Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chirlo Merlo na figueira
Obra de teatro interpretada polos rapces de 4ºC, baixo a tutela da súa mestra Sira Santiago Álvarez.

A obra é unha adaptación do conto de Darío Xoán Cabana, Chirlo merlo na figueira.

Comentarios (1) - Categoría: Teatro - Publicado o 14-05-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Amelia quere ter un can
Pequena obra de teatro feita polo alumnado de 4ºC na Semana das Letras Galegas.
Esta é unha adaptación do conto de Kalandraka, "Amelia quere un can". O título orixinal do conto é Amelia wants a dog, de Tim Bowley (Texto) e de André Neves (Ilustracións), e traducido por Isa Pita e Silvia Pérez .

Amelia, a protagonista, quere ter un can e remata, despois de varias peticións, convencendo ós seus pais. Noraboa a todos, tanto pola interpretación como pola dirección da mesma. Para o curso que vén queremos máis.

>

Ver fotos

ADAPTACIÓN PARA TEATRO DO CONTO
“AMELIA QUERE UN CAN” de Tim Bowley.


Narrador: Amelia entrou no salón.
Os seus pais estaban sentados nas súas cadeiras favoritas; o seu pai lendo o xornal e a súa nai tecendo unha lá.

Amelia : -Papá, estaba pensando…

Narrador: O seu pai suspirou.

Pai : Cando Amelia pensa… seguro que haberá problemas.

Narrador: Amelia continuou:

Amelia: -Papá, non podemos ter un can? Poderiamos levalo a pasear polo parque e tamén podería durmir no meu cuarto e non deixaría que os monstros se achegasen á miña cama.

Pai: -Non , Amelia, non podemos ter un can. Os cans ladran e precisan moitos coidados.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
Decontado regresou.

Amelia: - Mamá, se non podemos ter un can, poderiamos ter unha ......... aguia? Fariámoslle un niño aquí e non precisariamos levala de paseo.

Nai: - Non, non podemos ter un aguia. As aguias viven nas montañas e precisan moito espazo para voar. Unha aguia estaría moi triste aquí pechada.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
De alí a un pouco volveu e dixo:

Amelia: -Papá, se non podemos ter unha aguia, poderiamos ter .............. un cabalo? Poñeríalle obstáculos e daría voltas con el pola cociña.

Pai: -Amelia, meu ben, non podemos ter un cabalo. Os cabalos viven no campo e precisan moita herba para comer.
A un cabalo non lle gustaría nada vivir aquí.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
Axiña volveu outra vez.

Amelia: -Mamá, se non podemos ter un cabalo, poderiamos ter….....un elefante?
Podería espertarme coa súa trompa e prométoche que me erguerei de contado para ir á escola.

Nai: -Elefantes, Amelia?
Os elefantes son grandes, tan grandes que un case non colle neste salón. A eles gústalles vivir en espazos moi abertos e rañar o lombo contra as árbores.
Non podemos ter un elefante. Ademais non entraría pola porta.
Agora, vai xogar ao teu cuarto.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
O pai case non tivo tempo de abrir o xornal, cando ela regresou.

Amelia: -Papá, se non podemos ter un elefante, poderiamos ter........unha balea? Montaría no seu lombo e ela guindaríame ao aire co seu chorro de auga.

Pai: -Amelia, as baleas son enormes. Máis grandes que toda esta casa! Elas viven no mar e precisan moita, moita auga.

Amelia: -Poderiamos gardala na bañeira.

Narrador: dixo Amelia con esperanza.

Pai: -Amelia, por última vez, non podemos ter unha balea.
Tampouco poderiamos ter un tigre, nin un crocodilo, nin un canguro, nin un hipopótamo, nin un dinosauro
Xa está ben! Vai xogar ao teu cuarto e déixame ler o xornal en paz!

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
Algúns minutos despois volveu.


Amelia: -Mamá, se non podemos ter nin unha aguia, nin un cabalo, nin un elefante, nin unha balea, nin un tigre, nin un canguro, nin un hipopótamo, nin un dinosauro, poderiamos ter un canciño?

Nai: -Un can? Un canciño?
Amelia, esa é unha idea boísima! Poderiamos levalo a pasear polo parque e durmiría no teu cuarto e non deixaría que os monstros se achegasen á túa cama.


Pai: -Si! Si! Será marabilloso ter un canciño.


Amelia: -Grazas, grazas. Sodes os mellores pais do mundo!
Narrador: Amelia sorriu e marchou para o seu cuarto pensando...


Amelia: “ Ás veces custa moito convencer aos maiores, pero ao final, case sempre entran en razón”


Narrador: E colorín, colorado este conto está rematado.
Comentarios (1) - Categoría: Teatro - Publicado o 14-05-2010 06:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis