Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Patrimonio da humanidade en España
Dende a Convención do Patrimonio Mundial do 4 de Maio de 1982, temos en España o seguinte listado que segue Patrimonio Mundial da Humanidade.

Significado dos signos.

C: Ben cultural N: Ben natural M: Ben mixto

Tamén aparece o ano en que foi proclamado.

1. Catedral de Burgos                                                          1984 C
  2. A Alhambra, O Xeneralife e o Albaicín de Granada   -   1984/1994 *C
  3. Mezquita e Centro Histórico de Córdoba                      1984 C
  4. Mosteiro e Palacio do Escorial (Madrid)                 1984C
  5. A Arquitectura Modernista de Antoni Gaudí (Barcelona)    1984/2005 *C
  6. Cova de Altamira e arte rupestre do norte de España      1985/2008* C
  7. Acueducto e cidade vella de Segovia                             1985 C
  8. Cidade vella de Santiago de Compostela                          1985 C
  9. Cidade vella de Ávila e Igrexas fora da murallas                 1985 C
10. Iglesias prerrománicas do antigo reino de Asturias        1985/1998 *C
11. Arquitectura Mudéjar de Aragón                               1986/2001 *C
12. Centro Histórico de Cáceres                                      1986 C
13. Centro Histórico de Toledo                                       1986 C
14. Parque Nacional de Garajonay (A Gomera. Canarias)               1986 N
15. Catedral, Alcázar e Arquivo de Indias de Sevilla                 1987 C
16. Cidade Vella de Salamanca                                        1988 C
17. Moosteiro de Poblet (Tarragona)                                 1991 C
18. Conxunto Arqueolóxico de Mérida (Badaxoz)                        1993 C
19. Mosterio de Guadalupe (Cáceres)                      1993 C
20. O Camiño de Santiago de Compostela                              1993 C
21. Parque Nacional de Doñana (Andalucía)                            1994 N
22. Centro Histórico de Cuenca                                       1996 C
23. A Lonxa da Seda de Valencia                                  1996 C
24. As Médulas (León)                                               1997 C
25. Palau da Música Catalana e Hospital de S. Pau (Barcelona)     1997 C
26. Mosterio de San Millán da Cogolla (A Rioxa)   1997 C
27. Monte Perdido (Pirineos). Compartido con Francia           1997/1999 *M
28. Arte Rupestre da Cuenca Mediterránea                         1998 C
29. Universidade e Centro Histórico de Alcalá de Henares (Madrid)    1998 C
30. Eivissa. Biodiversidade e Cultura (Baleares)                     1999 M
31. San Cristóbal da Laguna. (Tenerife. Canarias)                1999 C
32. Lugar Arqueolóxico da Serra de Atapuerca (Burgos)           2000 C
33. Conxunto Románico Catalán da Vall de Boí (Lleida)            2000 C
34. Conxunto Arqueolóxico da Ciudade de Tarragona                 2000 C
35. Palmeral d’Elx (Alacant)                                        2000 C
36. Muralla de Lugo                                                 2000 C
37. Paisaxe Cultural de Aranjuez (Madrid)                           2001 C
38. Monumentos renacentistas en Úbeda e Baeza (Xaén)                2003 C
39. Ponte de Vizcaya. Portugalete                                  2006 C
40. Parque Nacional do Teide (Tenerife. Canarias)                  2007 N
41. A Torre de Hércules. A Coruña                                  2009 C
42. Lugares de arte rupestre prehistórico do Val de Coa (Portugal)
i de Siega Verde (Salamanca)                                  1998/2010*C
43. Paisaxe Cultural da Serra da Tramuntana de Mallorca          2011 C


1984:  Ano de inscripción na Lista del Patrimonio Mundial *   Ano de ampliación do área declarada patrimonio
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 25-07-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os carboeiros

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Parece ser que a orixe do Apalpador ben destes Carboeiros.
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 15-12-2010 06:24
# Ligazón permanente a este artigo
Historia da Lingua Galega
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 24-11-2010 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso Internacional do Reino de Galiza
Interesante conferencia do historiodor Anselmo López Carreira sobre a historiografía de Galicia. Neste primeiro vídeo (1/4) fálanos dos case dóus séculos ocultos da nosa historia cos suevos.


Tamén ocultos pola prensa moderna que temos hoxe en día. Ningún periódico fixo referencia deste acontecemento na provincia de Pontevedra no pasado mes de outubro.




Neste segundo vídeo, o profesor Anselmo, fálanos de feitos moi importantes e concretos que aconteceron na época dos Suevos no Reino da Galiza:Como por exemplo, que foi o primeiro reino en crearse en Europa despois do Imperio Romano, O Rei Hemerico crea a 1º moeda propia, O seu neto o Rei Requiario convértese ó reino ó catolicismo, creando unha unión entre os galaico-romanos e os suevos, pois daquela facían vidas diferentes dentro do mesmo territorio.
Contanos tamén que existen as crónicas de Idacio, de Horosio ... e que grazas a estas sábese moito da Europa daquela época.
Nunha palabra, de feitos que foron trascendentais na nosa histoira e que practicamente moi poucos saben.




Continúa este terceira parte, falando da trascendecia dos suevos e de cómo esta parte da historia non desapareceu durante a idade media, foi contada e transmitida, e que que foi no século XIX, cando por medio de idioloxemas se oculta esta parte para ensalzar a parte visigótica e “hipánica"




Nesta última parte, fala das pautas que utilizaron os historiadores comtemporáneos para esquecerse dos suevos, chea de estereotipos e prexuízos. Proxéctase o modelo visigodo (catolicismo, monarquía, centralismo e liberalismo parlamentario), enfrentándoo co feudalismo, que era o malo da película. Algúns historiadores desta época de proxección hispánica, nin comentan a época dos musulmans (800 anos). Onde nunca se recorda, cando se fala, por exemplo, que a 1º viúva de Rodríguez de Vivar casou con un musulmán, que debería ser o lexítimo herdeiro de España (un musulmán). Daquela, os propios musulmáns, cando reinaron na península, falaban de tres territorios na península ibérica: Francia, Galicia e Hespaña (eles eran España)
.


Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 21-11-2010 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
A vida da escola non anos 70
A vida da escola no rural nos anos 70 e 80. Xa daquela o problema, entre outros, ... era o galego, dicía a mestra ... "no tienen vocabulario"...

Sabería a mestra o que era unha xovenca, un año, unha landra ou un codeso? Por que non lle falaba na súa lingua? Pois porque se o facía podía quedar sen traballo... ou ser expedientada.

Saca ti as propias conclusións.

Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 11-10-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Feira Franca Pontevedra 2010
Cada ano a Feira Franca vai a máis. Desta vez o tempo axudou a que fora un éxito. Nós deixamos unha pequena mostra con algunhas imaxes no vídeo que fixemos, no curto recorrido que poidemos facer.

Historia


A Feira Franca, é unha festa que ten lugar a primeira fin de semana de setembro, baséase no privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos de un mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.

A concesión da Feira Franca coincide cun período de puxanza económica da cidade, que se prolonga ata as décadas finais do século XVI. A pesca e o comercio foron entón os dous piares do desenvolvemento económico de Pontevedra, daquela a vila máis poboada de Galicia.

A construción da Basílicia de Santa María ao longo do século XVI, impulsada pola poderosa Confraría do Corpo Santo, é a manifestación artística máis sobranceira daquela etapa de esplendor.


Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 05-09-2010 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
Historia da Muller Galega



Historia da "Muller Galega". Historias moi interesantes. Podes saber, quen foi MªPita, Ernestina Otero Sestelo, María Barbeito; cando comezou a votar nas urnas a muller, cando comezou a muller a poder estudar, quenes foron as grandes impulsoras de acadar os dereitos para as mulleres... E aínda que che poida soar lonxano, todo isto aconteceu non fai moito tempo. Os vídeos non están ordenados, nós destacamos en primeiro lugar a historia dunha gran muller na "Historia da Muller en Pontevedra".
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 29-11-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Antec. Histór. do Xadrez
Antecedentes Históricos

O xadrez ten a súa orixe na India, máis concretamente no Val do Indo, e data do século VI d.C. Orixinalmente coñecido como Chaturanga, ou xogo do exército, difundiuse rapidamente polas rutas comerciais, chegou a Persia, e desde alí ao Imperio bizantino, estendéndose posteriormente por toda Asia. A maioría dos historiadores coinciden en situar a orixe do xadrez na India no século VII. O mundo árabe, adoptou o xadrez cun entusiasmo sen igual: estudaron e analizaron en profundidade os mecanismos do xogo, escribiron numerosos tratados sobre xadrez e desenrolaron o sistema de anotación alxébrica.

O xogo chegou a Europa entre os anos 700 e 900, a través da conquista de España polo Islam, aínda que tamén o practicaban os viquingos e os Cruzados que regresaban de Terra Santa. Nas escavacións dunha sepultura viquinga achada na costa sur de Bretaña atopouse un xogo de xadrez, e na rexión francesa dos Vosgos descubríronse unhas pezas do século X, de orixe escandinava, que respondían ao modelo árabe tradicional. Durante a idade media España e Italia eran os países onde máis se practicaba. Xogábase de acordo coas normas árabes (descritas en diversos tratados dos que foi tradutor e adaptador Afonso X o Sabio), segundo as cales a raíña e o bisbo (alfil)l son pezas relativamente débiles, que só poden avanzar de casa en casa.

A era moderna do Xadrez, con todo, pode ser situada no século XV, onde as pezas obtiveron a forma que teñen actualmente. O primeiro analista serio do xogo foi o español Ruy López de Segura (Século XVI), quen en 1561 describiu as regras que aínda se usan hoxe. O primeiro regulamento impreso foi publicado por Francois Philidor co titulo “Analyse du jue deas echecs “(1749), que foi traducido a moitas linguaxes e axudou á difusión do xogo.

Durante os séculos XVI e XVII o xadrez experimentou un importante cambio, e a raíña converteuse na peza máis poderosa, en canto ao seu movemento se refíre, do taboleiro. Foi entón cando se permitiu aos peóns avanzar dúas casas no seu primeiro movemento e introducíronse a regra coñecida como en passant ('ao paso'), que permite capturar o peón que segue a súa marcha e non come a ficha que se lle ofreceu por unha determinada estratexia, e o revolucionario concepto do enroque. Os xogadores italianos comezaron a dominar o xogo, arrebatándolles a supremacía aos españois. Os italianos, á súa vez, foron desbancados polos franceses e os ingleses durante os século XVIII e XIX cando o xadrez, que fora ata entón o xogo predilecto da nobreza e a aristocracia, pasou aos cafés e as universidades. O nivel do xogo mellorou entón de xeito notable. Comezaron a organizarse partidas e torneos con maior frecuencia, e os xogadores máis destacados crearon as súas propias escolas.
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 16-11-2009 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis