Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

arquipélago gulag [en historia]
vai moitos anos que tiña pendente ler este libro mítico. Máis pola sona que acadara que por interese propio. Sabía da desfeita que contara e algunha vez tentara lelo pero sen tempo nin costancia.
É un bo libro, ben escrito, mellor estruturado e sobre todo con contido. O autor escribe e describe o horror que viviu en primeira persoa. Resulta sorprendente que fose quen de xuntar tantos dados. Nin hoxe existe en españa un relato contundente dos campos de traballo do franquismo. Este home foi quen de describir un sistema de horror. Un sistema afeito a destruir todo e a todos. Calquera e inimigo do estado ou dos que din ser o goberno. Todos son cómplices do horror, por acción ou omisión. Que facer nun país que está en guerra, revolución e autoodio? Nada se podía facer. Todo e todos formaban parte dunha maquinaria represora, asasina e afeita a purgar inimigos certos ou inventados.

Calquera liña do libro e demoledora. O autor non da voltas nin tenta recrearse ou facer máis vendible o medo. O simple feito de ter existido campos de traballo... curiosa expresión. Pódese traballar a 30 baixo cero sen roupa, ferramenta e morto de fame? Claro que non. O obxectivo non era facer ningunha infraestrutura que tampouco tería uso nin xustificación. Todo era un xeito de purgar aos que poderían ter sido non afíns.
O sistema xudicial experpentico facía o resto. Para que xuzgaban á xente se as acusacións, as probas e os delitos eran falsos? Era necesario que o acusado confesase delictos inventados para acusalo de cousas absurdas e condeado a penas desproporcionadas.
Non penso que sexa un libro contra o comunismo. Comunistas tamén eran perseguidos e asasinados. Era unha sociedade en loita con si mesma. Sorprende que en plena guerra civil ou en guerra contra os nazis continuara ca súa loita interna. Sacando a soldados do frente (como o propio autor) para mandalos aos gulags.

O autor visitara españa nos tempos de franco convidado por íñigo para unha entrevista (o réxime gustaba moito de atacar os demáis sistemas ignorando as vergonzas propias) Non sei se cheguei a ver esa entrevista pero pareceume que si. Ademáis a descrición dela que facía íñigo era surealista. Parecía o autor un señor maior contando a guerra civil (tan ben coñecida agora) O propio autor eloxiaba a libertade na españa de franco porque vira nas rúas de madrid quioscos onde vendían xornais estranxeiros. Ignoraba el que en españa non se saben idiomas e á xente tanto lle tiña o que dixeran fora. Xa se ocupaba o réxime de desprestixar calquera crítica exterior.

O libro pódese ler e penso que aporta unha visión dunha etapa da historia. Axuda a entender a situación actual de rusia. Se alguén pensa que atopará unha descrición detallada do funcionmento dun gulag que o esqueza. Non é eso nin para eso. Non é un relato ao estilo dos campos de exterminio nazi. Os gulag non eran eso. Describe a maquinaria que mandaba a milleiros de km a millóns de persoas. Ese horror.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-09-2017 04:50
# Ligazón permanente a este artigo
inditex nas mesmas [en galiza]
vai demasiados anos que coñezo como funciona o imperio. Dicir que por coincidencias rematei vai moitos anos traballando para eles. Non foi algo buscado. Coincidiu ao 100% e dende o primeiro día incumpliuse todo o falado. Supoñíase que o chollo era na coruña e rematei en madrid preguntándome: que fago eu aqui? Anos despois repetiuse a mesma situación en Sabón, claro que para entón xa estaba máis afeito a que tenten enganar e puiden marchar en canto vin que a cousa ía para onde conven a outros, volver a madrid xa non colaba.

Pois vai uns meses volveu soar a frauta dende Arteixo. Outro chollo esta vez ca ocasión de ver como ía inditex on the road. Como trocara o xeito de traballar nas súas tendas, en facer as súas tendas. A cousa foi a mellor? Para eso xa hai opinións e polo que din os que traballan nesto dende vai máis tempo: non. Cobran menos, traballan o mesmo e seguen os mesmos mandando. Xente á que tanto lle ten os traballadores. Hai unha taxa de paro que permite rotar xente e con baixar o nivel xa tes onde contratar máis. Eso si, hai máis orde e parece que se tenta evitar o totum revolutum antigo. Ponse máis tecnoloxía pero ven a ser como darlle un iphone a un mono. Segue a ser un mono con iphone.

Podería dicir hoxe que faise o chollo co dobre de xente cobrando menos da metade que vai anos. Non sei se é bo repartir o chollo ata cobrar pouco máis de mil euros e ter que arrimarlle horas para ter un pouco máis de carto. Cada quen o pode xuzgar.
O nivel baixou tanto que xa as empresas só poden funcionar con contratas. Non son quen de atopar xente que colla os seus soldos baixos, categorías profesionais que son un insulto para a xente que leva anos na profesión.
Ninguén obriga a coller o chollo, e se es listo podes buscar un posto que non é do mellor pero canda menos che permite non estar queimado ou rematar agobiado.

En tres meses traballado para inditex que tes?
Nada. Nada se pode aprender de quen non quere saber. Falar de ensino ou formación sería un insulto a calquera cun mínimo de autocrítica.
Hai máis medios, moito do chollo faise fora de españa. As empresas tentan competir non só traballando para inditex senón fora da órbita amancio. Os problemas sempre foron os mesmos. A maioría dos que mandan non coñecen o mercado nin o que pasa ahí fora. Pensan que todo é cuestión de meter horas e presión.
Hai boa xente, dende o traballador que tenta facer o traballo como pode. Cos medios que lle dan e a formación que lle negan. E me lembran moito a min vai 20 anos. Demasiado parecidos.
É normal ter 10 accidentes nunha obra en tres meses? O último onte un que fixo un turno de 20 horas e se estampou co coche volvendo á casa... siniestro total e un brazo e outra perna mal.
E cando saín ese día pola porta me preguntaba un que viña de facer onte un turno de 16 horas e volvería ese día facer outro... e que podemos facer? Eu non podo facer nada... e os que poden facer algo nunca o farán. E os traballadores que fan?

Claro que un so accidente xa sería moito, demasiado. Para calquera que o sufre é unha experiencia dura. Algo se fixo mal e agora toca lembralo. Quen poidera evitar un só deses accidentes. Cantas horas tentando que a xente entenda a importancia de traballar seguro. Tempo adicado e que non foi dabondo. Non se podía facer máis. Loitar contra encargados que só pensan nos plazos que teñen e que impoñen as empresas. Que facer cando os propios traballadores non son conscientes da importancia de traballar seguro e con sentidiño. Canto tempo adicado a unhas medidas de seguridade incumpridas. Podes facer e esperar que outros sigan ese camiño. Non ten sentido que xente mal pagada, peor formada e con experiencia se desentenda de todo.

Por que cos anos só se ven os problemas pero non o xeito de solucionalos? Canda novo todo tiña solución e podía facerse

se alguén lle ofrecen traballar para inditex
e podería coller o chollo? A depende, se es novo e ven sendo o teu primeiro emprego ou dos primeiros a resposta é si. Inditex ten prestixio e viste no CV. Non perxudica ter traballado alí e podes ver moito de como é o sector. Non vas aprender todo pero si terás unha base e posiblemente che sirva noutros traballos. Se es un traballador con tempo e experiencia a resposta e non. Non o collas, verás moitas cousas que se fan mal. Que hai moita xente que está con cualificación baixa en postos para os que non serve, verás empresas que pensan que son a hostia e non teñen PI, viven do conto e do mercado cautivo. Fora de inditex non serían quen de competir nin cunha ett dirixida por un bolseiro sen soldo.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 02-09-2017 03:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal