Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Un vello doutor estaba moi aburrido logo de xubilarse así que decidiu abrir un novo centro clínico. Puxo un letreiro fóra que dicía: Doutor Martínez. "Obtén o teu tratamento por 500 dólares e se non se cura recibirás 1000 dólares a cambio". Xusto no barrio estaba o Doutor Lozano, un mozo médico que cría que este vello pouco podía saber de medicamento así que decidiu ir gañarse os 1000 dólares de recompensa e foi visitalo.
Doutor Lozano: "Doutor Martínez, perdín todo o gusto da miña boca. Poderíame axudar?"
Doutor Martínez: "Enfermeira, por favor traia o medicamento da caixa 22 e déalle tres gotas na boca do señor".
Doutor Lozano: "Puaj! Pero se isto é gasolina!".
Doutor Martínez: "Felicitacións! Vostede recuperou o gusto. Son 500 dólares".
O doutor Lozano retirouse moi cabreado polo truco do seu ancián colega e decidiu volver un par de días despois para recuperar o seu diñeiro.
Doutor Lozano: "Perdín a miña memoria. Non lembro nada".
Doutor Martínez: "Enfermeira, por favor traia o medicamento da caixa 22 e déalle tres gotas na boca do paciente".
Doutor Lozano: "Bah! Non o faga! Iso é gasolina".
Doutor Martínez: "Felicitacións! Vexo que recuperou a súa memoria. Son 500 dólares por favor".
Novamente o doutor Lozano foise moi cabreado da consulta de Martínez perdendo mil dólares. Pero era tan terco que decidiu volver unha semana despois para recuperar todo o seu diñeiro.
Doutor Lozano: "A miña vista tornouse moi débil. Con sorte podo ver un pouco?
Doutor Martínez: "Síntoo, pero para iso non teño ningún medicamento. Así que aquí ten os seus 1000 dólares de volta (entrégalle un billete de 10 dólares).
Doutor Lozano: "Pero isto son só 10 dólares!"
Doutor Martínez: "Parabéns! Recuperou a súa vista. Son 500 dólares?.
Unha vez ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña.
Chegaron a un río e non sabían como atravesalo.
A castaña, que era moi lista, propuxo o seguinte:
-Como a palla pode flotar na auga, eu montarei encima dela e levarame nadando á outra beira. Logo regresará e levarache a ti, dixo dirixíndose á brasa.
Ás dúas pareceulles moi ben, e así se fixo. Primeiro a palla pasou á castaña e logo volveu pola brasa de carbón.
Pero cando estaban a metade do río, a palla sentiu que se queimaba coa calor da brasa e case sen querer fixo un movemento brusco, e dunha
sacudida tirouna á auga.
Cando a castaña viuno, deulle un ataque de risa. Ríase tan a gusto de ver á brasa remollada, ríase con tanta forza, que rebentou.
A palla chegou á beira completamente chamuscada.
A brasa chegou máis tarde, apagada por completo, chorreando.
Chegaron ademais moi enfadadas as dúas coa castaña, porque se riu cando elas o pasaban mal, pero cando viron que coa risa rebentara a súa pel, e estaba esnaquizada, compadecéronse e foron a buscar ao xastre para que a remendara e lle cosera o roto.
O xastre só tiña un anaco de tea de cor máis
clara que o da pel da castaña, e tivo que apañarse póndolle un anaco desa cor.
Por iso agora andan todas as castañas cun anaco de pel, que parece un trociño máis claro.
O conto con actividades para poder traballar o texto:
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0