Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xogo. O cabalo e algo das árbores




Poden xogar ou dous xogadores Movendo o cabalo e comendo os peóns terás unha serie de preguntas sobre as árbores.
Unha vez que comes un peón tes que resolver a pregunta para que desapareza.

NOTA. Tes que saber como mover o cabalo no xadrez.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 19-05-2011 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo. Vocabulario sobre algúns alimentos




Borrador dun pequeno xogo sobre os alimentos que estamos a facer. Terémolo perfeccionado nun par de días. Os máis pequenos xa poden xogar.
Comentarios (2) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 02-05-2011 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
XOGO. Árbores do CEIP Campolongo


Dentro do Proxecto do Río Gafos hoxe presentamos a actividade das árbores que temos no noso colexio, lugar preto do Río Gafos, Pontevedra. A este proxecto xúntase o feito o ano pasado de Avifauna do Río Gafos, tramo urbano.

Ver o Xogo en Grande na Páxina Web
Comentarios (1) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 24-04-2011 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Mapas interactivos
Aprende xogando.

Mapas interactivos

Mapas de Galicia, de España, de Europa .... en diferentes linguas...



Moi interesante.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 09-04-2011 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo. Avifauna no río Gafos.

Este xogo foi feito polo un dos mestres de E. Física do noso centro, Nito, para traballar cos rapaces o bloque de contidos Actividades na Natureza. Englóbase tamén como unha actividade dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Unesco.


Moita da avifauna que aquí falamos case se nos pode presentar en moitos dos ríos que temos na Galiza Atlántica. Chamámolle do río Gafos porque é o que pasa preto do noso cole e porque é un dos representantes da zona atlántica. Esta é unha primeira parte que se completará con outras aves e paxaros e rematará con algo da flora máis importante da ribeira do río. Moita da información estase a sacar dos traballos feitos pola Asociación Vaipolorío.

Recordade que o Xogo está metido na páxina web do cole CEIP Campolongo, en Xogos, E. Física.

Entrar dende aquí no xogo AVIFAUNA DO RÍO GAFOS
Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 27-05-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín

Para infantil e 1º ciclo: Nesta actividade, a partir do conto de Uxío Novo Neira, trabállanse a flora e a fauna do Caurel.

Facer a actividade.


Para 2º e 3º ciclo: Entrar na actividade:

Entrar na acividade.

O CEIP Friáns Teis, Vigo, ten recollido distintas ligazóns que nos levan a diferentes actividades sobre Uxío Novoneyra.

Na súa páxina, no índice da esquerda, nas actividades LIM, teñen algunhas actividades para mellorar o galego.

Máis: Seminario Galán (Materiais pra imprimir, para facer en liña, ...)

Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 21-04-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo de Iniciación ó Xadrez.



Xogo de Iniciación ó Xadrez. Este xogo atópase, aparte deste blogue, na páxina web do cole, en xogos, E.Física, Iniciación ó Xadrez.Nas últimas páxinas pódesen ver algúns vídeos sobre o xaque pastor, o tolo, como se perde unha partida por unha mala saída. Remata o xogo cunha presentación dalgunhas prazas de Ponteveda onde se podería facer, nun futuro, o Xadrez na Rúa que iniciamos neste curso 2009-10. A imaxe é unha das que nos podemos atopar se facemos o xogo.

Entrar no xogo par velo en pantalla grande.

Comentarios (3) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 13-04-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Akinator

Trátase de retar a este xenio que o adiviña todo. Só tes que pensar nun personaxe e a continuación contestar as preguntas que che formula o xenio. Antes de chegar á número 20 terá adivinado o teu personaxe. ¿Que non o cres? ¡Pois inténtao! Se consigues vencer ao xenio, dime cal foi o personaxe que elexiches. ENTRAR NO XOGO
Comentarios (3) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 04-04-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Honoloko

Honoloko é un xogo educativo multimedia creado pola Axencia Europea do Medio Ambiente. Unha serie de personaxes axudarannos a ir aprendendo máis sobre os conceptos que afectan ao medio ambiente.

Atopámonos na illa de Honoloko, un mundo real, onde os teus actos e accións teñen consecuencias na vida da illa, na vida dos seus habitantes e no medio ambiente.

Se as túas decisións reciben boas puntuacións en Recursos ou Enerxía melloras o medio ambiente. Cando as puntuacións de Saúde ou Forma física soben ou baixan verás como a saúde dos habitantes de Honoloko mellora ou empeora.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 04-04-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Xoga co Bádminton


Comentarios (6) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 18-03-2010 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis