| Todo tipo de neuras, sucesos non morbosos, acontecementos, inquedanzas,cousas do balonman cangas, recetas de cociña non indixestas.... |
|

|
| O Autor |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| CUMIOS |
|
 Cando abrin este blog fixen o propósito de non falar de economía. Cos tempos nos que vivimos, isto faise cada vez máis difícil.
A cada hora en punto, os informativos da radio abren con noticias acerca da crise, de déficits, de débedas, de empresas que despiden ós seus traballadores...Na televisión, nese reducido espazo de tempo que subsiste entre tanda de anuncios e cotilleos rosa, non dan abasto poñendo imaxes dos mandatarios mundiais facendo xestos absurdos e vacíos, dando consellos sobre como aforrar máis consumindo...máis, etc...
Eu resístome a todo isto. Penso que o mundo iría mellor se os dirixentes que se van reunir no famoso "cumio" destes días, collesen algo de perspectiva subindo, por exemplo, ó curuto dun monte e comprobando o pequenos que son fronte a inmensidade do planeta.
Felices neuras... |
|
|
|
|
| MAR DE ONS |
|
 A empresa Mar de Ons ven de anuncia-la supresión dalgunhas das viaxes que realiza entre Moaña e Vigo pra cubrir o tan necesario servicio de transporte de ría.
Din que baixou o número de pasaxeiros, que non é rentable... E iso que seguen a funcionar con barcos remendados dos tempos do NO-DO.
Dentro de pouco, as únicas embarcacións que cruzaran a ría serán estas da foto... |
|
|
|
|
| XKCD |
|
Fai pouco lin na páxina da revista muy interesante que navegar pola rede fai máis áxil a nosa mente.
Así que, tratando de ampliar as miñas portentosas capacidades mentais (...) decidin explorar máis alá das habituais páxinas que visito. E así descubrin XKCD, unha páxina de humor intelixente moi recomendable. Aquí vos deixo unha pequena mostra.
Felices neuras... |
|
|
|
|
| IG NOBEL: A CIENCIA CURIOSA |
|
Cada ano se conceden os premios Ig Nobel ós descubrimentos científicos máis curiosos, abraiantes, divertidos e... absurdos.
Os deste 2008 veñen de ser anunciados, e cumplen o que prometen:
A Coca-Cola coma espermicida (¿Non era tamén un xenial desenferruxante? ¿Como non vai servir como espermicida?)
Os armadillos coma destructores das excavacións arqueolóxicas (A ver que pensan as nosas toupeiras de todo isto)
Como afecta a menstruación ás ganancias dunha bailarina de striptease.(Faría un chiste, pero coido que sería bastante desagradable)
E estes son outros dos máis destacados premiados das anteriores edicións:
Lingüística 2007: O premio recae nunha investigación que demostra que as ratas non distinguen o holandés do xaponés cando son falados ó revés. (¿E ó dereito si?)
Economía 2005: Un científico inventa o espertador definitivo: Un reloxo que mentres fai soar a alarma, corre pola habitación e se agacha do que o quere apagar. (¿Por que economía? Tería estado mellor un premio á mellor actividade deportiva: Cómo comeza-lo día cun bo sofocón.)
Literatura 2000: Gañado por un informe titulado "As flatulencias coma defensa contra os terrores innomeables". (Supoño que será un alegato a favor de todos os que sufrimos o efecto voluptuoso das temibles legumes aerofáxicas.)
Economía 1997 Adicado ós inventores do Tamagotchi, "por converter milleiros de horas de traballo en tempo perdido".(Aquí teño que mostrar un profundo desacougo: ¿Serán esas horas de traballo perdidas coidando dos tamagotchis a causa da actual crise económica?....)
Podedes botar un vistazo a outros moitos premiados ridículos en http://es.wikipedia.org/wiki/Premio_Ig_Nobel#Premios_Ig_Nobel_2008
Felices Neuras... |
|
|
|
|
| UN GRAN DISCURSO |
|
Nestes días nos que andan as cousas revoltas polo mundo adiante, cando parece que as novas só saben falar de economía, dos cartos que nos roubaron e dos que nos roubarán, cando fai pouco que os tambores da guerra voltaron a facer tremer os nosos espíritos...é moi recomendable poñer outra vez a mirada no que realmente importa. Tratar de coller perspectiva. Lembrar que somos humáns, e que a humanidade debe ser a nosa maior inquedanza. Ser mellores.
Aquí vos deixo un dos mellores discursos da historia. E foi un barbeiro quen o fixo. En 1940.Certo é que detrás de ese bigote escondíase, coma tantas outras veces, unha das maiores figuras da historia contemporánea, un home chamado Charles Chaplin.
Pero iso non é o importante. O importante é que se todos escoitásemos estas palabras unha vez ó día, poñamos ó amencer, por exemplo, todos seríamos un pouco mellores.
Por iso vos invito a que escoitedes este discurso que un barbeiro pronunciou un día diante do exército de Tomania. E xa me contaredes.
Felices Neuras...
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|