Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

che gelo medindo ferrados [en facha]
gelo o alcalde comunista do concello burgués de oleiros non deixa de abraiar. Negado en historia (en historia cubana) amosa ser outro paquete en matemáticas. Publica en vierios que os "manifestantes" que acudiron á inauguración da estatua ao che eran 500 quiñentos, que diría algún por ahí

http://www.vieiros.com/nova/67547/habia-catro-fascistas-das-barras-americanas-que-cobraron-20-euros-por-vir-facer-ruido

No enlace anterior vese unha foto dos asistentes. Alguén cre que ahí teñen 500 personas?

20 minutos publica que o número de asistentes foi de 300

http://www.20minutos.es/noticia/393961/0/che/oleiros/coruna/

Por que di gelo 500 (en que se basea) e porque di 20 minutos 300?

Se acudimos a google planimeter http://acme.com/planimeter/ podemos facer as nosas propias medicións de superficie. Vese así ->


A superficie indicada en verde é a ocupada polos gelos boys

Sae 300 metros cadrados Ise é o xeito de calcular o número de asistentes a unha manifestación. Tanta superficie, tantos asistentes. Hai máis fotos nas que se pode comprobar que non eran máis ->


Aclarado o número de asistentes vamos polos da contra

Di o dicharachero alcalde: "Había catro fascistas das barras americanas que cobraron 20 euros por vir facer ruído" Dixit do tolerante alcalde

Sonche cousas de gelo

Subidos á beirarúa no lado esquerdo (onde están os picoletos) estabamos os "4 fachas de barra americana" (gelo dixit)

Non eramos moitos, certo. Pero eramos máis de catro gelo. Só pra suxeitar as dúas pancartas nas que poñía "quecheden" e "asasino" xa tes o cupo cuberto dos teus números. As "pancartas" eran sábanas brancas, trozos de sábana pintadas e suxeitas por dos paus de escoba de madeira. Tal cual
Pagáronlles 20 euros e non tiñan nin pra pancartas? Gelo, que os da cia viñeronte a espiar a ti vai anos e dicían que os descubriron porque pedían sempre hamburguesas. Quedou algo de paranoia en oleiros despois diso, me temo

O de fascistas tería gracia se non fose polo patético da cousa. Os que levaban isas pancartas eran cubanos exiliados, reprasaliados pola dictadura cubana. Un deles tiña un familiar asasinado polo che. Era ver a cara de asombro ollando pra os gelo boys chamándolles fascistas pra saber ben ás clara quen era quen

Fascistas das barras americanas? Pero de onde sacará iste home isas cousas?

Ah, gelucho pra que a próxima vez non fagas o ridículo (cos números digo que en política é imposible) déixoche o enlace a unha páxina na que podes ver (que non aprender) a calcular o número de asistentes a unha manifa http://manifestometro.blogspot.com/

Para os máis botados pra diante, información sobre a "historia" do che e os seus "méritos" http://members.aol.com/Guanabacoa/che.html
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-07-2008 03:10
# Ligazón permanente a este artigo
e mail público pra o BNG [en Oleiros]


O BNG é un partido contradictorio e acomplexado de si mesmo. En Catalunya ou Euskadi os partidos pensan en gobernar pra si mesmos, pra a súa terra. Pensan no seu pobo. O BNG ten medo de pedir o que é seu e defender o que é de todos

Situacións absurdas como pedir en Madrí a ampliación da planta ilegal de Reganosa ou seguir ca desfeita da cidade da (in)cultura son botóns

Ao BNG en Oleiros pásalle algo parecido ao que quere quedar ben con todos. Non pode ser

Di estar en contra do alcalde, do seu xeito de actuar pero non fai ren contra iso. Di entender as protestas contra a escultura ao che pero pide desculpas á dictadura cubana e manifesta respeto e admiración por un asasino

Testemuña do asasino che

http://gonlor.blogcindario.com/2005/07/00174-a-los-que-pasean-la-cara-de-un-asesino.html


El Nuevo Herald digital el 28 de diciembre de 1997: Cómo asesinaba el Che. Su autor es Pierre San Martin (pseudónimo)
Eran los últimos días del año 1959 (...)

Cerca del paredón donde se fusilaba, con las manos en la cintura, caminaba de un lado al otro el abominable Che Guevara.

Dio la orden de traer al muchacho (de uns 10 ou 12 anos, o seu pai fora asasinado antes) primero y lo mandó a arrodillarse delante del paredón. Todos gritamos que no hiciera ese crimen, y nos ofrecimos en su lugar.

El muchacho desobedeció la orden, con una valentía sin nombre le respondió al infame personaje: 'Si me has de matar, tendrás que hacerlo como se mata a los hombres, de pie, y no como a los cobardes, de rodillas'.

Caminando por detrás del muchacho, le respondió el Che: 'Xon que vos sos un pibe valiente'...

Desenfundando su pistola le dio un tiro en la nuca que casi le cercenó el cuello.

Todos (os presos) gritamos: asesinos, cobardes, miserables y tantas otras cosas más. Se volteó hacia las ventanas de donde salían los gritos y vació el peine de la pistola. No sé cuántos mató o hirió (...)




http://www.blogsnacionalistasgalegos.net/finaquintans/index.php/2008/06/27/manifesto-ao-consulado-de-cuba-e-a-comunidade-cubana-en-galiza-o-meu-mais-fondo-respeito-e-admiracion-polo-che-guevara/

"Quero manifestar ao Consulado de Cuba e á comunidade cubana de Galiza o meu máis fondo respeito e admiración pola figura do Che Guevara, a quen considero merecedor de todas aquelas homenaxes que se lle tributen" bng de oleiros

"Quero amosar o apoio do BNG ao pobo cubano, aos seus representantes, e aos seus referentes históricos na loita antiimperialista e pola dignidade, da que son un exemplo para o conxunto dos pobos do mundo" bng de oleiros
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-07-2008 02:17
# Ligazón permanente a este artigo
BNG de Oleiros [en impresentable]

Plataforma quecheden gelo-che


O acontecido o pasado sábado en Oleiros durante a inauguración do "monumento" ao che asasino guevara é unha de isas cousas que non esqueces na vida

Foi abafante que unha presunta xornalista se rebaixe a tentar xustificar despilfarros de cartos públicos dicindo que os demáis partidos PP, PSOE e BNG gastan máis na cidade da cultura. Señora, os petos dos cidadáns. Os petos dos que saen os cartos para ambos despropósitos son os mesmos: os nosos

Escoitar o discurso demagóxico dun alcalde comunista promotor inmobiliario falando da manipulación dos cidadáns polos políticos (doutros cidadáns que non lle votan a el e manipulado por outros políticos) tería gracia se non fose dunha hipocresía e desvergonza sen límite

Un asasino é asasino tanto se mata en nome da dereita como da esquerda. Uns matan máis e a máis xente pero todos eles son asasinos. Non se pode facer un momunento nin homenaxes a asasinos. Estamos deslexitimados para criticar aos demáis se estamos a facer o mesmo que eles

O BNG de oleiros negouse a particidar-non foi invitado a isa inauguración. Podiamos pensar que se desentende da mesma e non está de acordo. Pois non é así -> O BNG DE OLEIROS MANIFESTA AO CONSULADO DE CUBA E Á COMUNIDADE CUBANA EN GALIZA O NOSO FONDO RESPEITO E ADMIRACIÓN POR ERNESTO CHE GUEVARA (sic)

Amosa o seu fondo respeto á comunidade cubana na galiza? OLE TUS GUEVOS Iso é botarlle moitos pero que moitos guevos. A comunidade cubana na galiza di. A toda a comunidade cubana na galiza? Tamén aos que tiveron que exiliarse? Os que foron perseguidos e teñen familiares asasinados entre outros polo che? As víctimas da dictadura cubana amosanlles o seu respeto e admiración por ernesto che guevara! Ás víctimas do che?

http://www.blogoteca.com/bngoleiros/index.php?cod=42258

Desde o BNG de Oleiros amosamos o noso apoio ao pobo cubano, aos seus representantes, e aos seus referentes históricos na loita antiimperialista e pola dignidade da que son un exemplo para o conxunto dos pobos do mundo (sic)

Representantes do pobo cubano Que tíos máis grandes os do BNG de oleiros! Saberán eles que os "representantes" do pobo cubano NON foron elexidos polo pobo cubano. Que non foron elexidos libre e democráticamente? Claro, se non saben isto como van saber que o che matou a centos de persoas. Dignidade é o que lle falta ao BNG de Oleiros

psoe de Oleiros
Máis acertado nas súas posicións políticas e municipais está o psoe no seguinte comunicado ->
http://www.oleiros.biz/html/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=218&mode=thread&order=0&thold=0

Agora si, o texto den data de 1 de xullo e nel fálase da manifestación do venres e da inauguración do sábado (27 e 28 de xuño respectivamente)
Como se soe dicir: a toro pasado, todo son vueltas
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 03-07-2008 03:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal