Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Astronomía en Educa Barrié

Na páxina dos Recursos Didácticos (Proxectos)  de Educa Barrié temos varias Guías Didácticas , unha delas é esta de "Astronomía de Posición", onde se pode descargar en PDF con información e actividades.  Existen moitas máis que se poden buscar por materias:



Outras relacionadas coa Astronomía son:

  -Terra Paralela         - Camiños do ceo        -Contos de Estrelas       - Buscando o Norte      - Astrónomos Esquecidos"         - Encima do horizonte    - Ramón María Aller   ...

Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 16-02-2014 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Todo xira no espazo

Vídeo feito pola compañeira Mabel sobre unhas poesías feitas polos rapaces que hoxe están en 6º, celebrando o Ano da Poesía.
Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 24-05-2011 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Algunhas consideracións de Don Ramón Aller


Pioneiro da prosa científica galega

Sacado de "A Marela Tarabela"
Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 27-12-2010 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
O ceo de noite. As constelacións
Os que esteades interesados en curiosear as constelacións podedes ver es vídeo. Está en castelán.



Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 13-11-2010 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Alma


O Atacama Large Millimeter Array, ALMA, representa o primeiro proxecto astronómico verdadeiramente global, xa que é unha instalación astronómica internacional. O obxectivo desta colaboración é desenvolver un telescopio sen igual no mundo. O proxecto está composto por un grupo de 64 antenas radiotelescópicas que traballarán en conxunto, apuntando todas á mesma fonte, para estudar o universo desde un sitio a cinco mil metros de altura no altiplano (Chan de Chajnantor) da Cordilleira dos Andes, a 50 quilómetros de San Pedro de Atacama, na Segunda Rexión de Chile.


Máis Información.
Comentarios (1) - Categoría: Astronomía - Publicado o 10-11-2010 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
O tamaño dalgúns planetas e estrelas
No vídeo podes ver dende o minúsculo Mercurio, cun tamaño de 4.880 km de diámetro, ata o xigante Cephei, con 3.76200.000 de km (28194 x o diámetro da terra), casi nada. O Sol ten 1.932.500 km


Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 07-11-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)

O Observatorio Astronómico de Forcarei (OAF), situado en Forcarei (Pontevedra) e pertencente á Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, é un centro de investigación, ensino da Astronomía e divulgación científica de moi recente construcción: o telescopio viu a súa primeira luz en marzo de 2009. A localización de Forcarei próxima ó centro de Galicia permite chegar ó observatorio dende calquer punto da comunidade nun tempo relativamente curto viaxando en coche ou autobús.



Teremos un planetario en Forcarei?
Proxectan facer un planetario preto do Observarorio.

Foto da visita do curso de Astronomía do CEFORE de Pontevedra.

Datos do Observatorio na súa páxina web

Horario de visitas.

Artigo relacionado:

Tamaño dalgúns planetas e estrelas a escala.

Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 06-11-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ramon María Aller e a Ciencia
A CGENDL convida a todos os centros de ensino de Galicia a organizar unha actividade conxunta e de maneira coordinada entre os departamentos e os docentes das áreas científico-tecnolóxicas, xunto cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dun mesmo ou varios centros escolares, co obxectivo de reinvindicar o ensino da ciencia en lingua galega. Trátase do día da ciencia en galego, a celebrar o vindeiro 4 de novembro. Nesta actividade colaborarán polo menos 15 entidades.
Os obxectivos desta xornada serán:
- Mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego.
- Expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
- Expresar publicamente que todas AS LINGUAS son válidas para a expresión científica.
Unha das actividades propostas consiste na elaboración de carteis e exposicións diversas onde se poden incluir textos sobre Ramón Mª Aller, Alfonso X e Maxwell.
Para ir facendo unha primeira achega ao día da ciencia en galego, deixarei por aquí un vídeo que nos aproxima á figura de D. Ramón María Aller, o astrónomo de Lalín. O video é un anaco dun excelente documental que foi elaborado para a TVG. Forma parte da serie "Historias de Galicia", en concreto do capítulo titulado "As causas das cousas". Para desfrutar:





Nova sacada do bloque Carta Xeométrica.
Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 17-10-2010 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis