Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xadrez na Escola. 2011
De XADREZ NA ESCOLA-2010-11



De Xadrez na Rúa-Solidario


Neste curso 2010-11 celebramos tres acontecementos de xadrez: torneo interno da nosa escola, o torneo en Porto - Portugal e o Xadrez na Rúa.

Aquí temos algúns do medallistas do torneo de Porto e con eles algúns dos participantes do noso torneo interno.

Noraboa a todos, en especial ós medallistas.

Ver máis fotos do torneo interno Xadrez na Escola
Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 28-05-2011 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xadrez na Rúa -Xadrez Solidario - 2011. (II Edición)
De Xadrez na Rúa-Solidario


De Xadrez na Rúa-Solidario




Hoxe tivemos unha xeira festiva co Xadrez na Rúa. Este ano tivo o apelido de Xadrez Solidario, e xogouse na Praza da Ferraría. O ano pasado xogouse na Praza da Liberdade.

Tódolos participantes colaboraron cun Kilo de comida non perecedera, para colaborar co Comedor de San Francisco de Pontevedar. Este leva moitos anos dándolleles de comer ós máis necesitados da cidade.

Houbo unha moi boa participación para ser un venres e con moi bo día de calor. Estaban previstos sobre 270 rapaces, que aínda que algúns faltaron, outros se incorporaron e vendo que todo aquel que quixera podía xogar.

Xunto co CEIP Froebel e O CEIP Vilaverde-Mourente xa colaboradores o ano pasado , este ano incorporánronse o CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Campañó.

Un grolo pola xornada, e a nosa noraboa, primerio o centro organizador deste ano, CEIP Xunqueira II, e tamén, por suposto, o Club Xadrez Pontevedra, que colaborou con toda a posta a punto da infraestructura por ter eles, tamén, mañán sábado, unha xornada, pero neste caso xa competitiva: II Pontexadrez
Comentarios (3) - Categoría: Xadrez - Publicado o 27-05-2011 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xoga o xadrez
Aquí podes xogar ó xadrez en liña. Tedes dous niveis, de iniciación ou pouco profundo. (shallow), e perfeccionamento ou profundo (deep)
Ten conta que ás máquinas están programadas para xogar moi ben, non te desanimes se che gaña, o importante é aprender vendo que moventos ten preparados, neste caso, o teu contrincante.


Hai que clicar dúas veces para mover, a primeira sería marcar a ficha que queres mover, e segundo clicar na cela onde queres pousar. (o número).


Comentarios (1) - Categoría: Xadrez - Publicado o 17-01-2011 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xadrez na Rúa 2011 nas Xornadas dos ENL de Pontevedra


Esta é a presentación do "Xadrez na Rúa" do curso pasado. Este ano estamos vendo de integrar a actividade nas "I Xornadas dos Equipos de Normalización de Pontevedra (Concello) Xoán Manuel Pintos", que se celebrarán do 14 ó 18 de marzo en Pontevedra.

Despois da experiencia positiva do ano pasado, esta actividade xunto cos Xogos Populares que se farán seguramente no mesmo día, queda aberta a tódolos centros de educación infantil, primaria e ...?.

O número de alumnos por centro dependerá dos centros que se apunten.


Estase a valorar se facela ou non en horario lectivo. O ano pasado saíu ben facéndoa pola tarde, pero foron moitos os rapaces que non poideron ir por ter outras actividades que facer.

Cal é a vosa opinión?

Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 04-12-2010 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
I PonteXadrez
Onte sábado, 29 de xaneiro, a Escola de Xadrez de Pontevedra (EXP), organizou o I PonteXadrez (V Circuito Galego Escolar 2010), na Ferraría. Estiveron os mellores xogadores dos clubs de toda Galicia e da zona norte de Portugal (Braga). O noso colexio participo con máis de 30 participantes dun total de 300. Todos tiveron algún agasallo e algún tivo sorte de levar algún pemio máis nos sorteos que houbo. Deixamos aquí un montón de fotos de practicamente todos os que participaron do noso colexio.


Comentarios (1) - Categoría: Xadrez - Publicado o 30-05-2010 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Final de xadrez nos I Jogos de San Telmo


Partida final onde gaña a alumna Amalia Ferrer Doporto (de 4ºB), do CEIP Campolongo, representando a Galiza en Porto nos I Jogos De San Telmo.
Comentarios (1) - Categoría: Xadrez - Publicado o 18-04-2010 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Xadrez na Rúa


Abaixo, en vídeo e con música.



O traballo está colgado tamén no blogue da Rede de Escolas Unesco de Galicia, como borrador dun dos proxectos que se levará ás Xornadas das Escolas Unesco de Lleida en Xuño deste ano 2010.

Esta presentación compleméntase co actividade LIM de Iniciación ó Xadrez, feita en especial para estas xornadas.
Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 15-04-2010 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Clasificación final de Xadrez
De Xadrez

Rematou definitivamente o "I Torneo CEIP Campolongo" . Comentar que ó ser tipo copa, moitos bos xogadores quedaron eliminados ó perder unha partida, só cando estaban preto da final se lles daba outra oportunidade. Dicir que houbo moita partcipación e que foi un torneo moi igualado.
Na foto tedes os finalistas dos tres ciclos de Primaria, cos seus diplomas. Os primeiros tamén levaron como agasallo un libro.

Debaixo da Clasificación Final podedes ver, en vídeo, a final do I Ciclo, entre Germán e Xandre. Dous futuros campións.


1º CICLO


1º Germán Abad De La Cierva (2ºA)
2º Alexandre Aboal Sancristán (2ºB)

Accésit:

- Pedro Pérez Maquieira
- Alejandro Millán Martínez

2º CICLO


1º Esteban Doporto Fernández (3ºB)
2º Antonio Dacosta Fociños (3ºB)

Accésit:

- Joaquín Bermúdez López (3ºA)
- Segio Carbajo Pérez (3ºA)
- Clara Abad de La Cierva
- Amalia Ferrer Doporto (4ºB)
- David Sineiro Barreiro (3ºC)
- Victor Velasco Ferreirós (3ºC)

3º CICLO


1º Javier Dasilva Ruano (6ºA)
2º Andrés Serrano Freijeiro (5ºA)
3º Alberto Abad de La Cierva (6ºA)

Accésit:

- Pablo Valiño Moreira (5ºC)
- Manuel Dacosta Fociños (5ºA)
- Clara Domínguez Chapela (6ºB)
- Daniel Soto Vilán (5ªC)
- Miguel Docal Area (5ºC)
- Miguel Sineiro Barreiro (5ºC)
- Diego Carbajo Pérez (5ºB)

Debaixo tedes un vídeo youtube dunha partida da final do 1º Ciclo, entre Germán e Xandre.

Tamén se ve un pouco unha das semifinais do ciclo medio, entre Amalia (4ºB) e Clara (3ºA)



Comentarios (1) - Categoría: Xadrez - Publicado o 20-03-2010 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da xornada Xadrez na Rúa
Aquí temos tódalas fotos que fixemos da actividade "Xadrez na Rúa", tanto o día da presentación como o día da xornada. Están tamén as fotos da Praza da Liberdade totalmente baleira, antes da Xornada.
A maioría das fotos que aquí temos, tamén se poden atopar na páxina do colexio: Fotos "Xadrez na Rúa".

Comentar que este ano fixémolo catro Centros Educativos: Campolongo, Xunqueira II, Froebel e Villaverde, máis a Escola Municipal de Xadrez, de forma experimetal. Aqueles centros que queiran incorporarse a esta iniciativa ou a outra semellante para vindeiras xornadas podedes comentalo aquí mesmo para telo en conta.

Gustouvos a actividade? Queredes repetila para ó ano que ben?. Se tedes algunha comentario que queriades facer, contar algunha anécdota, facer algunha crítica, etc. Podedes facelo aquí.



Deixamos tamén, a explicación nun vídeo youtube, do Xaque mate da Ópera, de Paul Charles Morphy que vimos na praza co xadrez xigante.


Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 16-03-2010 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
15 de marzo. Xadrez na Rúa (I Edición)

De Xadrez na Rúa


Hoxe fíxose a presentación de "XADREZ NA RÚA, I XORNADAS INTERESCOLARES".

Actividade esta, que imos celebrar o próximo luns día 15 de marzo, de 17:00 a 19:00 h na Praza da Liberdade de Pontevedra, diante da entrada do noso colexio.

Escolleuse o lema que están a traballar as ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO:

"A cidade, espazo para vivir e convivir"

No acto estiveron os representantes dos grupos participantes da xornada, os colexios, Froebel, Xunqueira II, Villaverde-Mourente e Campolongo, xunto coas Escolas Deportivas Municipais, con co MI (mestre internacional) Daniel Rivera, que aparte de ser campión internacional varios anos, tamén ten algúns records e os representantes colaboradores das xornadas, con el tamén estaba o ex-alumno e campión fr España Ramon Escudeiro, a ANPA do noso colexio, a representante da FANPA, e o representante do Concello de Pontevedra.

A sala de recepción, sala de usos mútiples do colexio, estivo decorada cos traballos dos alumnos de sexto, cos xadreces que trouxeron os pais para a exposición, xunto coas camisetas, viseiras e medallas que se aportaron ó evento.

Dende aquí queremos dar as grazas a todos eles pola súa colaboración, pois deste xeito puidose facer unha sinxela pero bonita presentación da xornada XADREZ NA RÙA. I XORNADAS INTERESCOLARES, e se non se tornan as cousas, poderá saír tamén o próximo luns, xogando na Praza da Liberdade.

Reparto das colaboracións:

Organización: O CEIP Campolongo xunto cos outros grupos participantes: Xunqueira II, Villaverde, Froebel e as Escolas Municipais (xogos e infraestructura para a súa execución). Comentar neste aspecto, que a actividade creada por tódolos grupos participantes, pretende ser rotativa, sendo outro centro o próximo organizador da xornada; e por suposto, estase aberto a calquera incorporación que poida xurdir.

Merenda: ANPA, (bocadillo, froita e auga)

Medallas: FANPA, federación de pais e nais.

Camisetas: Concello de Pontevedra.

Viseiras: Instituto Municipal de Deportes.

O nacemento da actividade fundaméntase en:


- Promocionar unha actividade multidisciplinar, lúdico-deportiva, que contribúe a formación integral dos alumnos.

- Traballar, por medio do xogo, e na rúa as compentencias lingüísticas , a toda a comunidade educativa e a sociedade galega en xeral.

- Este ano, en especial, fomentar o uso dos xogos nos espazos da cidade.

- Artigos relacionados: CATEGORÍA XADREZ

Esta actividade coincide no tempo, por casualidade, coa campaña de Política Lingüística XADREZ PARA TODOS.



Comentarios (0) - Categoría: Xadrez - Publicado o 12-03-2010 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis