cumplira a Lei de Normalización e os seus Decretos ... Lingua de referencia inicial, ...pouco cartos farían falta para concienciar da necesidade de salvar a lingua que ata agora foi propia dos galegos.

Como a cultura galega se resinte, os recortes que se están a facer son un tema que lles preocupa tamén os EDNL. Digo isto porque nun principio díxoseme que o artigo causante deste escrito( Que pasa coas pancartas? e O ensino adoece.) era inapropiado por non ser de normalización lingüística. Aparte de quedar pampo con tal aseveración, comentei que no blogue hai artigos de inglés, de música, e de outras moitas cousas. O blogue fala de todo, unha miscelanea onde se achegue canta máis xente mellor, porque deste xeito pensamos que lendo en galego todo tipo de novas estamos normalizando.

Eu teño as miñas dúbidas, pero non sei que capacidade ten un director para censurar un artigo de apropiado ou inapropiado, e neste caso, en algo que, creo personalmente, non domina, como é a normalización lingüística; e dende logo, o máis grave, é o de censurar sen consultar nin co claustro, nin co EDNL, nin co inspector. Dende logo neste momento estou abraiado, e por suposto indignado.

Desexo se recapacite e non se volvan a cometer estos erros que eu considero graves: Censurar a un compañeiro por traballar. A solución é moi fácil , non meterse en fregados que non veñen a conto. Para censurar xa están outros, e outros.

Engado na miña queixa, e con isto remato, que por favor non se quiten dos paneis de información os recortes de prensa que se poñen. Gustaríame velos de novo: Un era a fotografía da concentración de mestres na Peregrina, e outro era unha portada da revista de Magisterio.

Nota: Outras razóns que se me deron, a posteriori, para ter que sacar o artigo foi a que o que puxen era política.
Do que é política e non política podemos falar outro día.
No fondo o que eu creo é que hai inseguridade e medo.
Aquí non se pode opinar, "Hai que ver, oir e calar".

Non estou de acordo. Eu quero un director compañeiro de traballo e non un censurador.
Comentarios (19) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 07-10-2011 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Adiante Nito. Non á censur#blgtk08#a en pleno século XXI!!!.
Comentario por Xosé Antón (07-10-2011 09:32)
2 Manda truco...

Cito: "... Nota: Outras razóns que se me deron, a posteriori, para ter que sacar o artigo foi a que o que puxen era política ..."
Acaso todas estas#blgtk08# medidas, todas estas censuras.. non son política?
Que felices serían se tod@s fosemos cordeiriños e non houbese quen pensase por si mesmo.

Ánimo Nito !
Comentario por Yeray (07-10-2011 11:01)
3 Unha aperta desde O Carballiño.Nun centro anterior, que non cito por non tra#blgtk08#ballar xa nel, pasou algo parecido.
RESISTIDE.
Eu difundireino
Comentario por Cándido (07-10-2011 15:23)
4 Creo que falando enténdese a xente, como di o refrán. Coñézote a ti e coñezo ao teu director, estou segu#blgtk08#ro (por propia experiencia) de que os dous estades abertos ao diálogo, sei que así achegaranse posturas.
Comentario por Dido (07-10-2011 16:56)
5 Política é pretender calarlle a boca a alguén. É un acto político que se chama cen#blgtk08#sura, propio de réximes ditatoriais.
Non te coñezo, Nito, pero...un abrazo!
Comentario por marinela (07-10-2011 18:45)
6 Houbo un comentario anterior que foi eliminado por dicir que eran pais de alumnos do centro e non se presentaron. Eu tamén son pai do centro e a min n#blgtk08#on me representan. Se queren facer algún comentario presentandose como pais do centro que digan quenes son, pois eles tamén saben quen son eu.
Comentario por admin (07-10-2011 21:54)
7 Dido, estou de acordo contigo, as cousas teñen que volver ó rego, pero é preciso xogar limpo dende o principio e non extralimitarse nas funcións, deixar que sexan outros os que censuren temas de grande calado.
Hai que pensar ben o que se vai facer cando estás, nada máis e nada menos, que CENSURANDO CON LETRAS MAIÚSCULAS o traballo dun compañeiro. Non é bo para ninguén tocar as fibras sensi#blgtk08#bles. Quen xoga co lume ás veces quéimase.
El era consciente do que estaba facendo cando entregou o escrito. Non si?
Tamén sabemos que os directores que seguen certas directrices teñen moito apoio. Nito tamén está xogando forte, e pode sair queimado. Nas contiendas todos perden algo, pero as veces gáñase liberdade para poder seguir traballando e vivindo con dignidade.

Comentario por Pinchacouzas (08-10-2011 12:39)
8 Toda expresión pública sobre temas de política educativa é lexítima e pertinente. Somos docentes preocupados polo futuro da educación pública que non queremos retroceder nos logros conseguidos. Queremos avanzar e darlles o mellor aos nosos alumnos e alumnas. Queremos educar en#blgtk08# liberdade, sen censuras que nada teñen que ver co modelo de sociedade democrática. Aínda temos un pouco de dignidade!
Coñecer exemplos como este que nos transmites é indignante. Moitos ánimos para continuar traballando por unha educación pública de calidade. Un saúdo.
Comentario por Luísa V Segade (08-10-2011 17:34)
9 A pancarta en discordia tivo pouca vida:

h#blgtk08#ttp://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=104707
Comentario por Admin (09-10-2011 19:45)
10 Simplemente unha aperta e adiante. Todo isto recórdame o ano da guerra de Irak, cando no Día da Paz, non pod#blgtk08#íamos berrar "¡NON Á GUERRA!" porque era facer política! POR FAVOR, NON DEIXEMOS QUE MORRA O SENTIDO COMÚN!
Comentario por Chus (10-10-2011 00:05)
11 Apertas e moito ánimo, Nito, que de seguro que non #blgtk08#che/vos faltan como bos profesionais que es/sodes.
Comentario por Román (10-10-2011 10:53)
12 adiane Nito, non te deixes calar, xa n#blgtk08#on son tempos de censura.
Bicos
Comentario por Luisa (10-10-2011 16:25)
13 Tedes un director enamorado da "orticultura"(arte#blgtk08# de cultivar o orto axeno a base de lambetadas).
Comentario por Foucellas (12-10-2011 09:21)
14 Estou de acordo coa crítica que fas en xeral da situación do ensino galego, pero coincido en que nun blogu#blgtk08#e dun instituto non teñen sentido moitos dos teus posts. Non sei se me explico... debo ser un moderado :P
Comentario por Enrique (28-10-2011 17:26)
15 Enrique, dende logo todo é opinable. O que sí teño quero aclarar e preguntar é:

1º- O centro é un CEIP.

2º- Os artigos son para toda a comunidade educativa, en especial para os pais. Os nenos de primaria pouco andan por aquí. Non teñen tempo para tanto. Pero os compañeiros, os pais, e quen caia por aqu#blgtk08#í pode ler en galego, e reflexionar de como están as cousas. Aquí hai un pouco de case todo: inglés, música, poesía. humor,... e por suposto opinións.

3º- Que artigos dos que hai non porías ti? Quizais os de defensa do ensino público.

Grazas, de todos xeitos, polo teu comentario.

Un saúdo
Comentario por Nito (29-10-2011 07:56)
16 O peor de todo é que isto veña dun compañeiro, porque arrieiros somos...<#blgtk08#br /> Ánimo Nito!!, ?e a seguir aumentando as entradas ao blog!!
Comentario por Norberto Blanco (29-10-2011 21:20)
17 Norberto, aproveito este espazo para darche a noraboa pola páxina que tes. Téñoa consultado máis dunha vez. En Milprimaver#blgtk08#as xa fai tempo que te teño en recomendados.

Un saúdo e grazas polo ánimos, a tí e os demais internautas.
Comentario por Nito (30-10-2011 09:19)
18 goo#blgtk08#d!
Comentario por replica louis vuitton (06-02-2012 16:46)
19 There are several connected with Replica handbags out there.It's easy to produce any Mulberry replica #blgtk08#handbags while shopping, adult dating close friends, or possibly just simply a open up inside centers.
Comentario por Replica handbags (22-07-2013 08:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0