Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agasallar en galego

Entrar na páxina web para ver os agasallos.
Comentarios (0) - Categoría: Agasallos - Publicado o 23-12-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Galeoke

Agasalla co Galeoke este Nadal

Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música popular.

Que é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero dímonos de conta (como todas e todos vós) de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en absoluto. Pero se nen sequera lle sabemos pronunciar ben o nome!

E de aí saiu a idea do Galeoke, da necesidade de encher un deses moitos ocos que aínda ten a nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Agasallos - Publicado o 20-12-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Noso Nadal Galego e Verde

O Consello da Xuventude de Galicia presenta, un ano máis, a guía O noso Nadal, galego e verde, para animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio.

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.

A parte de galego contén artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes roteiros literarios.

A parte verde contén artigos de María Carmen Fidalgo (Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín (Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde (Verdegaia), Rebeca Carreiro (Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre As termas de Bande, un lugar de interese.

A guía tamén inclúe dous menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).


Se queres a guía podes baixala dende o Consello de Xuventude de Galicia


Comentarios (1) - Categoría: Agasallos - Publicado o 20-12-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
DVD Ben Falado
Política Lingüística edita en DVD o programa televisivo ‘Ben falado!’, que busca achegar a lingua galega á sociedade

* Trátase dunha antoloxía cunha selección de oitenta e dous capítulos deste microespazo divulgativo sobre o galego dirixido e presentado por Xesús Ferro
* O DVD estará dispoñible o próximo luns nas principais librerías de Galicia e a Consellería de Educación distribuirá exemplares nos centros educativos de Galicia e nos máis de corenta centros de estudos galegos de fóra da comunidade
* A Televisión de Galicia comezará na primavera de 2010 a emisión dos novos capítulos do programa, que promove e financia Política Lingüística

Ver algúns programas de Ben Falado en Milprimaveras

Breve introdución de 92 capitulos


Queres saber de onde vén o apelido Diz? Saber o que é "empreñar do aire" ou "parir do vento"? Que significa normalización lingüística? Que grandes obras se escribiron en galego na idade media? Pois párate un pouco a ver este vídeo.



Comentarios (2) - Categoría: Agasallos - Publicado o 19-12-2009 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallos dende Paralaia
Dende o IES de Paralaia

Comentarios (2) - Categoría: Agasallos - Publicado o 13-12-2009 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
Carta ós Reis Magos
De Varias



Se non consegues facer ningún trebello co Apalpador, e aínda segues querendo escribirlle ós Reis podes descargar esta carta e enviárllela axiña.


Ligazón para teres un modelo máis grande da carta

Modelo grande con Mundiño (A nosa mascota)

De Varias
Comentarios (3) - Categoría: Agasallos - Publicado o 10-12-2009 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallos dende Cerceda
O Servizo de Normalización do Concello de Cerceda presentou esta semana unha guía de agasallos para realizar nestas datas baixo o título "Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego"

Trátase dunha pequena escolma de libros divididos por áreas (novela, teatro, poesía, xuvenil, primeiros lectores, ensaio), de música e de DVD cuxo fío condutor é a súa calidade e teren o galego como lingua.


Pódese ver ou baixar en PDF
Comentarios (2) - Categoría: Agasallos - Publicado o 10-12-2009 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallos dende Carral
De Varias


O CPI Vicente Otero Varcalcel fixo unha campaña REGALEMOS GALEGO, onde podes buscar ideas para os teus agasallos nestas datas.

Baixa-lo dende a COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN (CGENL)
Comentarios (0) - Categoría: Agasallos - Publicado o 10-12-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis