Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Antón e o Apalpador

Ver e ler o conto
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 19-12-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
O conto do Apalpador


O Xogo do Apalpador

Máis cousas sobre O Apalpador

Os consellos do apalpador para os agasallos son:

1: Non o compres, faino.

2. Todos somos artistas

3. Reutiliza
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 14-12-2010 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo do Apalpador en Lim
Le o conto e logo fai as actividades xogando.


Máis recursos sobre o Apalpador.

Máis no noso bloque.

Máis en Galicia Encantada.
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 12-12-2010 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador e as castañas


O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.


Artigo relacionado no noso blogue.

O Apalpador na Wikipedia.

O conto con debuxos.

Poema sobre o apalpador.

Nana do apalpador.

A orixe do Apalpador.

Páxina web do apalpador.


Un Papá Noel das Montañas Luguesas.

O Apalpador ----- por Xoan G.

O Apalpador vive nas devesas do Courel
desde hai tantos anos que ninguén sabe xa
cantos ten.

Pasa o día a apañar madeira como cando era
carboeiro, aínda que agora a que procura é
doutras castes máis finas.

E no outono aproveita a viaxe
e tamén vai ás castañas.

De volta a casa, senta a carón da lareira e
escolle con moito agarimo a madeira máis
seca e de mellor calidade, saca a súa navalla
e ponse a entallar.

E así pasa un día e outro, e outro, e outro...
Pero polo Nadal deixa a
navalla e baixa a todas as casas
da Galiza cunha morea de
agasallos para repartir.

Antón e Antía arelan a
Noite do Apalpadoiro
e andan tan bulideiros que
non queren ir para a cama.

Pero saben
que se fican espertos
non han
vir os agasallos!

E, ao cabo, rematan caendo de sono.

Con agarimo
para non os
espertar, o Apalpador
aloumíñalles as barriguiñas
por ver se están mantidos.
E como os dous cearan
abondo...

...aleda e bísballes amodiño:
—Así, así esteades todo o ano!
e coa mesma,
déixalles unha
presa de castañas
na mesa de noite.

Pero os agasallos déixallelos agochados por
toda a casa, así que ao se ergueren pola mañá
terán que xogar a atopalos.



Artigo relacionada coas estas datas:

O Demo Asubiador.
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 18-10-2010 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Os carboeiros
A orixe do Apalpador vén dos carboeiros. Aquí temos un vídeo do último carboeiro do Courel.

Máis sobre a "Historia do Apalpador"


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 24-12-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis