Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Por que o preguntas?

Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 02-04-2011 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullosos do Galego
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 08-11-2010 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas á normalización nos centros educativos

Ver nova na páxina web da coordinadora.
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 06-11-2010 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
O Galego o noso medio natural
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e máis a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo veñen de presentar unha nova campaña para a normalización da lingua galega.


Chámase O GALEGO, O NOSO MEDIO NATURAL, e incide na necesidade de preservar a dúas realidades que mellor definen o noso país: a lingua e a natureza.
Porque para nós o noso medio natural é o galego.

div align=center>

Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 27-10-2010 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do CPI de Cuntis
Como non foron quen de eliminar ós Equipos de Normalización, de momento, un grupo, eu chamámolle de salvapatrias, está facendo unha campaña para desacreditar a moitos Equipos de Normalización Lingüística, incluso chegando a denunciar ante a Consellaría de Educación. Resulta que na súa estratexia ataca especialmente o grupo formado pola directiva da CGENL. Non che son nada parvos. O curioso é que xustamente esta xente que denuncian son moitos dos gañadores de premios por parte da Xunta en cursos anteriores, por este labor arduo de intentar normalizar a lingua en tódolos campos posibles. Levamos anos traballando e acordan agora criminalizarnos. Non sei pero resulta curioso. Xa temos poucos recursos onde poder actuar...e nin iso. Como dirían eles !Al enemigo ni auga!. Así somos para eles, inimigos. Queren afogarnos a nós para afogar a nosa lingua.

Deixamos aquí un Comunicado do CPI Cuntis, un dos que foi denunciado. Se queredes podedes facer algún comentario no seu bloque para manifestar o apoio a estes compañeiros.

"O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLGA) do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, ante a campaña desatada contra o equipo por un colectivo alleo ao ensino, manifesta:

- O EDLGA realiza dende hai máis dunha década un labor continuado que persegue a mellora de competencias lingüísticas e a sensibilización e mellora das actitudes respecto do galego entre a comunidade educativa, especialmente, entre o alumnado. Os seus proxectos responden aos criterios emanados das convocatorias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia. Así, desde o EDLGA do noso centro realizáronse ao longo dos últimos anos multitude de actividades (contacontos, teatro, expresión musical, edición de revistas, regueifas, publicacións dixitais, intercambios culturais con outros centros, concursos literarios, de fotografía, etc) nos que colaboraron ducias de profesores e que foron recoñecidas pola comunidade educativa e polas institucións e asociacións locais, que colaboraron en múltiples destas actividades. Tamén a SXPL recoñeceu este traballo nas convocatorias de 2008 e 2009 ao outorgarlle as máximas puntuacións aos seus proxectos.

- Unha das actividades permanentes do EDLGA foi a creación dun blog en outubro do 2007 que, como acontece con moitos outros espazos web dos centros escolares, dá a coñecer recursos educativos e lingüísticos e serve de voceiro das actividades e doutros artigos e informacións vinculados aos obxectivos que lle son propios. A día de hoxe no blog foron publicados 277 artigos.

- O 25 de maio do 2008 unha alumna publicou un artigo no que informaba da actuación en Cuntis do grupo Skarnio, e as súas impresións sobre dito grupo, acompañada dun vídeo do grupo insertado desde Youtube, dentro do Festidoiro 2008. Este festival organizouno a Asociación Cultural O Fervedoiro, e contou coa colaboración económica de varias Consellerías da Xunta de Galicia, do Concello de Cuntis e da Radio Galega, entre outras institucións. O artigo desta alumna acolle unicamente as súas impresións sobre a música feita por esta banda sen ningunha alusión a outro tipo de temáticas. O vídeo segue colgado en Youtube sen que teña sufrido ningún tipo de restrición.

- En setembro do 2010, dous anos e tres meses despois da publicación do artigo, este colectivo iniciou unha campaña de desprestixio dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino e das persoas que os coordinan, utilizando tácticas impropias dunha democracia. Tiraron imaxes e outros contidos dos blogs e páxinas de distintos Equipos e, descontextualizándoos e esaxerando a súa transcendencia, acusaron, coa complicidade dalgúns medios de comunicación, aos membros dos equipos de adoutrinar ao alumnado, mesmo de facer apoloxía da violencia. Estas imaxes están totalmente quitadas de contexto e as relacións entre as causas e os feitos son absurdas e demagóxicas e descualifican máis a quen as utiliza para atacar que ao atacado.

- A elección do noso blog por parte deste colectivo non foi casual: debeuse a que no noso centro traballou unha das cabezas visibles da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, obxectivo da súa campaña de criminalización. Velaquí outra das mentiras empregadas por este colectivo xa que a persoa que no ano 2008 coordinaba o EDLGA non era a perseguida por eles.

- Nun primeiro momento, os membros actuais do EDLGA decidimos non facer ningún comunicado, co obxectivo de non darlle máis publicidade á ruín ‘caza de bruxas’ iniciada por ese colectivo, que só busca notoriedade pública e relevancia política.

- O 11 de outubro soubemos que agora o único branco da vil campaña deste colectivo é o noso EDLGA, ao solicitarlle ao Valedor do Pobo que esixa a retirada do vídeo citado máis arriba.

- Ante a trascendencia que acadou o tema decidimos redactar este comunicado e levar a cabo outras actuacións para informar á comunidade educativa e á opinión pública en xeral sobre esta cuestión.

Consideramos necesario facelo, aínda que poida beneficiar os obxectivos desta organización extremista, porque no artigo motivo da tramposa polémica só hai información dunha actuación musical e o vídeo é legal, aínda que esteamos ou non de acordo co seu contido.

Desde o EDLGA non imos retirar o vídeo a non ser que a autora do artigo o solicite. O blog é personalizado e non pertence ao dominio oficial da Xunta. Iso si, se algo conseguiu esta polémica é que o blog teña máis visitas que nunca e se poida comprobar o traballo desenvolvido. Non imos aceptar de ningún modo a presión e censura feita por un colectivo de fanáticos totalmente alleo ao ensino que o único que busca é desprestixiar a todo o profesorado e alumnado que participa nas actividades do noso centro.

Nun estado democrático non se lle pode recoñecer a este colectivo ningunha autoridade legal, nin moito menos educativa ou moral, para fiscalizar o contido do blog ou calquera outro aspecto do noso traballo a prol da nosa lingua. Estivemos, estamos e estaremos sempre a favor dunha educación aberta, tolerante e respectuosa con todas as persoas e traballaremos arreo para conseguir maiores espazos sociais no uso da lingua galega, polo que non aceptaremos ningún tipo de censura de ningúen, e menos daqueles que unicamente buscan facela desaparecer da nosa sociedade.
"
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 17-10-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullosos do noso


Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.

Campaña "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" da Coordinadora Galega de ENDL

Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 24-02-2010 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
55 mentiras sobre a lingua
Fóra prexuízos, falsas teses de imposición lingüística, fóra tópicos. A plataforma Prolingua presentará o vindeiro venres 5 de febreiro o libro '55 mentiras sobre a lingua galega'. A publicación, coordinada polo profesor Xosé Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.”

Pero un dos aspectos máis chamativos da presentación do 5 de febreiro e que se fará de xeito simultáneo en máis de medio cento de cidade e vilas de Galiza e do estranxeiro. Así, á mesma hora, diferentes persoas encargaranse de dar a coñecer a publicación nas principais cabezas de comarca do país; en cinco localidades do Estado Español (Ponferrada, Madrid, Barcelona, Gasteiz e Trintxerpe). O libro tamén se dará a coñecer esa mesmas xornada en Tübingen, Bos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague.

En Pontevedra será na Galería Sargadelos (ás 20,30 h) , r/Oliva.

Nova en Vieiros


Gravación en vídeo dalgúns lugares
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 03-02-2010 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do ENL do CEIP Campolongo
Este é o análise-manifesto que elaborou o ENL (Equipo de Normalización Lingúística) do noso colexio, CEIP Campolongo, de Pontevedra. Nel, como outros moitos colectivos, pedimos a retirada das "Bases do novo decreto do pluriguísmo", pois entendemos que sería un serio retroceso do fomento do galego, mesmo semella que ten a finalidade da súa desaparición, tendo en conta a realidade social actual na que se atopa. Para moitos esta bases son peores que o que nos ofertaba Galicia Bilingüe.
Recordamos que no noso centro o índice de participación da folga foi do 43 % (16 mestres), e un 46 % do alumnado. Estamos dentro da media que manisfetou a Consellaría de Educación. Para eles, este dato, interpretárono practicamente como insignificante, cousa de nacionalistas, acusándonos de ir contra a maioría social do país. . Que non se preocupe, pois a este paso, na próxima, tanto folga como manifestación, coido que seremos máis.
A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua ten un artigo con moitísimas ligazóns, indicando quen está a favor e encontra desta Bases. Xulguen vostede señores lectores.
Nós, dende aquí queremos dar as grazas ós mestr@s e pais que apoiaron esta convocatoria de folga en pro do ensino e do galego. Entendemos que foi un éxito (ver fotos), e supoñemos, que o governo terá en conta, para facer mellor as cousas, rectificando, e non creando conflitos. Aqueles que queiran apoiar este manifesto poden facelo deixando aquí o seu comentario. Sabemos de moitos, que aínda que non foron a Santiago nin fixeron folga, si están en contra desta polémicas Bases. Respectamos a súa postura, pero estaría ben, que lle dixeran ó actual governo dalgún xeito, que tamén están en contra do mesmo, sobre todo para que non sexa manipulada a súa posición, dicindo que son parte desa "Maioría silenciosa" que non ten nada que obxectar. A Plataforma Queremos Galego, danos este correo para poder alegar individualmente:alegacions.decreto.plurilinguismo@edu.xunta.es
Se algún quere profundizar máis no tema, recomendamos a páxina da CGENL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística), á cal nós pertencemos; nela hai un especial Bases do Decreto do Multiligüísmo, onde otaporás unha análise, unha valoración, as propostas que se lle deron ó Conselleiro de Educación e o Secretario de Política Lingüística, unha comparativa dos de decreto anterior e o proposto nas Bases ...e moitas cousas máis.



Aspectos ilegais analizados polo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo:
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 27-01-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Propostas da CGENL e nota de prensa
Estas son as propostas da CGENDL (Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística) ás Bases para a elaboración do Decreto do Plurilingüismo que se lle presentaron ó Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Consideramos que deste xeito poderáse alcanzar a medio plazo a mesma competencia lingüística que o castelán, lingua que coñecen todos e que actualmente está desbancando a grandes pasos á que de momento é a lingua propia dos galegos.

Debaixo das propostas tedes a nota de prensa coa valoración do encontro.

PROPOSTAS

1. O galego precisa un decreto exclusivo para o seu fomento, tal e como eran o Decreto 247/1995 e o Decreto 124/2007, o que non é incompatible cun plan diferente para a potenciación de linguas estranxeiras.

2. Debe ser un decreto para a Normalización da lingua galega, que é a lingua que está minorizada e que precisa normalizarse.

3. A regulamentación sobre o galego no ensino ten que promover o emprego do galego en todos os nives educativos e non restrinxir o seu uso, especialmente nas idades temperás.

4. A regulamentación sobre a presenza da lingua galega no ensino ten que estar xustificada e consensuada sobre criterios pedagóxicos e sociolingüísticos.

5. A administración educativa utilizará a lingua galega e as formas oficiais da toponimia, tal e como se recollía nos Decretos 247/1995 e 124/2007.

6. Na etapa de Educación Infantil o punto de partida de ambas as linguas é totalmente desigual, polo que ten que haber medidas concretas que garantan a competencia en galego.

7. Non se debe establecer a lingua vehicular na aula só consultando ás familias, senón que se deberán valorar tamén criterios sociolingüísticos e pedagóxicos.

8. En Educación Primaria, ESO e Bacharelato, a administración educativa debe fixar en que lingua vehicular se deben impartir os contidos currículares das distintas materias, atendendo a criterios estritamente pedagóxicos.

9. Debe haber un mínimo de 50% de horas impartidas en galego para garantir a posibilidade de que o alumnado acade a competencia nesta lingua.

10. A administración educativa ten que fixar a presenza da lingua galega no Bacharelato, na Formación Profesional e Ensinanza de Persoas Adultas, que non debe baixar do 50% do horario.

11. O alumnado terá que usar por oral e por escrito a lingua na que se imparte cada materia, única maneira de poder axudar a conseguir unha competencia activa oral e escrita.

12. A administración autonómica promocionará a elaboración de libros de texto e materiais en galego.

13. Os PLC deden ser documentos rigorosos e serios e non só un trámite burocrático. Para iso, débense avaliar e actualizar anualmente tendo en conta o profesorado e as circunstancias do centro cada ano.

14. Débese fomentar o uso do galego nas actividades complementarias e extraescolares.

15. A administración debe ofertar cursos de formación e actualización en lingua galega para o profesorado.

16. Os ENDL débense seguir a chamar así porque é a nomenclatura que mellor recolle a súa función: Normalizar e Dinamizar o uso da lingua galega.

17. O galego é unha lingua oficial como o castelán e, polo tanto, debe ter os mesmos criterios de exención.

18. A administración debe crear aulas de acollida en lingua galega para a poboación inmigrante en todos os centros.

19. A avaliación de competencias débese realizar cada ano co obxectivo de comprobar as destrezas activas na lingua, polo que se realizarán probas tanto orais como escritas. Os centros nos que o alumnado non acade estas competencias deberán deseñar un plan para conseguilo.



Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 23-01-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado Coordinadora ENL de Santiago
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 20-01-2010 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis