Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

galiza asoballada [en USA]
penso e o digo que non debería haber ningunha bandeira. Un trapo pendurado dun pau debe ser a colada, nunca o honor dun pobo e moito menos a escravitude doutros

Iso é inexplicable (na miña opinión)

bandeira de afganistan (eles lle chaman USA) na ría de betanzos

Que carallo fai a "barras (americanas) e estrelas (fogueteiras)" nunha ría jalleja? Porque esta iso ahí? Quen é o perpetrador se semellante infamia?

Onde naceu, vive e se dexenerou alguén pra ir a outro país e prantar un trapo nun chalé da costa a milleiros de km da súa... que carallo é USA?

Esta xente saberá que é Galiza?


Exemplo de como tratan nos USA aos que lles fan o feo mentras soa o seu himno. Podería alguén poñer unha bandeira que non fose a yanki na súa casa en USA?
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 29-08-2008 01:41
# Ligazón permanente a este artigo
vino del abuelo [en Franco]
o outro día presentouse un cunha botella de viño (ise era a cor que tiña o líquido)
Resulta que na etiqueta estaba su excelencia o claudillo de españa!

O viño é malo con ganas. Tamén hai botellas ca etiqueta de aznar, fraga, tejero... xa se sabe que adictos ao réxime hainos en case tódalas partes


Viño un, grande e libre
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-08-2008 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
elitismo geek, corporativismo nerd [en Web]
da que pensar as posibilidades da rede e ao final pra o que se emplea. Nun principio era a www o elitismo de físicos e científicos en compartir información, investigacións no CERN

Agora son os irelevantes geek os que monopolizan a rede cas súas pallas mentais. Os seus trastos inútiles e ise autobombo a toda pastilla que practican

Onde está a xente normal? Onde están os que poderían falar de cousas interesantes. Algo afastadas e minoritarias pero que poideses ler e aprender. Paso horas, días, semanas, meses a ler e postear na rede e a trivialidade parece inmensa. Vivimos na nada

Nada soy
nada tengo
nada digo
nada sé


E así perdemos unha morea de tempo discutindo obviedades con cegos. Razonando con parvos. E falando con mudos e xordos

Todos temos a culpa, ninguén acepta responsabilidades. Dalle pra diante que xa escampará!
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-08-2008 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
proxecto sobre a ría [en Rande]
tiña pensado darme de baixa en flickr da subcripción ás fotos sobre galiza (demasiado pailán turista) pero está visto que ás veces hai boas aportacións


Calidonia http://www.flickr.com/photos/calidonia/ aporta varias imaxes interesantes
Non se entende que en flickr non se premie aos que realmente suben fotos interesantes e que aportan algo bo

A ponde de Rande por varios motivos fáiseme amiga. Traballei para a empresa que a construiu e na universidade a asignatura de resistencia de materiais dábase cun libro que tiña esa ponte na portada. O libro estaba escrito por un dos enxeñeiros que a deseñara e fixera os cálculos estructurais. O libro era só de teoría pero tiña moito interés. No seu momento a ponte de rande foi a ponte de formigón máis grande do mundo

De tódolos xeitos 200 millóns de euros son moitos cartos pra unha ampliación dunha ponte
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 24-08-2008 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
no me mires, no me mires... gelo [en Déjalo]
o alcalde cascarilleiro das mariñas (comunista promotor inmobiliario) adicoulle unha morea de chatarra enferruxada ao asasino ernesto che guevara

Non contento con cometer prevaricación na perpetración da estatua puxo cámaras de tv sen autorización máis que de si mesmo. A primeira cámara tívoa que papar enteira. Tras facer o ridículo espantoso cando ao enferruxado asasino che lle puxeron dous coloretes por banda

Os comunistas voltan á carga e poñen non unha senon dúas novas cámaras de tv. Esta vez xa na mesma rotonda onde enferruxa ao sol o busto do asasino


Nen puto caso á legalidade. Gelo pon cámaras no monumento ao asasino
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 22-08-2008 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal