A historia está baseada en feitos reais. Conta un día na vida dunha rapaza bielorrusa que traballaba en Galicia sen saber absolutamente nada de castelán e utilizaba unhas poucas frases galegas que dominaba case á perfección.
Daria Shornikova, unha rapaza rusa que aprendeu a falar galego, decidiu pasar o verán en Compostela. Durante a súa estadía, gravou un filme-lexicón, A Xanela, un documental en primeira persoa onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas.
Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galiza, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.
"Nuns tempos nos que a lingua está a se empregar coma arma de confrontación, desde Burela chéganos un proxecto que amosa as posibilidades da normalización no noso país. A partir do traballo de planificación do IES Pedrouro, e partindo dunhas xa elevadas taxas de emprego do noso idioma, o concello desenvolveu co apoio de todos os grupos políticos o Modelo Burela de convivencia lingüística. Agora, un documental amósanos a realidade deste lugar onde, segundo explican os responsables do proxecto "o problema é que case toda a xente en Burela fala galego pero apenas hai galego escrito".
Imos despedir o mes de San Martiño cunha curtametraxe de cochos. Podedes comentar se vos gustou nos comentarios.
Argumento:
Nunha viaxe pola xeografía galega, dous adolescentes americanos gozan ao seu xeito, sen respectar nada do que lles rodea. A súa impertinencia ante as tradicións da zona levaraos a unha pequena casa de embutidos rexentada por dous anciáns onde, moi ao seu pesar, acabarán formando parte activa desas tradicións.
O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiseiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e flores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo.
* Director: David Alejandro Gen
* Duración: 13 minutos e 58 segundos
* Ano: 2007
Método educativo de Frei Martin Sarmiento Da outra banda, vemos o mestre/a que colaborou, xunto con outros poderes, na desgaleguización desta terra . Non gañaban moito pero tiñan moito poder, era sagrado o que dicía o mestre. Hoxe non temos tanto poder pero seguimos sendo referentes... e para a normalización do galego tamén.