Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Refráns sanxoaneiros - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Refráns sanxoaneiros
DITOS E REFRANS.

Son frases feitas, en prosa ou verso, baseadas na observación dos fenômenos naturais e que a sabiduría humana proverbia, dun xeito categórico a filosofia popular. Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:

- En san Xoán, as bruxas fuxirán.
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
- En san Xoán, cardos dan.
- No san Xoán, peras na man.
- No san Xoán, as peras caen ó chan.
- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
- No san Xoán, fouciña na man.
- Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
- 0 coello polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
- Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
- En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
- Polo san Xoán, as nove co día darán.
- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
- 0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.


Fonte Orixinal: Carlos Villaverde Román
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 24-06-2011 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0