Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xogos Populares


Xogos populares que se fixeron nas I Xornadas dos EDNl de Pontevedra.

Ver fichas dos xogos
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 28-09-2011 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Brueguel e xogos do Renacemento ( XVI)
Clica na presentación e atoparás unha selección de 46 xogos dos 86 catalogados que hai no cadro de do pintor flamengo Brueguel (O Vello).




Numeración e nome dos xogos

De Xogos do Renacemento (s. XVI)


O nome dos xogos da numeración anterior podes vela AQUI

A numeración que segue na seguinte ficha é unha primeira tradución dos xogos en Francés ó Galego. Espero perfeccionala.

De Xogos do Renacemento (s. XVI)


Versión para colorear


De Xogos do Renacemento (s. XVI)


Máis sobre o cadro

Máis sobre Xogos Populares


Os nomes dos xogos en Francés
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-02-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Populares para as Xornadas
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 09-02-2011 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos de Sortes
Xogos de sortes: Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación.



Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.

Catro patas
ten un gato:
unha, dúas
tres e catro.

Barrabís,
barrabás,
ti quedas
e ti te vas.

Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.

Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.

Máis en Orella Pendella
Comentarios (2) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 27-01-2011 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Populares
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 18-01-2011 06:36
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando cos patíns
Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 13-06-2010 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Bolos Celtas
Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 26-04-2010 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Populares, sábado 22 de maio en Lugo
V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS


Descrición da proposta de actividades: Os xogos tradicionais son unha actividade lúdica, patrimonial e cultural que forma parte do saber dos pobos, xa que portan sinais de identidade dos mesmos. Na actualidade, moitas veces van asociados a actos folclóricos, festivos e só se practican en determinadas datas.

Co gallo dunhas Xornadas Galego-Portuguesas de xogos tradicionais, dirixidas ao profesorado non universitario, que se celebraron no mes de Outubro de 2004 no Colexio de A Capela (A Coruña), as persoas asistentes ás mesmas comprometéronse a introducir estes xogos nos centros educativos. Tamén pensaron que poderían programarse uns Encontros escolares de xogos tradicionais, con carácter anual.

Nos últimos anos, en consecuencia, un grupo de profesionais do ensino procedentes de toda Galiza, coordinados por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional, convocou o I, II, III e IV Encontro escolar de xogos tradicionais. Os Encontros celebráronse no Parque de Bonaval (Santiago-2005), no Parque de Acea da Ma, (Culleredo-2006), en Pereiro de Aguiar (Ourense-2007) e en Silleda (Pontevedra-2009). En cada unha das edicións participaron uns 800 nenos e nenas de toda Galiza que, ao longo de toda unha xornada, puxeron en práctica unha importante batería de xogos tradicionais galegos. As xornadas completáronse con exhibicións de deportes tradicionais de adultos como a estornela (tamén chamada billarda), a chave ou os birlos (bolos).

Obxectivos:
1. Contribuír á difusión do patrimonio lúdico galego.
2. Promover unha iniciativa dirixida á recuperación das prácticas lúdicas tradicionais.
3. Introducir os xogos tradicionais no currículo escolar, facendo as adaptacións necesarias para posibilitar a integración efectiva do alumnado con minusvalías.
4. Fomentar a práctica diaria dos xogos tradicionais nos diferentes centros escolares galegos.
5. Coñecer distintos tipos de xogos tradicionais.
6. Facer que os xogos tradicionais sexan un espazo de relación entre alumnado, profesorado e familias.
7. Introducir a música nos xogos tradicionais.
8. Implicar a distintos organismos oficiais e da administración na difusión do patrimonio lúdico.

Normas xerais da xornada:
O Encontro escolar de xogos tradicionais trata de ser un lugar de encontro lúdico para nenos e nenas dos centros de ensino non universitario de Galiza, realizado a través dos xogos tradicionais.

O obxectivo é a práctica dos xogos ao longo de todo o curso; o día do Encontro é a oportunidade para xuntarse alumnado, profesorado e familias de centros que xa veñen disfrutando deses e doutros xogos ao longo do ano. Xogan e relaciónanse uns con outros, sen competir.


I.- Mañá (10 -14 h):

Práctica de xogos (dirixidos por voluntariado) por parte do alumnado participante, con rotación libre acompañados por profesorado.

Obradoiros de construción de xogos ou enredos.

Espazos expositivos: artesáns, xogueterías, libreirías, asociacións,...

II.- Xantar coas familias e profesorado (14 h)

III.- Tarde (15,30 – 17,30h):
Exhibición de xogos
Práctica deses xogos polo alumnado e familias
Entrega de agasallos: un para cada participante. Posteriormente enviarase un DVD, coas imaxes do Encontro e xogos practicados.

Os xogos:
 Carreiras de sacos. Carrilanas. O gato e o rato. Tiro de corda. Pase misí (Pasa Perico..) Arrastraboias. Cacerola. Malla. Sete e media.Tres en raia. A goma. Xogos musicais. A zoadeira (Dálle que dálle). As chapas. A zorregada co cinto (O lorcho). As catro esquinas (O buscalume). Os tres pés. A mariola. As bólas. A ra. O pano. Os pelouros. A cadea. Os peóns (buxainas). Os zancos. A corda. O aro. O brilé. As lombas. A porca.
Os xogos tradicionais para as exhibicións da tarde poderán ser:
 Tabas, A pateza, Loita galega, Loita senegalesa, A cocha, A chave, A estornela, Os birlos ao canteiro, Os bolos de Punxeiro, Os bolos en liña, Os bolos celta, As chaves de Ferrolterra, Ourense e Santiago…
Os obradoiros:
Pénsase na posibilidade de dous obradoiros:
 Construción de enredos: para que o alumnado vaia facendo o seu propio xoguete (papaventos e papiroflexia)
 Artesán que fabrique bólos, billardas, peóns, etc. para poder contemplar todo o proceso.


Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 21-04-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Futebol 7


Alumnado de 4º, no curso 2009-10, do Ceip Campolongo, xogando a "Fútbol de 7", nos I Jogos de San Telmo, en Porto.
Comentarios (2) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 18-04-2010 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Jogo da mata


Xogo popular portugués.
Instrucións dunha variante do xogo.

O alumnado de 4º. no curso 2009-10, do CEIP Campolongo xogando en Porto, nos I Jogos de San Telmo.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 18-04-2010 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis