O baloncesto no finisterre


Este caderno de bitácora pretende ser un lugar aberto a todo o mundo desta parte de Galicia a quen lle guste o baloncesto. Ás veces poeden aparecer outras novas, pero todo xira arredor do baloncesto







Leer mi libro de visitas


firmar el libro de visitas


¡Recomienda esta página a tus amigos!
Powered by miarroba.com



Mi perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 Buscando
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARCHIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xa falta menos para o día D

Bueno, nesta nova deixo de lado o mundo do baloncesto para poñerme eu como protagonista. Dentro dun mes e dunha semana, servidor e Vanessa, como se di vulgarmente, pasamos pola vicaría, contraemos nupcias. A maioría dos que ledes este blog xa o sabíades pero con esta foto e estas liñas xa é para que o saiban incluso os máis despistados.

Dentro das moitas celebracións, típicas tamén destas datas, o venres pasado os profesores do colexio máis nós fomos a tomar uns pinchos a Casa Klandestino, onde a boa de María Jesús nos sacou nuhas cuantas fotos. Deixovos esta.
Comentarios (1) - Categoría: General - Publicado el 18-06-2009 12:21
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Resultados dos equipos coruñeses na III concentración de selecións zonais



A pasada fin de semana disputouse a terceira concentración das selecións zonais. As sedes foron a cidade da Coruña, Marín e Pontevedra. Nos distintos equipos, había cinco representantes de Artai. Destacar o papel de Jorge Guillamet coa selección infantil masculina, que quedou campeona.

SELECCIÓN CORUÑESA ALEVÍN MASCULINA

Diego Mallo e Andrés Puente, xunto co adestrador do Centro Artai, Diego Rivas, disputaron este sábado na Coruña os seguintes partidos
10:00-A Coruña, 49-Lugo,63

17:30-A Coruña, 60-Vigo, 64

A clasificación, tras a primeira xornada quedou do seguinte xeito
Puesto Equipo PJ PG PP TF TC PTOS
1º FERROL 2 2 0 123 103 4
2º VIGO 2 2 0 164 146 4
3º AROSA 2 1 1 168 162 3
4º SANTIAGO 2 1 1 143 141 3
5º LUGO 2 1 1 113 123 3
6º CORUÑA 2 0 2 114 124 2
7º OURENSE 2 0 2 165 191 2

SELECCIÓN CORUÑESA INFANTIL MASCULINA

Jorge Guillamet quedou campión no Campeonato de Selecións Zonais disputado o sábado na Coruña. Despois de seis partidos, o equipo coruñés venceu nos seis, destacando as dúas últimas victorias ante Lugo e Vigo. Os resultados foron os seguintes:
10:30-A Coruña,60-Lugo,54

18:30-A Coruña,50-Vigo, 42

A clasificación final quedou do seguinte xeito:

Posto Equipo PX PG PP TF TC PTOS
1º CORUÑA 6 6 0 364 252 12
2º VIGO 6 5 1 332 218 11
3º LUGO 6 4 2 369 258 10
4º FERROL 6 3 3 330 311 9
5º SANTIAGO 6 2 4 279 350 8
6º AROUSA 6 1 5 254 345 7
7º OURENSE 6 0 6 191 385 6

SELECCIÓN CORUÑESA CADETE MASCULINA

Andrés Gundín non puido axudar o seu equipo a sumar un triunfo nesta terceira xornada de concentracións. Os resultados foron os seguintes:

10:30-A Coruña, 35-Vigo, 52

18:30-A Coruña, 47-Lugo, 58

A clasificación, tras as dúas primeiras xornadas está do seguinte xeito:

Posto Equipo PX PG PP TF TC PTOS
1º FERROL 6 6 0 310 201 12
2º VIGO 6 5 1 304 238 11
3º LUGO 6 4 2 295 258 10
4º SANTIAGO 6 3 3 277 278 9
5º AROUSA 6 2 4 256 306 8
6º CORUÑA 6 1 5 258 300 7
7º OURENSE 6 0 6 204 323 6



SELECCIÓN CORUÑESA INFANTIL FEMENINA


Raquel Vázquez non puido axudar o seu equipo a sumar un triunfo nesta terceira xornada de concentracións. Os resultados foron os seguintes:

10:30-A Coruña, 10-Vigo, 61

18:30-A Coruña, 22-Lugo, 36

A clasificación, tras as dúas primeiras xornadas está do seguinte xeito:

Posto Equipo PX PG PP TF TC PTOS
1º VIGO 6 6 0 334 131 12
2º FERROL 6 5 1 309 173 11
3º OURENSE 6 4 2 247 234 10
4º LUGO 6 3 3 189 228 9
5º AROUSA 6 2 4 214 255 8
6º CORUÑA 6 1 5 140 266 7
7º SANTIAGO 6 0 6 123 267 6

FEGABA
Comentarios (0) - Categoría: Artai - Publicado el 17-06-2009 09:36
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A quinta fantástica
O querer facer as cousas tan rápido, moitas veces apurome demasiado e pasa o que pasa. Hoxe recibimos a convocatoria da seleción coruñesa infantil femenina, na que entra a xogadora Raquel Vázquez. Así completamos o repoker de ases que este fin de semana representarán ó baloncesto coruñes no campeonato de selecións zonais. A xogadora carballesa adestrará o venres ás 19:15 no Polideportivo do Centro Social da Sagrada Familia e o sábado quedará concentrada coa seleción ás 11:00 no pavillón da Sardiñeira. Noraboa a Raquel e o seu adestrador Jordi
Comentarios (0) - Categoría: Artai - Publicado el 11-06-2009 15:08
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os catro fantásticos coas selecións coruñesas

Este fin de semana disputase a terceira concentración das selecións zonais. As sedes serán a cidade da Coruña, Marín e Pontevedra. Nos distintos equipos, hai cinco representantes de Artai.


CONVOCATORIAS DAS SELECIÓNS

SELECCIÓN CORUÑESA ALEVÍN MASCULINA

Diego Mallo e Andrés Puente están convocados para participar na III Concentración de Selecións Zonais para o sábado 13 de xuño coa selección coruñesa no polideportivo da Sardiñeira da Coruña ás 9:15 horas.O adestrador do equipo é o adestrador de Artai, Diego Rivas. Os partidos da selección coruñesa serán os seguintes:

10:00-A Coruña-Lugo

17:30-A Coruña-Vigo


SELECCIÓN CORUÑESA INFANTIL MASCULINA

Jorge Guillamet está convocado para participar na III Concentración de Selecións Zonais para o sábado 13 de xuño coa selección coruñesa no polideportivo da Sardiñeira da Coruña ás 9:15 horas. Os partidos son os seguintes

10:30-A Coruña-Lugo

18:30-A Coruña-Vigo

A clasificación, tras as dúas primeiras xornadas, está do seguinte xeito:

Posto Equipo PX PG PP TF TC PTOS
1º VIGO 4 4 0 247 126 8
2º LUGO 4 4 0 273 155 8
3º CORUÑA 4 4 0 254 156 8
4º FERROL 4 1 3 207 215 5
5º AROUSA 4 1 3 166 239 5
6º SANTIAGO 4 0 4 158 279 4
7º OURENSE 4 0 4 111 247 4



SELECCIÓN CORUÑESA CADETE MASCULINA


Andrés Gundín está convocado para participar na III Concentración de Selecións Zonais para o sábado 13 de xuño coa selección coruñesa no polideportivo da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Os partidos son os seguintes

10:30-A Coruña-Vigo

18:30-A Coruña-Lugo

A clasificación, tras as dúas primeiras xornadas está do seguinte xeito:

Posto Equipo PX PG PP TF TC PTOS
1º FERROL 4 4 0 209 141 8
2º VIGO 4 3 1 208 157 7
3º LUGO 4 3 1 196 167 7
4º AROUSA 4 2 2 198 200 6
5º CORUÑA 4 1 3 176 190 5
6º SANTIAGO 4 1 3 162 220 5
7º OURENSE 4 0 4 144 213 4
Cadete masculino
Infantil masculina
Minibasquet masculino
Comentarios (0) - Categoría: Artai - Publicado el 10-06-2009 12:49
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Miguel Angel Pérez cos xogadores alevíns de Artai

O pasado domingo, 7 de xuño, rematou na Coruña o Curso de Iniciación para adestradores de baloncesto. O curso, que durou dous fines de semana, contou cuns cantos profesores do pobo ou relacionados co baloncesto carballés. Alí estiveron Javier Cotelo e Oscar Lata dando clase, entre outros, a Iván Villaverde, Adrián Carreira ou Marcos López. O último día tamén participaron os xogadores do equipo alevín do Centro Artai, os que vemos na foto con outro dos profesores do curso, o árbitro Miguel Angel Pérez Pérez. Este colexiado, natural da provincia de Cádiz, pero afincado na cidade da Coruña pasa por ser un dos mellores colexiados do baloncesto español e europeo. Arbitra tanto na liga ACB, como na Euroliga, a máxima competición continental. Non dudou nin un momento en posar cos xovenes xogadores do centro carballés.
Comentarios (0) - Categoría: Artai - Publicado el 09-06-2009 12:59
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal