Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

viva USA [en Guantánamo]
os usa veñen de venderse


200 anos de imperialismo económico non podían rematar polas casas prefabricadas dos pobres

USA están en creba e deben ser coherentes. Cando gañaban cartos quedaban con eles agora que os perden que os ricos e accionistas queden sen un can. Viva o libre mercado e o peche dos parvos
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 29-09-2008 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
manifa [en Narón]

manifa en narón

Iste é un de ises carteis que ves pola rúa e sorprende por varios motivos. O primeiro e non sabendo nada da festa por que exista aínda xente que se movilice por melloras no pobo. A outra pode ser pola nula estética na presentación

manifa en narón
Cando foi a última manifa en narón? Pode que vai anos cando o tráfico de fariña en freixeiro. Entón a policía negábase a rematar co tráfico na zona. Non facían nada nen o pensaban facer
En freixeiro se segue a traficar con droga pero pode que agora xa non teña o descaro que naqueles tempos

en narón hai gato dende vai vinte anos
En tódalas eleccións fala de proxectos de futuro. Vinte anos de alcalde e ten cousas pra o futuro por facer!

domingo 28 de setembro ás 11:00 horas (antes da misa)
-as acometidas do alcantarillado son as máis caras da comarca
!!!??? é vostede promotor inmobiliario? O primeiro motivo pra facer manifa: o alcantarillado, que é caro

-regulamento de participación cidadá imposto
logo non se pode un negar a participar! Lembrar tamén que os que van con gato nas listas son das propias asociacións de veciños

-un dos concellos con peores servicios e máis caros impostos
isto pode que sexa novo, 20 anos agora hai que prostestar

-sen apenas parques e zonas verdes
véxase google earth

-sen igualdade entre ruaral e urbano
ise é un bo motivo

-empresas contaminantes e paro
ANDA LA HOSTIA! Así que cando ampliaron megasa onde estaba ista xente?

-máis impostos
estanse a repetir?

-12 millóns de euros nun teatro
(soa a recheo) e se fose campo de fútbol queixaríanse?

-Servicio de autobuses ridículo e caro
Transporte universitario, onde hai campus en narón?

-40 000 habitantes
o parque de bombeiros é pra a comarca. Entre policía nacional (comiaría ferrol-narón), cuartel da garda civil de xuvia e policía local son 32?

-sen recollida selectiva de lixo
narón tivo a primeira recolida selectiva de vidro da comarca. E a día de hoxe ten ata punto limpo

-incumplimento do programa electoral
gato incumplindo o que di?

E todo iso vai asinado por:
-As agrupacións de vv do rural. Entre as cales hai menbros no goberno de gato
Colaboran

-Os grupos políticos. Que se ve non teñen nada que ver ca desfeita. E ollo que pon GRUPOS non só o PP

-AAVV da zona urbana. Nos cales tamén hai persoas no goberno de gato

-APAS (e istos que pintan aquí?)

-Asociacións de maiores

Bótase en falta ás amas de casa
Cofradía de mariscadores
Sindicatos
Asociacións culturais e deportivas
Asociacións ecolóxicas
Asociación de empresarios

Quen sabe, pode que vaia ata gato
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-09-2008 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Extraña crise [en Economía]
ista é unha extraña crise a que vivimos. Houbo na españa outras. A da resaca do 92. Fundiuse tanto que non había pra gastar, máis que nada por aburrimento. E outras posteriores. Pero ista está aquí. En todas partes. Ninguén sabe moiben como se chegou a ista situación. Coinciden todos en que as hipotecas lixo de USA son a orixe

Moitas casiñas de dios hai que facer pra tumbar e economía USA
Se o chega saber bin laden translada os negocios familiares do tixolo a USA

Moi ben o dicía un senador de USA: non tiñamos cartos contra a pobreza e agora temos 700 000 mil millóns de euros pra wall streed. Que isa é outra. Os que non temos cartos pra xogar en bolsa nunca veremos un can do que alí se move. Pero eles xogan e cando perden pagamos todos

Nesta merda na que estamos pillados todos. Se saímos aprenderán algo? Por que se permite especular a descerebrados encorbatados? Peta a empresa pero eles seguen cobrando.

O colmo da desfachatez de todos istes é que cando gañaban cartos botaban xente. Agora hai crise, botan xente. Pero hai que fixarse en que todos ises ERE son sempre aos traballadores. Non chimpan aos xefes!

Din que a banca non debe arriscar agora. Nen nunca máis. Nada de financiar préstamos de risco. Manda carallo! Os que algunha vez fumos buscar cartos ao banco (a cara descuberta) vimos que non dan nada... boeno si. Dan polo cu
Entón xa sabemos como será dende agora. Os bancos cobrarán por todo (como putas que son) Non esperen obter beneficios doutro xeito

Así que xa sabemos: serán parásitos económicos

Extraña crise inmobiliaria
Crise que non baixa prezos nen liquida. Non hai gangas nen se ven chalés a cen mil euros. Din que hai crise no sector dos carros. Cal foi a baixada de prezos? 1%
Se vas negociar a merca dun carro fanche máis desconto!
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 24-09-2008 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
SLQH fora de xogo [en TV]
os de sé lo que hicisteis (dito así menos en Cable R) veñen de ser condeados a non empregar as imaxes de telecinco



Non lles fixeron puto caso, nen hai que dicilo

Isto das leis intelectuais e de propiedade son algo tan lonxe da actualide que lembran ao dereito de pernada. Pode alguén impedir repetir o que outros din? Parace ser que algún pensa en facer o seu pequeno cortello. Pecharse dentro e cobrar peaxe
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 22-09-2008 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Librarias nos centros comerciais [en Portugal]
unha das cousas que máis me chama a atención en Portugal é que nos centros comerciais hai librarías. Poderíamos pensar que son como as de aquí que venden xornais, revistas e libros de peto. Pero non. Alí as librarías con fondo. Teñen libros de literatura, historia, matemáticas, deseño... Danlle a todo. Asombra que ao lado de onde venden hamburguesas podas leer a pesoa

Eles o ven normal. E hai xente que vai alí buscar o libro que nutra a mente. Esto é impensable pra nós. É certo que os centros comerciais de portugal teñen máis nivel que na españa. Vese que están máis coidados. Parécense a El Corte Inglés na españa. Alí como non teñen unha gran marca coma isa pois buscan algo de exlecencia pode

Non entendo como aquí pode haber centros comerciais sen libraría. O normal sería o que hai en portugal. Pero non, non hai. E nalgún nen sequera teñen quiosco. O mcdonalds cultural
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 20-09-2008 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal