neuras dun galego abraiado


Todo tipo de neuras, sucesos non morbosos, acontecementos, inquedanzas,cousas do balonman cangas, recetas de cociña non indixestas....

O Autor
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS

UNHA ILLA POUCO PARADISIACA
En medio do Océano Pacífico existe unha pouco paradisíaca illa feita de refugallos da que veño de ter noticia....

Nada menos que ¡4 veces o tamaño de Xapón! mide este monte de basura flotante, composto de plásticos e demáis porcalladas que arroxamos a esa cousa antes chamada "océano", e agora máis coñecida como "vertedoiro".

Pois nada, nada, a contamiñar, a facer portos deportivos, a verque-lo lixo onde sexa, a ampliar portos a cementazo limpo...que total, 5 millóns de toneladas de basura non son nada para o que podemos chegar a contamiñar.

Aquí tendes o enlace á páxina web da revista muy interesante onde aparece a referencia a esta illa.
COMENTARIOS (1) - Categoría: Neuras en Xeral - Publicado o 13-06-2009 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
UN BURACO INNECESARIO
Seguindo coa serie de desfeitas ecolóxicas que azotan o planeta, veño de atopar unha nova mostra do estrano gusto dalgúns pola, na miña opinión, burrada sen sentido.

Resulta que o finado escultor Chillida proxectou excavar un MACROBURACO de 15 pisos de altura!! na montaña protexida de Tindaya, en Caarias, un enclave de alto valor paisaxístico, medioambiental e cultural, dado que alí se atopan unha gran cantidade de gravados dos antigos habitantes das illas. Agora o goberno insular ven de aprobar a declaración de impacto ambiental, e o futuro da montaña parece bastante sombrío.

Na páxina web do Museo Chillida recóllense declaracións do desaparecido escultor defendendo a obra, enumerando unha serie de nobres ideais que, na miña opinión, non precisan de semellante buracazo pra seren defendidos.

En fin, ahi vos deixo os enlaces ás páxinas do diario Publico, no que se recolle a noticia, e a do museo, onde teredes máis información do proxecto.


COMENTARIOS (0) - Categoría: NEURAS NEWS - Publicado o 30-05-2009 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O CANGAS SUBE Á ASOBAL
¡O CB.Cangas subiu esta mañán á liga asobal!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Banda deseñada - Publicado o 24-05-2009 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Desalgueironados
"Desalgueironado": dise do estado no que se vai quedar Cangas cando as excavadoras comecen a traballar na zona do Salgueión, Balea..etc...transformando un espacio precioso e de inmenso valor ambiental nun novo porto deportivo.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Neuras en Xeral - Publicado o 09-05-2009 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ÁREA METROPOLITANA, NON ASÍ

Tal coma os dirixentes de Vigo plantexan a futura área metropolitana, este podería ser o futuro da ría nuns anos....
COMENTARIOS (1) - Categoría: Banda deseñada - Publicado o 18-04-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
neurasdungalegoabraiado só se fai responsable dos comentarios emitidos polo creador deste blog, nunca dos comentarios dos lectores.