|
|
|
che asesino, nas pantallas [en Cines] |
|
estrenase outra película perpetrada sobre "o che"

O che en calquera dos seus momentos
Benicio del toro con máis desvergonza que ideoloxía di que calquera que poña unha camiseta do che comprende a súa "ideoloxía"
Os asasinos teñen ideoloxía?
Pensa alguén nunha película adicada a menguele (que viña a ser da mesma profesión co che)? Que dirían as súas víctimas?
O che fixo o seu chollo: instaurou o terror en cuba (ata hoxe e mañá, me temo) matou a cantos se opoñían á "revolusión" e se non había dabondo con matar a ises matou a algúns máis pra escarmento de posibles disidentes. La Cabaña nas mans do che foi un campo de exterminio onde un demente asesinou a centos de persoas
Nas pantallas a súa homenaxe
Homenaxe a un vividor
Homenaxe a un asasino
Homenaxe a un impresentable
Homenaxe a un xenocida
Homenaxe... a un temmpo sen memoria nen xustiza
Efectivamente
Vista a película. É iso, unha película. En concreto pra yankis. Tal como a narran (da noxo e ata parece unha caricatura) tes a impresión de que son un grupo de pallasos disfrazados de hippis que tentan derrocar ao exército de pancho villa
A historia está tan limitada no tempo que algúns momentos se perden por non haber prespectiva. Non se entende aos manifestantes contra o che ou ao mesmo che xustificando fusilamentos. Isa parte da historia (a peli remata camiño da habana) non se ve. Non se ve ao che asasinando en La Cabaña. Ise odio, o terror que xerou alí... todo iso tal como está contada a historia da película non se ve
No colmo da desvergonza di "o che": "el verdadero revolucionario está guiado por grandes sentimientos de amor : Amor a la humanidad, a la justicia y a la verdad"
Di que si campeón, ben que fusilaches en La Cabaña aos que dixeron non |
|
|
|
aznar nas azores [en EX] |
|
o ex presidente, ex mandatario, ex dirixente, ex político... Ex -> EX texm Ex aznar de todas las guerras créanle, hay armas de destrucción masiva en iraq segue a tentar vender as súas pallas mentais. Cando a guerra de iraq non escoitou ao pobo. Máis do 80% en contra da guerra. A el tanto lle ten: sacou á policia a agredir aos cidadáns
Agora segue R que R a dicir que foi un fito histórico a foto que condeo a centos de miles de iraquís á morte. O meirande fito de españa en 200 anos! E non lle cae a cara de vergonza ao dicir

|
|
|
|
los fumadores no te olvidan [en Lei] |
|
RIP
Este escaparte fallecio el día
1 de enero de 2006 a causa de
la ley antitabaco
Sus admiradores, amigos y
clientes ruegan un minuto de
silencio en su memoria

Nos cemiterios se pode ver aos "admiradores" do tabaco |
|
|
|
Los girasoles ciegos [en España] |
|
e logo vostede é alemán? Non, non, eu son de Betanzos

A película baseada no libro do mesmo nome escrito por Alberto Méndez é no cine actual da españa un producto digno. Os recursos son limitados pero a idea e resolución está presentado de xeito válido
A "acción" está desenvolta no Ourense dos anos 40. O fascismo segue ca súa teima que duraría ata os últimos días do dictador: exterminar a calquera inimigo
Desta vez a película fala da represión ca que colaborou a igrexa católica. Unha participación activa no xenocidio, persecución e depuración da sociedade: unha, grande e libre fascista españa |
|
|
|
|
|
|