Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rexistro de viaxeiros [en Hoteis]
Non me decatara, e levo anos viaxando e padecendo hoteis (a maioría malos e peor xestionados, que ten más delicto) Digo que non me decatara que me tiña que rexistrar Xa, si me rexistraba ao alugar habitación, claro. Pero cando ía acompañado só me pedían os datos dun. E agora (vai uns anos) resulta que piden os datos dos dous. ¿Por que e para que?


Resulta que despois de pedir explicacións en recepcións que non dan, o do pésimo servizo que dicía antes, é a policía quen esixe ter identificado aos viaxeiros ¿E que carallo lle importa á policía quen viaxa, a onde e con quen?

Resulta que todo ven da España franquista, si España foi franquista... e segue nas mesmas.

Decreto 1513/1959, de 18 de agosto
Dicía o avó que todo estaba atado e ben atado. O vello xa se sabe.
(artigo 2) toda persona mayor de dieciséis años, que se aloje en uno de aquellos establecimientos, deberá firmar un parte de entrada.

Lembra que estos partes de entrada eran follas que a policía cobra. Unhas míseras pesetas que ían aos petos (teóricamente) de orfos e demáis lacazáns do corpo.

Pois a día de hoxe temos a mesma normativa. Entón se había problema para identificar aos viaxeiros: chamada á garda civil, un par de hostias e todos contentos (se estaban eles contentos xa eran todos, os demáis tanto lles tiñan)

Agora IMPOÑEN esta normativa absurda, obsoleta e inconstitucional ameazando e estorsionando aos hoteis con multas se non "cumpren" a obriga de identificar viaxeiros.

Segundo sentenzas ACTUAIS unha habitación de hotel alugada é equiparable ao aluguer dunha vivenda. Non pode entrar a policía sen autorización xudicial. Se alugas unha habitación, das os teus datos e levas a alguén máis (sen pasar polo rexisto) que pasa?
-Chamarán á policía? para que? non poden entrar na habitación sen autorización xudicial e tampouco teñen maneira legal de obter os datos dos que alí están. ¿Para que serve entón a normativa esta franquista?

Segundo a policía é un xeito de identificar a delincuentes e terroristas. Es terrorista ou delincuente e andas por aí deixando os teus datos persois en hoteis? Pero son delincuentes ou parvos?

En ningures da europa occidental pasa algo así. Nin en portugal. Queren o teu número de tarxeta de crédito que é do que viven. O demáis tanto lles ten.

Mentras estas cousas absurdas pasen tentarei atopar un xeito de torpedear esta lei franquista-inútil. Claro está tamén hai que convivir co esperpento de que che dea o hotel (nunca mellor dito) un papel para asinar no que lles autorizas a ter os teus datos. ¿Estamos tolos? A policía obrígate a dar os teus datos e o hotel pide autorización para telos!
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 19-09-2013 02:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal