Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Galego no proxecto Abalar
Proxecto Abalar.

Menudo reparto!!!!

Ver nova no bloque Carta Xeométrica.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
O kurdo. Unha lingua reprimida polos turcos

Sechu Sende fixo unha viagem a Turquía e o Turkintán invitado pola Editorial Avesta. Un dos seus libros, Made in Galiza, foi traducido ó Turco e o Kurdo.
Na súa viaxe cóntanos a represión que está a sufrir o Kurdo. Non coñezo perfectamente o caso, pero recórdame algo a historia da nosa lingua.

Ver a súa "Crónica contada cum rotulador"

Entrevista a unha nena Kurda

A lingua de estrela

Conferencia no Kurdistam e Istambul

Artigos relacionados: "A lingua máis dificil"

Mediciña para a lingua.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2010 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua de referencia inicial
O Parlamento insta á Xunta a converter o galego en lingua xeral de referencia inicial da administración

O Parlamento galego aprobou o día 8 de setembro por unanimidade unha proposición non de lei para promover a filosofía da oferta positiva que sinala o Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG). Deste xeito, os tres grupos con representación parlamentaria, PP, PSOE e BNG, aprobaron a proposta presentada polo BNG na que, textualmente, se di:

O parlamento de Galicia insta ao goberno galego a consolidar na Administración Pública Autonómica e nos organismos e entes dela dependentes o uso do galego como lingua xeral de referencia, tanto a nivel escrito como oral, garantindo, en todo caso, a cooficialidade lingüística establecida na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. En consecuencia, estableceráse o galego como lingua de contacto inicial entre o funcionario e os administrados e administradas nas relacións presenciais e na atención telefónica, sen prexuízo de dereito destes últimos á atención na lingua oficial da súa preferencia”.

Ler nova no bloque da CTNL (Coordenadora de Traballodores de Normalización Lingüística).


Ou no Portal Galego da Lingua

Ver nova na prensa.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 10-09-2010 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Revista Escolar "Esperpento"
De Varias


De Varias

Se queres ver, ou descargar , a revista escolar en cor e en formato dixital podes facelo dende a páxina web do colexio. ou directamente dende AQUÍ.
Póderás ver as páxinas como estas que están nestas imaxes.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2010 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Paquete de actividades en distintos formatos
Xosé Antón Vicente e os seus compañeiros no CEIP Piñeiriño crearon un paquete de actividades en distintos formatos: powerpoint, lim, árdora, etc.

Na imaxe podedes ver tamén que teñen unha serie de titoriais moi interesantes para poder un practicar e facer algunha actividade.

Entrar para ver as actividades.

De Varias


Este polifacético compañeiro, está metido en varios proxectos relacionados coas TICS, é un gran propulsor do sofware libre, e entre outras páxinas ten esta chamada Galego para Docentes, con programas para poder baixar, dicionarios, e un montón de cousas máis.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2010 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha Ciclista

Este domingo 6 de xuño a ANPA San Xosé vai celebrar o Día do Medio Ambiente coa realización da VIII MARCHA CICLISTA polas rúas de Pontevedra.

A marcha ciclista iniciarase, no noso colexio, ás 11:00 h e despois da inscripción dos participantes iniciarase a marcha polas rúas de Pontevedra: Xeneral Rubín, Augusto Garcia Sánchez, Eduardo Pondal, Uxío Novo Neira, Xoaquín Costa ... Riestra ... Praza de Galicia ... Xeneral Rubín.


Ó rematar a carreira repolleremos forzas cunha pequena parva para logo seguir a xornada festiva coa actuación do animador Javi Solla.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mes de Maio, mes da Lingua
O SNL do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) organizan "Maio, Mes da Lingua", un programa cheo de actividades arredor da lingua galega que inclúe exposicións, conferencias, cinema, teatro, roteiros, festa da lingua, etc.



Ciclo Cinema
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2010 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Voleibol Fase Final

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Chorima
Hoxe enviamos a nota para o Premio Chorima. Recordar que os candidatos teñen que ser a nivel comarca ou bisbarra de Pontevedra, ámbito da nosa coordinadora (Sarmenteiros)

Cantos somos xa en Sarmenteiros?

De Varias
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2010 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
E delito defender o galego?
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acaba de multar con 500 euros a Queremos Galego por unha concentración que tivo lugar o pasado mes de marzo contra o decreto que prepara a Xunta. "É delituoso defender a lingua?", pregúntase Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización e voceiro da plataforma, que anunciou que recorrerán contra esta sanción "excesiva".

Ler nova en Galicia Hoxe.

Aínda por riba mándanlle a multa en castelán.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis