Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PP un partido non democrático [en Franquismo]
O PP non é un partido democrático. É un feito por asumido e dito non debe deixar de lembrarse. Carece de base democrática e non ten o máis mínimo respeto polos cidadáns. Os pagadores de impostos (todos nós, eles non pagan un can... son todos funcionarios parásitos) somos prescindibles. A nosa opinión sobra e non interesa a ninguén. Para eles as súas teimas franquistas son o día a día. Xente que nunca traballou en ningures. Sempre estiveron en empresas de familiares. Organizacións parasitarias da administración.

Temos o que votamos... o triste é que a alternativa e igual de pailana. Menos fascista pero incompetente.



Exemplo de uso da democracia e do servicio policial-franquista que temos. A policía pedindo identificacións sen motivo e negándose a identificarse
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-09-2012 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Luz [en Boimorto]
Veño de ver medio festival en Boimorto. A idea é boa e gustoume dende o primeiro momento. O rural galego teno case todo e falta case nada para ter a súa oportunidade que por problemas políticos (incompetencia) e caciquismo eclesiástico o teñen sumido na merda.

Co nome de Luz Casal polo medio a boa organización estaba asegurada. Os que chegan a riba sos son os mellores, saben do seu e teñen tablas. Ise é o caso de Luz Casal.

Merquei a miña entrada, para os dous días. Un fetival para recadar cartos contra o cancro non merecía facer contas entre gastar 10 euros por un día ou 15 polos dous. Xa me deixou mosca ter que pagar 50 céntimos de "comisión polas xestións" que cobrou o da tenda cutre de discos (si, todavía hai tendas de discos... en vinilo) pero como xa viña co chip do festival benéfico deixei a leria pasar.

Uns días antes caeu do cartel Manolo García, os anos non perdoan e os que quedan nótano. Pero tanto ten. O cartel era amplo e hacia Boimorto fun... Primeira sorpresa: o aparcadoiro custaba 3 euros un día e 5 polos dous do festival. Xa non era un chip o que tiña... agora necesitaba un microprocesador para seguir na onda do festival benéfico. A palanquei os 5 euros, todo sexa por ter o carro localizado na leira.
E o lugar tiña boa pinta e mellor organización. Soaba ben, había bo rollo no ambiente e a xente estaba concienciada de onde estaba. Para o que iba.

O da caseta da $GAE non entendín que pintaba alí. Era un festival contra o cancro e vai a $GAE?

O sonido era moi bo e Luz Casal demostrou que sabe, ten táboas e o que fai é con motivación. Deu un concerto digno dos seus fans e de convencer aos despistados. Quedamos todos contentos máis aínda cando tivo o detalle de chamar a "manoliño garcía" en pleno concerto e lembrarlle que alí estabamos e nos tivera gustado velo con nós.
A continuación subeu ao escenario a Chris Barron dos Spin Doctors Alí mesmo tocou Two Princes. No millo de Boimorto non se ten escoitado tanto ritmo xunto.

Di Elas veu despois do baño de música e multitud de Luz Casal. Son bos, pero como ben dicía un por alí. Luz enche soa o escenario. Tosar non e quen por moita xente que o teña alí. O bo de Tosar é iso: é bo e fala galego sen complexo. Como deberamos facer todos, pero non pasa diso.

Non entendin moi ben como se reparten os euros do festival. Tiñan unhas haimas nas que trocar os euros por anacos de cartón dun euro e papel de 6 euros, uns bonitos billetes por un lado ca imaxe de luz e polo outro de manolo garcía. Con iso se pagaba nos negocios que alí había. Pero como repartían logo iso non o vin explicado.

E xa o domingo non puido ser. Galiza ten clima de seu e ningúen pode dicir ren.

O ano que ven ameazan con outra volta á que espero ir.


Cousas mal feitas
Houbo cousas mal feitas. A primeira e máis grave na miña opinión é permitir que a $GAE teña caseta dentro do recinto do festival. É unha entidade prescindible e que non aporta nada.

Outro erro son os lagartos, os beneméritos non aportan nada. Non pode ser que non estean para dirixir o tráfico. (Saberán?) Pero cando remata a festa si están na porta... co globo. Alguén pensa que sexa ista a función desta pobre xente?
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 24-09-2012 02:09
# Ligazón permanente a este artigo
Quen dixo crise? [en Brico King]
Con istas "ofertas" non se entende que haxa crise... nas empresas digo. Porque a pouco que vendan rematan en Suiza.


Oferta bricoking
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-09-2012 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal