Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Maxonxo [en TDT]
Veño de ver a actuación de Petróleo (Luis Zahera) imposible esquecer a súa actuación en Mareas Vivas. O taberneiro retranqueiro pasouse á comedia, monólogos de actores din chamalo. A verdade é que se lle ve con soltura no escenario e o xeito de falar da asensación de proximidade.

Contaba as súas experiencias de rapaz e polos madriles. Todo con moita retranca e inxenuidade. De traca cando de pequeno dixo na escola que estivera no estranxeiro, en Ourense. Ou cando polos madriles cando lle ofreceron o papel de Pertur que el pensaba era un nome vasco e como lle comentara ao director que se soprendera de elexir a un galego pra un papel de vasco... tivéronlle que aclarar que Pertur non era un nome vasco. Era Pertur de... perturbado

O elemento
Pero non tódolos días son festa nen tódalas persoas trigo limpo. Así o teloneiro de Petróleo botouse ao monte. Está ben que un recoñeza as súas limitacións e o saiba. Claro que non vai ter todo o mundo o maxín de Gila ou a soltura de Piedrahita... non. Xa o sabemos. Pero de aí a ser un pequeno cela vai un mundo que él pasou. Síntese que non crease escola Moncho Borrajo

E non era nada
e non era nada
e estaba preñada


Xa deixa un pouco sorprendido que na galiza un actor non aproveite pra expresarse en galego. Pero Maxonxo non o fai e prefire o mesetario. Ata certo punto mellor. Escoitar a alguén dicindo que está cos israelitas... eche moi españolista. Pódese estar cos israelitas?
Penso que alguén confunde aos xudeos cos israelitas. Cos xudeos (ca súa persecución) se pode estar por solidaridade. Cos isralitas, un estado ilegal en territorios ocupados: pois non. Bombardear poboación civil non pode ser aceptado.
Pódese estar con pobo kurdo, estar co PKK xa é outra leria.

Que non se pode falar de nada, se queixaba. Claro que se pode falar de TODO. Aí están programas como Vaya Semanita no que se mofan de todo canto pescan. Dende os partidos políticos ata ETA pasando polos habitantes das distintas cidades de Euskadi. Pero claro, o fan con cabeza e sendo sempre críticos con todo. Non rin do PP pero non do PSOE ou fan mofa de ETA. Hai que saber e ti...

Maxonxo
Insiste e persiste cas súas teimas. Hai moito antifranquista que non foi tal. No seu momento pensaban que estaban en contra de franco pero co tempo decatáronse (algúns) que o seu era ocupar o posto dos franquistas, o seu poder. E como non pode ser pois así estamos. Pásalles como aos vellos ca TDT, ca primeira e segunda cadea movíanse pero enter 50 canais pérdense e non son quen de elexir e centrarse.

Maxonxo TDT é un exemplo de libro. Por moito que agarde aos aplausos e ruxe ruxe de fondo pra dicir: La Coruña di La Coruña cando estea o teatro calado e atento. Non serías o primeiro ao que lle berran: A Coruña

Ben o dicía Sánchez Dragó: homor o teñen os galegos os andaluces teñen gracejo
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 11-09-2010 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal