Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As nosas cantigas no Magosto 2010


Comentarios (0) - Categoría: Cantigas Populares - Publicado o 24-11-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Velaí vai, velaí vai


VELAÍ VAI

Velaí vai, velaí vai, a rapaza polo río,
sen comer e sen beber, toda cheíña de frío,
toda cheíña de frío, toda chea de dor,
velaí vai, velaí vai, polo río xa pasou.

Á vista de tanta xente.
Chamáchesme moreniña, á vista de tanta xente
e agora vaime quedar moreniña para sempre.
Moreniña para sempre !ailalelo, ailalalo!

Viñeches ás nove e media.
Quedaches de vir ás nove, viñeches ás nove e media,
ti non sabes que é pecado enganar a unha morena,
enganar unha morena, !ailalelo, ailalalo!

Eu teño un canciño bonito abofé
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé, erguidas as mans, (na punta do pé dá un pincho pra tras)
eu teño un canciño que baila ao serán (e baila a muiñeira do chascarraschás)

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, a


Maís Letras
Comentarios (0) - Categoría: Cantigas Populares - Publicado o 23-08-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
O gato metido nun saco
Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato...

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato...

Ler orixe da historia

Ler máis letras




Comentarios (1) - Categoría: Cantigas Populares - Publicado o 22-12-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Catro vellos mariñeiros
Abrimos unha nova categoría de Cantigas Galegas Populares, aproveitando que comezan as festas de Nadal e sempre son moi socorridas. No vídeo podes escoitar a música.

Catro vellos mariñeiros


Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte) Bis
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS

Ailalelo ..


Ver máis letras.


Comentarios (0) - Categoría: Cantigas Populares - Publicado o 21-12-2009 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis