Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXIV Encontro Escolas Asociadas da Unesco
XXIV ENCONTRO ESTATAL DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

XXIV ENCUENTRO ESTATAL DE ESCUELAS ASOCIADAS A LA UNESCO

XXIV TROBADA ESTATAL D’ESCOLES ASSOCIADES DE LA UNESCO

UNESCO-REN ESKOLA ELKARTUEN ESTATUKO XXXIV. TOPAKETA

“A DIVERSIDADE CULTURAL: PATRIMONIO COMÚN DA HUMANIDADE”

MELILLA, 5, 6, e 7 DE XULLO DE 2011


Xa estamos preparados para compartir algunhas das nosas experiencias educativas con outros centros de toda España. Este ano será en Melilla e nós levamos dúas presentacións, unha dentro do proxecto do Bosque Atlántico, " As árbores do noso cole. E outra sobre os Xogos Populares

Baixar presentación O Bosque Atlántico


Baixar presentación dos Xogos Populares.

NOTA- >Esta última está en formato Open Office.

Comentarios (1) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 04-07-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Veciñas do aire
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 03-07-2011 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
As herbas e os cachos


No noso cole pódese facer o cacho con 7 delas: herba luisa, sabugueiro (bieteiro), noceira (nogueira), roseira, fiuncho, loureiro e hortensia.

Telas localizado todas? Pois "Habelas hailas".

Nota. A noceira ten follas pero non ten noces.

Artigo relacionado:

As sete herbas básicas


Noite de San Xoán.

Refráns sanxoaneiros

Herbas de San Xoán
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 24-06-2011 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas do bosque de 3º C

Traballo de investigación sobre oito árbores, oito paxaros e oito criaturas do bosque. Sacouse información de todas estes seres de forma cooperativa. Elaboramos poemas descriptivos coas curiosidades que eles elixiron, facendo uso da estructura poética haikus, traballada anteriormente como homenaxe a catástrofe de Xapón (Tsunami). (Ver algún haiku do cole)

Un dos poemas foi gañador dun concurso que fixo no museo de Pontevedra (A Toupa), que non podemos incluir aquí por perder os dereitos de autor.
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 22-06-2011 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Diploma Investigador Botánico


Diploma otorgado ós gañadores do Xogo de Pistas "Investigador Botánico"

Ver foto orixinal e entrada ó Xogo das árbores do cole.
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 16-06-2011 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
O paporroibo, 4 ovos, 4 semanas
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 08-06-2011 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
As árbores con Jaime Bernardo


Hoxe estivemos con Jaime Bernardo Blanco-Dios, un dos autores do libro
"Pontevedra - As árbores da cidade".

Saíu en tres voltas cos tres grupos de 3º, e falaunos de catro cousas curiosas das árbores que temos preto do noso cole. Unha das máis chamativas foi a das árbores que estaban enamoradas. Un alciprés e un chopo semellan unha mesma árbore porque o inicio do tronco é case o mesmo. Logo bifúrcase o alciprés e semella que ten tres grandes polas. Tamén nos falou da pranta "Ave do paraiso", do limpatubos ou limpabotellas, e doutras moitas cousas máis que os poucos iremos contando, xa que aínda temos con el dúas visitas máis cos de 5º e cos de 6º.

Dende aquí dámoslle as grazas por vir a contarnos cousas curiosas das nosas árbores.
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 25-05-2011 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
As árbores da fraga


As árbores da fraga

Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.

Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.

Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.

Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.

-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.


(Xosé Lois Seixo Fernandez)
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 23-05-2011 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Pardal


Máis fichas de paxarós
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 23-05-2011 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo. As árbores do noso cole


Xogar en pantalla máis grande, dende a web do colexio.
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 16-05-2011 08:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis