Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vídeo dos Xogos das I Xornadas dos ENDL



Isto é un resumo dos xogos celebrados nas I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra

Ver todo no blogue na Categoría I Xornadas dos EDNL
Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 23-04-2011 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
II Fornada de Fotos dos Xogos na Alameda dos EDNL do Concello de Pontevedra


I Fornada de Fotos

Artigo Principal
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 26-03-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Nota de Prensa e Agradecementos
De Xogos Polulares Día H, Hora D


Teño que dar, primeiro a noraboa ó Diario de Pontevedra, por facer a nota de prensa en Galego.
Sería porque así llelo pediron? Ben asinado o artigo, por Belén López, ou sexa, que os nosos parabéns a Belén. Non é a primeira vez que un fai algo relacionado coa normalización lingüística e a prensa escaralla todo traducíndoa ó castelán. Por exemplo.

Logo dicir, que falta algo moi importante na noticia , non nomear a colaboración do alumnado do IES Sánchez Cantón ,máis de 30 monitores, dos Ciclos de Educación Física STAFFAD (1º e 2º) (Técnicos Superiores en Animación Física e Deportiva).

De Xogos Polulares Día H, Hora D


Sen eles non se poderían facer ben estos Xogos.

Nós dende aquí, dámoslle as grazas pola súa colaboración e, por suposto, tamén a Noraboa pola actuación, case perfecta, que tiveron nas Xornadas.

Grazas tamén ó seu profesor, Paco, que axudou, xunto cos mestres Victoriano, do CEIP Vilaverde-Mourente e a Arturo, do CEP Xunqueira nº 2, a organizar Os Xogos das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra.

Agradecemos, tamén, a Concellaría de Normalización Lingüística a súa colaboración para a realización destas Xornadas, e neste caso, dos Xogos.

Non todo foron parabéns, houbo un gran despiste, parece ser que da empresa encargada da poda, de deixar media Alameda empantanada coas polas nese día, non deixando os espazós que tiñamos previstos para os xogos., Tivemos que improvisar en moi pouco tempo os novos espazos para as diferentes estacións dos xogos, e máis dun sudou, máis do previsto, no inicio desta xeira.

Para rematar os agradecementos, por suposto, grazas a tódolos colexios pola participación, tanto ós de Infantil por participar na actividade de Migallas Teatro como os de Primaria, xa que sen rapaces non se podería facer nada do que se fixo.

A organización pide desculpas no que poidéramos fallar. E espera, que o ano que ben, a participación sexa aínda mellor ca deste ano, e estades todos invitados a colaborar para que esta xeira sexa unha completa Xornada de Convivencia, que os rapaces o pasen ben xogando, e que a lingua galega medre na xuventude ...para seguirmos sendo galegos.

Ver fotos dos Xogos
Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 23-03-2011 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os Xogos Populares na Alameda. I Fornada de fotos.


Estreamos a Primavera cun bo tempo e xogando.

Os xogos
saíron bastante ben, houbo pequenos fallos que trataremos de mellorar outro ano coa colaboración de todos.

A poda das árbores fíxonos modificar o que tiñamos previsto. Sudamos un pouco pero conseguimos encarrilar as xornadas.

Deixamos aquí a primeira fornada de fotos. Habera unha segunda tanda.
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 21-03-2011 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Pintos GRAFITEADO nas I Xornadas dos EDNL en Pontevedra


En Campolongo, Pontevedra, estos días podes ver a X.M. Pintos grafiteado. Nun lateral das pistas que están enriba das Piscinas.


Foi unha actividade feita dentro do Programa das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra.
Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 19-03-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Migallas nas I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra


Hoxe, 15 de marzo, a pesar da chuvia, moitos dos nen@s de infantil dos centros do Concello de Pontevedra, desfrutaron un montón co grupo de Teatro Migallas, co seu espectáculo "Canta connosco"

Máis de 600 rapaces, en dous pases, un ás 10:00 h, e outro ás 11:30 h.

Ler máis sobre as I Xorndas dos EDNL
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 15-03-2011 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de data para os Xogos
Os Xogos Populares das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra quedan adiados (aprazados), por mor da chuva, para este luns día 21 de marzo.

Mantense o horario de 10,15 h a 13:00 h.


Se algún centro non pode asistir este día, prégase se comunique no correo da coordinadora:

enlpontevedra@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 15-03-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Monteagudo-Anxo L.- M. González , no debate.

As I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra están "botando a andar"

Moita presentación e pouco debate. As preguntas seguen a ser as mesmas.

Por que se rompeu o consenso do Plan Xeral de Normalización do 2004, onde se pedía un 50% mínimo para o galego?

Por que se elaborou un decreto sen consenso?

Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 14-03-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
BANEP
Hoxe inagurouse BANEP (Banco de Actividades para a Normalización do Ensino). Clicando nunha sección e dándolle a Buscar aparecen as moitas das actividades que os EDNL están a facer nos centros. Esta base de datos irá en aumento coas aportacións que vaiamos facendo.
Se buscamos por centro e poñemos un, saíran as actividades presentadas por ese centro. Os centros que hai son:

CEIP Manuel Vidal Portela | CEIP de Villaverde | IES Montecelo | IES Sánchez Cantón | Colexio Nuestra Señora de los Dolores | IES Luís Seoane | IES Valle Inclán | CEIP A Carballeira | CEIP Cabanas | CEIP Parada-Campañó | Colexio Calasancio | EEI Concepción Crespo Rivas | EEI Fina Casalderrey | CEIP Santo André de Xeve | CEIP Campolongo | CEIP Froebel | CEIP A Xunqueira 1 | CEIP A Xunqueira 2 | Colexio San José | IES Torrente Ballester | IES A Xunqueira 2 | CEIP Praza de Barcelos | CEIP de Marcón | IES A Xunqueira 1 | Colexio Sagrado Corazón | EEI da Meán

As que nós presentamos, de momento, son estas:

De Banco de Actividades I Xornadas dos EDNL


De Banco de Actividades I Xornadas dos EDNL


Artigo relacionado:

Banco de Actividades do Campolongo para as Xornadas
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 14-03-2011 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mesa redonda I Xornadas do EDNL do Concello de Pontevedra
De I Xornadas EDNL Concello de Pontevedra



Hoxe, luns 14, ás 20,30 horas celebrarase no Café Moderno de Pontevedra unha mesa redonda, dirixida ao público en xeral, co título Normalización Lingüística: unha ollada institucional. Nela participarán Manuel González González, director do seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega; Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística; Henrique Monteagudo Romero, coordinador da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e Pilar Freitas Juvino, docente e sociolingüísta, quen exercerá de coordinadora.

Esta actividade serve para abrir as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos que se desenvolverán ao longo desta semana e que organizan a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello. Estas xornadas teñen como obxectivo darlle a coñecer á sociedade o labor fundamental a prol da lingua dos equipos de normalización dos centros educativos, promover a reflexión social sobre a normalización, ao tempo que se dá a coñecer a figura de Xoán Manuel Pintos, un dos primeiros autores que reivindicou a normalización da nosa lingua.

Dentro da programación destas xornadas, hoxe presentouse no Concello de Pontevedra o Banco de datos de actividades dos equipos de normalización lingüística de Pontevedra (BANEP), no que se recollen diferentes intervencións deseñadas polos equipos de normalización dos centros educativos para fomentar o uso normal da lingua galega. Pédese consultar o banco no seguinte enderezo web: http://pontevedra.eu/banep/

Para obter máis información deste programa, pódese consultar o sitio web do Ano Pintos: http://anopintos.pontevedra.eu/


Ver programa


De I Xornadas EDNL Concello de Pontevedra

Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 14-03-2011 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis