Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A amizade protexe ... a indiferenza mata
"A amizade protexe
e o amor cura.
O odio contaxia
e fire.
A indiferencia mata
"



Lois Pereiro
Comentarios (3) - Categoría: Poesía - Publicado o 14-05-2011 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
21 de Marzo. Día da poesía


No centenario do nacemento de G.Celaya (Hernani, Guipúzcoa, 18 de marzo de 1911 – Madrid, 18 de abril de 1991)

Máis poemas de G. Celaya
Comentarios (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-03-2011 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Asi coñecín eu a Rosalía
Son moitos os poemas que encheron a nosa i-alma tanto na nosa adolescencia coma hoxe, e son moitos os que se podería poñer aquí para homenaxear a unha das nosas grandes poetas no seu 125 aniversario do seu cabodano. Un dos poemas que máis nos alimentou e alimenta hoxe en día é o que puxo a poeta e traballadora da lingúa Marta Dacosta no seu bloque Acuática: Cantarte hei Galicia ....
Outro dos poemas que se extendou abondo e axiña, e que moitos coñecemos, foi o cantado por Amancio Prada: "Adios ríos, adíos fontes", que aquí reproducimos.
Tamén se pode escoitar o poema "Negra Sombra" na bitácora de Milprimaveras , cantado por Luz Casal.





Máis poemas cantados en Sons de poetas
Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-07-2010 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Marius Torres
Durante este ano 2010, dentro da parcela das letras catalás, estase a celebrar o centenario do poeta Màrius Torres. Màrius naceu en Lleida no ano 1910 e morreu en Sant Quirze de Safaja no ano 1942. Ambas datas coinciden coas do outro poeta que está sendo homenaxeado este ano, Miguel Hernández.
Màrius contraeu a tuberculose aos 25 anos e, debido á súa delicada saúde, pasou o resto da súa vida residindo en sanatorios. A súa produción poética coincide co período da guerra civil española e os anos posteriores ata a súa morte. Nos seus poemas imprégnase unha simbiose entre o sufrimento físico do día a día e o sufrimento colectivo da patria vencida.
Permaneceu inédito ata o ano 1947. Ese ano o seu amigo Joan Saes publica en México, postumamente, o libro Poesies, unha recompilación da obra, breve pero moi intensa, deste poeta catalán. Obra poética que influíu de xeito decisivo nos seus contemporáneos e en xeracións posteriores. Actualmente está considerado como un dos poetas cataláns máis importantes do século XX.

Un dos poemas cos que nos agasallaron na recepción da “Paería".


MOLT LLUNY D'AQUÍ

Hi ha una ciutat, molt lluny d'aquí, dolça i secreta,
on els anys d'alegria són breus com una nit;
on el sol és feliç, el vent és un poeta,
i la boira és fidel com el meu esperit.

L'Orient hi deixà la seva sang de roses,
la mitja lluna càlida del seu minvant etern
i, enllà d'un gran silenci de persianes closes,
un riu profund que corre per una nit d'hivern.

Als antics carrerons, plens de fervor, arriba
jo no sé de quins segles un gris d'amor i encens;
el so de les campanes hi té l'ànima viva
i el seu batec és lliure com el del cor dels nens...

Marius Torres


MOI LONXE DE AQUÍ (fragmento)

Hai unha cidade, moi lonxe de aquí, doce e secreta,
Onde os anos de alegría son breves como unha noite,
onde o sol é feliz, o vento é un poeta,
E a néboa é fiel como o meu espírito.

Oriente deixa o seu sangue de rosas
A media lúa cálida na súa decrecer eterno,
E, no medio dun gran silencio de persianas pechadas
Un río profundo que corre por unha noite invernal.

Nas súas antigas ruelas, cheas de bulicio,
Chega, eu non se de que séculos, un gris de amor e incenso;
O tanxido das campás tenlle a alma viva


En castelán.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-07-2010 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Arco da vella
"Arco da vella" do libro Poemas soltos, de Marica Campo.

Comentarios (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 25-03-2010 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
5 motivos para ler poesía
De Varias
Comentarios (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-03-2010 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Facelo de calquera forma
Facelo parado fortalece a columna,
boca abaixo estimula a circulación do sangue,
boca arriba é máis pracenteiro,
facelo só é lindo, pero egoísta,
en grupo pode ser divertido,
no baño é moi dixestivo,
no auto pode ser perigoso...
Facelo con frecuencia
desenvolve a imaxinación,
entre dúas enriquece o coñecemento,
de xeonllos resulta doloroso...
En fin, sobre a mesa ou sobre o escritorio,
antes de comer ou de sobremesa,
sobre a cama ou na hamaca,
espidos ou vestidos,
sobre o céspede ou a alfombra,
con música ou en silencio,
entre sabas ou no "closet":
Facelo, SEMPRE é un acto de amor.
Non importa a idade, nin a raza, nin o credo,
nin o sexo, nin a posición económica...



... Ler sempre é un pracer
Comentarios (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 02-03-2010 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Encomenda
Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 23-02-2010 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Anisia Miranda
Dentro das actividades organizadas polo Salón do Libro, este martes , fíxose unha lectura colectiva sobre as cidades en homenaxe á escritora, poeta,... falecida , Anisia Miranda.
A Casa das Campás, en Pontevedra, encheuse de xente que gosta da cultura e da poesía. Estaba entre eles o compañeiro da súa vida, Neiras Vilas.
De tódolos poemas lidos, houbo uns cantos que o fixeron nenos de Pontevedra, que leron contos e cantarolas da homenaxeada. Aquí vos deixamos un deles.

Contos

Vouche contar un conto
de dous coellos,
un deles aínda mozo
e outro moi vello.

O coelliño mozo
día por día,
asistía á escola
onde aprendía.

E o coello moi vello
contaba estrelas
para, noite tras noite,
viaxar con elas.


De Varias
Ramón Regueira, Neiras Vilas,... e os nenos que leron os poemas de Anisia Miranda

Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 09-02-2010 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua dos peixes
De Marilar Aleixandre

Lingua, lingua, lingua

Lingua de carne para facer rolar sobre ela a lingua de palabras. Lingua para arrolar a lingua, mais non para que durma.

Lingua. Liberdade. Libro. Liberdade para cantar, amar, rir na lingua galega. Lingua para berrar ¡Liberdade! Libros para facer voar a lingua nas ás das súas páxinas.
Lingua para sermos libertarias e, se fose o caso, libertinas.
Lingua sen ligaduras nin ligames.

Lingua, lingua, lingua
Houbo unha vez unha meiga, cortou a lingua da serea, arrebatoulle a voz e a cambio deulle dúas pernas. Agora uns prebostes e sub-prebostes, uns arquipámpanos que gobernan o diario oficial e cren gobernar as nosas vidas, queren cortarnos a lingua, arrebatarnos a voz, e nin sequera nos dan unhas pernas novas.

Nós non queremos trocar lingua por pernas. Escollemos ser peixes, falar a nosa lingua de peixes. Oufanámonos da nosa cola cuberta de escamas de prata. Grazas á nosa lingua, á nosa cola de peixe, nadamos polas augas mariñas das entrañas de Galicia. As nosas garlas permítennos respirar por baixo da auga.

Convocamos en defensa da lingua a luras e polbos, a lorchos e linguados. Convocamos a todas e todos os que manteñen a lingua de palabras en precario equilibrio sobre a súa lingua de carne. ¡Gardade a lingua! E para gardala, espalládea por mares e océanos, polos camiños de Galicia e do mundo.

Lingua, lingua, lingua

Lingua e liberdade. Lingua é liberdade.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 18-12-2009 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis