Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Péchase o blogue do EDNL do CEIP Campolongo

Dende onte, 25 de outubro de 2011, este blogue pasa a ser particular (de Nito). Xa non é do EDNL do CEIP Campolongo.

Por perder a súa principal finalidade dentro do centro queda PECHADO.

A decisión de deixar de ser "oficial" e pasar a ser particular tomouse baixo unha xuntanza promovida por inpección para que eu acatara os seguintes puntos. Algúns deles non atinxen directamente a este tema en particular, pero quero deixar constancia de todos .

Como se negaron a dalo por escrito, van deste xeito:

1- Calquera exposición que se queira solicitar terá que ser primeiro comunicada ou ben ó coordinador ou ó Equipo Directivo. Nota: Se alguén quere cóntolle este conto.

2- Entregar as claves do blogue e do correo electrónico ( xa llelas entregara fai dous anos pero estraviáronas).

3- Antes de subir un artigo ó blogue, ou poñer unha nova no taboleiro do EDNL, ou nos xerais, teño que ter autorización do coordinador ou do Equipo Directivo.

4- Teño que retirar todos os artigos "complicados" (inapropiados) do blogue.

5- E último, teño que entender ben claro cal é a xerarquía.

Como non me gusta nada o que se me di, en especial non estou disposto a acatar o punto nº 4; e os outros, aínda que poidan ser legais, neste contexto que estou vivindo parécenme humillantes, é polo que propoño, (despois de maduralo un pouco), como alternativa, que o blogue deixe de ser oficial no centro, deste xeito non teño por que borrar nada, nin dar ningunha clave de novo.

Todos os presentes aceptan: Equipo Directivo e Coordinador de Normalización Lingüística.

Agora mesmo non estou con forzas de loitar por esta inxustiza. Temo pola miña saúde e polo benestar da miña familia e dos compañeiros.

Sinto decepcionar a aqueles que lles gustaría e que me animaron a seguir pelexando .

Grazas a todos os que se solidarizaron e me axudaron nesta xeira. Dedicareime a seguir manifestándome con liberdade e a traballar pola normalización da nosa lingua no meu blogue particular de Milprimaveras.

Artigo detonador::

1- Que pasa coas pancartas ?

Gañou o inapropiado.

A "Pancarta "Guadiana", aparece e desaparece.

Se queres saber máis podes ler a opinión doutro director (comentario deste blogue nº 31) en IES OU NON IES , xunto con outros comentarios de outros usarios, incluídos os de Milprimaveras).

Ou tamén, na tertulia "Sempre en Galicia" en Radio Cornellá.

Efecto dominó.

Máis sobre defensa do ensino público.

NOTA: No CEIP Campolongo,oficialmente aínda está prohibido preguntar que pasa coas pancartas, e por suposto, poñer esta pancarta.


Con data 15 de abril ponse en Milprimaveras o artigo:

A polémica pancarta xa está no cole.
Comentarios (49) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 26-10-2011 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
Referendo o día 25 de outubro


Nova actuación "consesuada" para dicir ben alto se os docentes están de acordo coas medidas que está a tomar a Consellaría de Educación.

Artigo relacionado:

Aumento das horas lectivas

Defensa do Ensino Público


Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 23-10-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Aumemento das horas lectivas
De Defensa Ensino Público


De Defensa Ensino Público

Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 23-10-2011 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Unha clase na Escola de Idiomas
De Escola de idiomas


Ver artigo: Calidade de Ensino?

Queres asinar a petición de "Ensino público de todos e para todos" promovida polos sindicatos ?

Artigo relacionado:

Os recortes en Valencia


Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 21-10-2011 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Pancarta do CEIP Álvarez Limeses


En Pontevedra cidade


Artigos relacionados:

Defensa do Ensino Público
Comentarios (1) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 21-10-2011 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro danche premios e logo chámanche xabardo
De Blogue Educatibvo


Esta imaxe de arriba ben a conto porque fai uns anos, estando en Poio, eu, e ninguén máis (fun o único voluntario naquel momento), levaba a páxina web do colexio aquí sinalado. Hoxe en día estou a facelo, do mesmo xeito, con este modesto blogue de Normalización. Aclarar que hai moita información que a subo porque ma remiten os compañeiros e compañeiras.

Ate este curso, no novo centro que estou, non se me permitiu máis (a marcaxe foi sempre férrea). E non sei o tempo que lle quedará porque hai unha presión que tamén se lle pode chamar política, que está medrando ... e a miña saúde e as miñas outras obrigas non sei se darán para tanto. Dende logo se aquí non me deixan falar fareino noutro lado. A miña pregunta en todo isto é Por que non podemos defender aquí o ensino público?

A que temos medo?

Vai ser un paradoxo ter que defender o ensino público nun sitio privado.

Como podedes comprobar a páxina web (CEIP A Seca) estaba en Blogues Educativos de Interese no servidor da Xunta de Galicia. Hoxe está máis ben parada (a do cole), xa case non sei como a manteñen. Co tempo que temos, e agora áinda máis cos novos horarios, levar semellante traballo, non é nada doado, "Non é moco de pavo".


Sei que hai xente que se cuestiona se os contidos son educativos ou non, apropiados ou inapropiados, políticos ou non políticos, ou se procede poñelos aquí ou noutro sitio. Son opinións. Tamén podo engadir, que o ano pasado, houbo compañeiros que aprobaron a oposición e que me comentaron que nos cursos que tiñan que facer nas practicas (Funcionario en prácticas), este blogue, agora censurado, foi un dos aconsellados, dentro dos educativos, por ser dos máis dinámicos que había na rede. Paradoxos da vida.

Debaixo puxen, primeiro a imaxe dos premiados no 2007-2008 en Innovación Lingüística, no noso centro (en Poio) eu mesmo solicitei e coordinei o curso. Máis abaixo están algunhas imaxes das ligazóns onde está metido Mundiño ou nlcampolongo.





Poñendo en google "nlcampolongo" tamén aparecen outros enlaces a outros artigos do blogue.

Sei que se lle pode pedir máis cousas a un blogue, este ten as súas limitacións, e eu tamén teño as miñas.

Se a esto lle xuntamos que en pouco máis de dous cursos xa ten máis de 58.000 entradas, eu diría que este blogue está axudando a que se lea en galego. Non si?


Remato deixando un vídeo, para aqueles que non me coñecen, onde comento algo do que fixemos para que nos concederan o Premio de Innovación Lingüística. Por certo, o máis chulo do vídeo, e a canción "O rap da macedonia" que fixeron uns alumnos de 1º. Foi un éxito total no colexio.


Comentarios (3) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 19-10-2011 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
A pancarta do Conservatorio de Música de Pontevedra
De Pancarta


Hoxe pasei polo Conservatorio de música e vin a súa pancarta posta ben alta para que ninguén a poidera romper como fixeron coa da EEI Crespo Rivas, de Campolongo (Pontevedra). A pancarta é esta que vedes nesta imaxe, un recorte de prensa.


O problema máis grande que tiveron eles este ano foi o de que sacaron os interinos especialistas pra dar certos instrumentos e metéronlle profesores de Secundaria non tan especializados para estes menesteres.
Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 17-10-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os mestres da Laxe tamén se manifestan
De Pancarta


Entrar na súa páxina web.
Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 17-10-2011 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Unha pancarta que molestaba
De Pancarta


De Pancarta


De Pancarta


Unha semana de vida no colexio. Milprimaveras na nosa retina.

Artigos relacionados:

Que pasa coas pancartas?

Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 09-10-2011 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Efectos da contranormalización
A profesora francesa Caroline Domingues, nos seus traballos de investigación sobre a nosa lingua, afirma que os efectos dos grandes medios de comunicación en Galicia producen un efecto contranormalizador ó usar practicamente como único código o castelán. Recordamos o ridículo 5% , e aínda por riba subvencionado.

As imaxes deste artigo son un dos efectos desta contranormalización que se exerce practicamente dende todos os eidos, incluído o ensino, onde sabemos que o galego como lingua vehicular en xeral non existe. Especialmente cando falamos co alumnado fora das clases de galego, por exemplo nos recreo, e cos pais. E non falemos agora do nivel de galego que impartimos, porque como agora somos todos especialistas en todo ...

U-lo o cumprimento da lingua de referencia inicial?

U-lo o cumprimento do Artigo 3 do Novo Decreto sobre a lingua da Administración Educativa?

U-lo lema Entre Nós en Galego dos primeiros lexisladores democráticos do noso país.

Levamos máis de 30 anos coa Lei de Normalización Lingüística. Normalizamos ou Contranormalizamos?

Non me canserei de repetir estas pequenas normas lexislativas que son, de momento, das poucas onde nos podemos amarrar os que queremos que non desapareza o galego.

De que vale unha lingua se non se fala?

Engado que este efecto contranormalizador estano sufrindo moitas familias, na que me inclúo, e ten difícil solución porque non se está axudando nin ós pais nin ós mestres . Digo isto por que nas famosas e dubidosas enquisas un 40% das familias pedían galego , e resulta que practicamente case non se chega ó 12% . E o que nos espera, pois, por exemplo, o sistema de inmersión ligüística catalán, modelo para moitos outros países con linguas minoritarias porque está funcionando, resulta que o queren tirar abaixo. Por que atacar un modelo que funciona e onde está demostrado que incluso o nivel de coñecemento de castelán é superior o de outras Comunidades onde só falan castelán? Alí os nenos pequenos falan catalán, aquí non. Algo está fallando.

E hai rumores de querer cambiar a Lei de Normalización . Sónavos iso de A Coruña e La Coruña?. E por que non Puentevedra?

E ó de lingua propia do Estatuto xa estou vendo que lle queda pouco.

Remato con unha gran iniciativa que está xurdir en ou con SERMOS GALIZA: entre todos, con moi poucos cartos ó ano (160 €), podemos facernos accionistas e deste xeito, manter un semanario integramente en Galego. Recórdovos que non hai ningún periódico, semanario, .. nos quioscos, a e con 3000 subcritores de arrancada, mínimos para poder manter a rotativa. Xa somos moitos os que ímos colaborar. Para mantelo xa somos suficientes, para exténdelo polas caferías, institutos, ... fan falta máis.
É unha maneira de loitar contra esta contranormalización. Non si?

Tamén podes asinar o Manifesto contra a Marxinación do Galego nos medios. Temos que facernos ver.

Comentarios (0) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 09-10-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis