Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cantigas dos maios que falan da lingua


En homenaxe a lingua
que nas gorxas nos estala
guindamos estas cantigas
pra que non quede ignorada

Fala Maio, berra alto
para os rudos de oído
a lingua é desprezada
dende tempo moi antigo.

Chegaron os do barrete
cunha orde que cumprir
paremos ós do galego
que comeza a rexurdir

Con este designio a Lingua
agarda a defunción
para que morra contenta
lle piden a extrema-unción

E paseniño camiña
ao penal dos aforcados
con sufrimento e aldraxe
como nos tempos pasados

Din que farán todo novo
para que sexa moderno
á Lingua tamén lle toca
mandala para o inferno.




Comentarios (0) - Categoría: Maios - Publicado o 04-05-2010 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
O noso maio no colexio
Despois da festa na Praza da Ferraría os rapaces cantarón o luns, día 3 de maio para tódolos rapaces do colexio.




Se os queres oir cantar, podes ver o artigo:Campolongo cantando na Festa dos Maios.
Comentarios (0) - Categoría: Maios - Publicado o 03-05-2010 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os Maios en Pontevedra. 2010


No vídeo pódese ver un anaco da participación de tódolos maios participantes na Festa dos Maios na Praza da Ferraría de Pontevedra no 1º de Maio. Este ano o tema máis recurrido foi o da lingua, criticando duramente o chamado o Decretazo (de momento borrador)
.

Resumo da xornada:

O maio do CEP Marcos dá Portela levou ou premio especial non concurso celebrado no 1º de Maio de 2010 na praza dá Ferraría, logo de gañar tamén o de cantigas e o de interpretación, e quedar segundo non de construción de maios e terceiro en coroas. O da Asociación Cultural Deportiva Campañó foi primeiro en maios, segundo en coroas e en cantigas, e terceiro en interpretación. O CEIP San Miguel de Marcón gañou en coroas e foi terceiro en maios. O CEIP Froebel quedou segundo en interpretación e ou CEIP Campolongo, terceiro en cantigas. O premio especial para centros escolares repartiuse entre Os do Pavillón e Viaxeiro, Os dous do CEIP Cabanas, Salcedo; Escola Infantil Bolboretas e o CPI Domingo Fontán de Portas. Participaron non concurso trece maios de Pontevedra, Marín, Vilaboa e Portas.
Non todos os maios levaron coroas. As dúas que obtiveron os primeiros premios referíanse ao Ano Xacobeo. A da Anpa do Colexio San Miguel de Marcón presentou unha grandiosa e florida cuncha de vieira e a de Campañó estaba formada por cabazas e bastóns de peregrinos. Tampouco quedaba á zaga a do Marcos dá Portela nin a do CEIP Froebel, que non levaron premio.

Por último comentar que non se presentou a concurso, pero si participou, con un montón de pequenos, a EEI Fina Casalderrey, de Monteporreiro.

Ver nova na prensa.

Historia dos Maios, Bases dos Maios en Pontevedra ....
Comentarios (0) - Categoría: Maios - Publicado o 03-05-2010 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
Campolongo cantando na Festa dos Maios
O alumnado de 4º, 5º e 6º cantando na Praza da Ferraría o 1º de Maio, na Festa dos Maios.



Ver tódolos Maios cantando na Festa.

Ver nova na prensa.

Letra do Maio.

Cantando na Ferraría o ano pasado
.
Comentarios (0) - Categoría: Maios - Publicado o 02-05-2010 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Maio 2010_II
De Maio II. 2010




Fotos no día da Festa. Comentar de momento que levamos o 3º Premio polas Cantigas.

Maio I

Ver máis fotos en Campolongoteca
.

Comentarios (0) - Categoría: Maios - Publicado o 02-05-2010 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
Maio 2010_I
O CEIP Campolongo, xa ten o maio para presentalo hoxe na Praza da Ferraría de Pontevedra.
Onte foi unha xornada dura pero festiva, toda a comunidade educativa implicada na montaxe deste xeitoso maio. As 12,00 h de hoxe, 1º de Maio, os nen@s do cole cantarán as coplas elaboradas nos días anteriores. Esperamos non faltedes a festa.



Coplas do noso Maio




Maio 2010_II (Fotos e cantigas de Campolongo)


Bases dos maios
en Pontevedra.

A Festa dos Maios na Galiza

Festa dos maios, en Poio

Festa das Cruces. Barcelos (Portugal).

As nosas coplas falando da lingua.

Dúas coplas máis, que non se publicaron o ano pasado pero que aínda están moi vixentes, e tamén falan da nosa lingua.

Tódolos Maios en Pontevedra. 2010

Campolongo cantando na Festa dos Maios. 2010

Pequena presentación falando da orixe da festa.

Comentarios (0) - Categoría: Maios - Publicado o 01-05-2010 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis