200 anos de imperialismo económico non podían rematar polas casas prefabricadas dos pobres
USA están en creba e deben ser coherentes. Cando gañaban cartos quedaban con eles agora que os perden que os ricos e accionistas queden sen un can. Viva o libre mercado e o peche dos parvos
Iste é un de ises carteis que ves pola rúa e sorprende por varios motivos. O primeiro e non sabendo nada da festa por que exista aínda xente que se movilice por melloras no pobo. A outra pode ser pola nula estética na presentación
manifa en narón
Cando foi a última manifa en narón? Pode que vai anos cando o tráfico de fariña en freixeiro. Entón a policía negábase a rematar co tráfico na zona. Non facían nada nen o pensaban facer
En freixeiro se segue a traficar con droga pero pode que agora xa non teña o descaro que naqueles tempos
en narón hai gato dende vai vinte anos
En tódalas eleccións fala de proxectos de futuro. Vinte anos de alcalde e ten cousas pra o futuro por facer!
domingo 28 de setembro ás 11:00 horas (antes da misa)
-as acometidas do alcantarillado son as máis caras da comarca !!!??? é vostede promotor inmobiliario? O primeiro motivo pra facer manifa: o alcantarillado, que é caro
-regulamento de participación cidadá imposto logo non se pode un negar a participar! Lembrar tamén que os que van con gato nas listas son das propias asociacións de veciños
-un dos concellos con peores servicios e máis caros impostos isto pode que sexa novo, 20 anos agora hai que prostestar
-sen apenas parques e zonas verdes véxase google earth
-sen igualdade entre ruaral e urbano ise é un bo motivo
-empresas contaminantes e paro ANDA LA HOSTIA! Así que cando ampliaron megasa onde estaba ista xente?
-máis impostos estanse a repetir?
-12 millóns de euros nun teatro (soa a recheo) e se fose campo de fútbol queixaríanse?
-Servicio de autobuses ridículo e caro Transporte universitario, onde hai campus en narón?
-40 000 habitantes o parque de bombeiros é pra a comarca. Entre policía nacional (comiaría ferrol-narón), cuartel da garda civil de xuvia e policía local son 32?
-sen recollida selectiva de lixo narón tivo a primeira recolida selectiva de vidro da comarca. E a día de hoxe ten ata punto limpo
-incumplimento do programa electoral gato incumplindo o que di?
E todo iso vai asinado por:
-As agrupacións de vv do rural. Entre as cales hai menbros no goberno de gato
Colaboran
-Os grupos políticos. Que se ve non teñen nada que ver ca desfeita. E ollo que pon GRUPOS non só o PP
-AAVV da zona urbana. Nos cales tamén hai persoas no goberno de gato
-APAS (e istos que pintan aquí?)
-Asociacións de maiores
Bótase en falta ás amas de casa
Cofradía de mariscadores
Sindicatos
Asociacións culturais e deportivas
Asociacións ecolóxicas
Asociación de empresarios
ista é unha extraña crise a que vivimos. Houbo na españa outras. A da resaca do 92. Fundiuse tanto que non había pra gastar, máis que nada por aburrimento. E outras posteriores. Pero ista está aquí. En todas partes. Ninguén sabe moiben como se chegou a ista situación. Coinciden todos en que as hipotecas lixo de USA son a orixe
Moitas casiñas de dios hai que facer pra tumbar e economía USA
Se o chega saber bin laden translada os negocios familiares do tixolo a USA
Moi ben o dicía un senador de USA: non tiñamos cartos contra a pobreza e agora temos 700 000 mil millóns de euros pra wall streed. Que isa é outra. Os que non temos cartos pra xogar en bolsa nunca veremos un can do que alí se move. Pero eles xogan e cando perden pagamos todos
Nesta merda na que estamos pillados todos. Se saímos aprenderán algo? Por que se permite especular a descerebrados encorbatados? Peta a empresa pero eles seguen cobrando.
O colmo da desfachatez de todos istes é que cando gañaban cartos botaban xente. Agora hai crise, botan xente. Pero hai que fixarse en que todos ises ERE son sempre aos traballadores. Non chimpan aos xefes!
Din que a banca non debe arriscar agora. Nen nunca máis. Nada de financiar préstamos de risco. Manda carallo! Os que algunha vez fumos buscar cartos ao banco (a cara descuberta) vimos que non dan nada... boeno si. Dan polo cu
Entón xa sabemos como será dende agora. Os bancos cobrarán por todo (como putas que son) Non esperen obter beneficios doutro xeito
Así que xa sabemos: serán parásitos económicos
Extraña crise inmobiliaria
Crise que non baixa prezos nen liquida. Non hai gangas nen se ven chalés a cen mil euros. Din que hai crise no sector dos carros. Cal foi a baixada de prezos? 1%
Se vas negociar a merca dun carro fanche máis desconto!
os de sé lo que hicisteis (dito así menos en Cable R) veñen de ser condeados a non empregar as imaxes de telecinco
Non lles fixeron puto caso, nen hai que dicilo
Isto das leis intelectuais e de propiedade son algo tan lonxe da actualide que lembran ao dereito de pernada. Pode alguén impedir repetir o que outros din? Parace ser que algún pensa en facer o seu pequeno cortello. Pecharse dentro e cobrar peaxe
unha das cousas que máis me chama a atención en Portugal é que nos centros comerciais hai librarías. Poderíamos pensar que son como as de aquí que venden xornais, revistas e libros de peto. Pero non. Alí as librarías con fondo. Teñen libros de literatura, historia, matemáticas, deseño... Danlle a todo. Asombra que ao lado de onde venden hamburguesas podas leer a pesoa
Eles o ven normal. E hai xente que vai alí buscar o libro que nutra a mente. Esto é impensable pra nós. É certo que os centros comerciais de portugal teñen máis nivel que na españa. Vese que están máis coidados. Parécense a El Corte Inglés na españa. Alí como non teñen unha gran marca coma isa pois buscan algo de exlecencia pode
Non entendo como aquí pode haber centros comerciais sen libraría. O normal sería o que hai en portugal. Pero non, non hai. E nalgún nen sequera teñen quiosco. O mcdonalds cultural