Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bibliotecario pillado en bragas [en wikipedia ES]
Veñen de pillar na wiki ES a un bibliotecario baneando usuari@s sen motivo. ¿Existe algún motivo para banear a un usuario? Segundo este presunto colaborador da wiki ES: tanto ten. A wiki é súa e folla cando lle peta. A wikipedia é súa.

Banear e punto. Tanto ten se tes razón, es un lacazán mentireiro ou directamente: un I N C O M P E T E N T E con tódolas letras. A el e á demáis leria de bibliotecarios corporativistas pailáns tanto lles te. Tivo que ser un usuario o que propuxese chimpar ao prepotente bibliotecario. Impensable que os presuntos admins miren polo bon do proxecto, primeiro salvar o seu cu. Os demáis nada fixeron a prol dos usuarios, obviamente. Preferiron o corporativismo mafioso non vaia a ser o demo que sexan eles os seguintes.
Pódese ver aquí o esperpento da situación -> http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Revalidaci%C3%B3n_de_bibliotecarios/Hprmedina

Ten máis votos ao seu favor o bibliotecario que os usuarios baneados.

Para os que coma min tanto lles ten todo isto poñelos en situación: O tal bibliotecario e un (dos moitos) bibliotecarios da wiki ES que defende (baneando) a política toponimica pro franquista da wikipedia.

E como xa sabemos onde está cada un, e como rematará todo, pois a seguir xogando e que todo siga igual... igual de mal.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-07-2014 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal