Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

peta chuza! [en ben feito]
Por fin o enxendro de chuza! pecha.



Xa ía sendo hora. Os que padecimos isa páxina non podemos por menos que lembrar algunhas das desfeitas perpetradas alí

Tentamos aportar á páxina: recibimos merda. Insultos e desprezo. Na páxina tiñan acubillo os amigos da mafia. Calquera que non fose da súa corda tiña que loitar contra todo. Votos negativos en masa. A portada non chegaba un usuario de xeito doado. Habia novas que inexplicablemente non chegan a ningures. Un caso escandaloso foi a nova sobre a blogueira galega de máis e 80 anos. A nova deu a volta varias veces ao mundo. En chuza foi descartada polos de sempre. Non a enviaban eles, non era da súa corda.

mafia
Outro exemplo da bimbio de medir (máis ben do trabuco co que romper fociños) foi o caso dun membro de isa mafia que enviou 20 novas e as 20 chegaron a portada.

irrelevante
Outra nova enviada por min foi que en google earth poñía El Ferrol del Caudillo a nova foi descartada pero o asunto chegou ata o parlamento español e google modificou a súa páxina. Irrelevante todo pra a mafia

papar
Cada certo tempo o perpetrador da páxina organizaba xuntanzas cos seus pra papar. Lembremos que nunha de isas xuntanzas se adicaron a tirar fotos ás tetas das asistentes. Como podemos ver así é como se sinte un identificado cunha web. Iso pensarían eles? Así é como pretendes durar na rede?

censura
berto nunca quixo escoitar queixa algunha. Non aceptou ningunha proposta de mellora. Metéuselle na cachola "implementar" os votos negativos aos comentarios. Foi advertido: iso é máis censura. Non o quixo ver. Deixou que os de sempre impedisen opinións que non fosen da corda dos de sempre: os parásitos da páxina

Os novos usuarios xa vían que era imposible chegar a portada sen karma nen apoio mafioso.

Como a cousa non ía. Seguía sendo dificil impedir opinións non capadas bertiño acudiu ao gurú do clon laranxa. A pedir melloras no soft? Nooooonnn. Foi pedirlle código pra banear usuario (e digo ben: usuario) para banear o nick Nemigo.

Pero a cousa non remaotu aí. Non contento con deixarme sin nick baneou a IP ca que accedía eu estando en Letonia. Vese que ir a defenderme de acusacións 100% falsas como que tiña varios nick a el lle molestaban.
Pra iso se move iste home. Pois nada rapaz, sigue así. Sempre podes dicir que non continúa chuza por falta de interese

Hoxe a realidade patea fuciños. Os que facían de trolls e spammers en chuza. Amigos de bertiño non son quen de manter aquelo. Hai que pechar. Xa se sabía... boeno non. Sabíamolo algúns que o advertimos. Hoxe o que se vive é a realidade

Chuza peta. Galiza continúa: 1000 primaveras máis

Hoxe xa hai alternativas en galego ->

http://enmovemento.movemento.org/upcoming.php
Comentarios (4) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 24-07-2010 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
contencioso administrativo [en ribadeo]
Ribadeo é unha vila moi interesante. Non parece moi galega pero tampoco é asturiana

Hoxe publica El Progreso de lugo que o alcalde ven de ameazar aos veciños con denuncialos. Pero ollo, que ninguén se equivoque o señor alcalde (coido que é do pp) ameaza aos veciños con denuncialos diante (ou detrás) do XUZGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO tal cual di o alcalde

http://elprogreso.galiciae.com/nova/57473.html

Ao señor alcalde non houbo ninguén no concello que fose quen de explicarlle que o xuzgado do concencioso administrativo é iso e pra iso. Para que os CIDADÁNS denuncien e se defendan da administración. O mundo ao revés
Calquera día lemos na prensa que algún veciño ponlle unha multa á garda civil
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 06-07-2010 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal