|
|
|
netiqueta pra trolls [en Web] |
|
Veño de sorprenderme ao ver que non hai netiqueta pra tolls! Os troll, os máis citados na web por web(on) master (xunto coas súas nais) non teñen folla de ruta www. Incrible!
Curiosamente as netiquetas son para que os usuarios NON sexan trolls! Consideran aos usuarios troll que hai que impedir se manifesten. Como os greenlings hai que telos afastados da auga e aos trolls da web
Que sería da web sen os troll? Xa estariamos repoñendo la casa de la pradera tódolos días. Os geek vai tempo que levarían autorradio no monopatín. Os web(on) master xa terían sacado as esvásticas como páxina de inicio...
UN O troll é democrático. Ti pode que nunca sexas web(on) master, mod (nerd) ou gurú pero todos podemos ser trolls
DOUS A moderación (censura) evita a proliferación de trolls (1 mito web)
TRES Os troll xurden por xeración espontánea efecto greenlings
CATRO O troll non nace nin se fai: é putativo web
CINCO Contra o troll a fin xustifica os medios
SEIS Troll & spam (touciño e velocidade)
SETE A igrexa te excomulga o web(on) master faite troll
OITO O troll é un ser non recuperable socialmente pra a web
NOVE Se o troll ten páxina web pasa a chamarse web(on) master
DEZ Troll (Internet) Non existe a especie fora do hábitat web
ONCE O troll ten compoñente pirómana (flame) e cociñeira. Tende a brasear ao web(on) master
DOCE Ante o troll sacar crucifixo offtopic
TRECE Todo o que non é da corda do web(on) master e as súas pallas mentais é troll
CATORCE Os troll están documentados históricamente. Un tal Xesús foi o primeiro troll dicindo aquelo de: un de vós hame traizoar antes de que cante o galo
QUINCE En caso de ataque troll: poñer os pc en círculo |
|
|
|
netiqueta [en Parvos] |
|
¿Comentas?
Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
Esa podería ser a base de calquera páxina de comentarios. Comenta, que nós xa che diremos se nos vale... e se non
Nestas mesmas pantallas xa lle adiquei post a netiquetas pra case tódalas faunas da web. Non me deixa de abraiar a facilidade que teñen algúns web(on) master pra facer de cínico, hipócrita, sinvergonza...
O outro día lendo unha disas páxinas poñía isto: A lei de Godwin
A medida que una discusión en Internet se alarga, la probabilidad de que aparezca una comparación en la que se mencione a Hitler o a los nazis tiende a uno.
Nunca escoitara falar de tal cousa e o "conceto" que diría Manquiña é dos anos 90! Resulta que segundo os web(on) master, mods (nerd) e asimilados. Cando nun foro a discusión (?) chega a un punto na que un usuario cita aos Nazis Remata a discusión. Remata? Querán dicir péchana? Cando se veu isto? Na España nunha discusión sobre un tema chámase nazi a alguén?
Non pasa tal
O que si acontece é que nalgún momento os "responsables" presuntos enterados se sintan desbordados pola situación ou simplemente non lles interesa entón ven o peche, ameaza ou baneo do usuario. Entón fálase de censura iso si
En USA a falta de liberdade de expresión compárarase cos nazis, na españa xa tivemos unha dictadura fascista e sabemos ben da diferencia entre liberdade físicia (fascismo) e de expresión (censura)
O autismo dos web(on) master e adictos lévaos a unha simplificación na cal os usuarios deben cumprir unhas (presuntas) normas que eles nunca cumpren nin pensan cumprir |
|
|
|
Batalla del Ebro [en República] |
|

Estos días vai 70 anos da batallo do Ebro. Por cuestións do chollo poiden ver parte de isa zona. Resulta impresionante que aínda hoxe se poidan ver os marcas de aquela batalla. As trincheiras, a metralla, o lixo... o tempo borrou parte de isas marcas. Pero a pouco que un se fixe o acontecido na Terra Alta en boa parte de Aragón durante ises catro meses de horror deixou unha fonda marca aínda hoxe visible |
|
|
|
Kaos fora de xogo [en Red] |
|

vai uns días contaba nestas mesmas pantallas como dende La Haine http://www.blogoteca.com/nemigo/index.php?cod=43001 daba unha información partidista. Empregaba información de El País e outra páxina de "la mafia de miami" (sic) pra darlle a razón ao diario que se independiza da mañá e insultar aos exiliados cubanos. Sen facilitar os enlaces ás dúas novas para comprobar a "información." Penoso todo
Hoxe foi Kaos en la Red quen fai de vaca e se mete no millo -> http://www.kaosenlared.net/noticia/fundacion-caixa-pide-disculpas-patrocinio-foro-contra-cuba
Atención á nova
Resulta que La Caixa cedeu un dos seus locales pra unhas actividades a prol da democracia en Cuba a elas asiste Vargas Llosa. Todo ok ata aquí. No medio métese un empresario en contra de que se fagan isas actividades. O empresario ten os seus dineros en La Caixa e ameaza a esta con quitalos se non impide esa actividade (250 000 euros.) A cousa da máis voltas cando o "emprerario" di que La Caixa se desculpou a el por isas actividades e que incluso o chamaron pra desculparse polo acontecido
Ata aquí se entende alguén que avise
Resulta que tras unhas pequenas investigacións por parte de http://www.cubaencuentro.com/jorge-ferrer/blogs/el-tono-de-la-voz/alcaldesa-y-noticias-y-bolos-la-fundacion-la-caixa-desmiente-a-cubainformacion-y-asociados
A partires de aquí caeuse todo unha simple chamada a La Caixa pra dicir: que todo é mentira. Sabían pra que era esa xuntanza e así a autorizaron. Nada saben do empresario
"Sin embargo, según el portavoz de la Fundación La Caixa con quien hablé esta mañana, Morales miente, y con él toda la prensa procastrista que le sirve de eco. (El tono de la voz)
A situación a partires de aquí é absurda: un empresario comunista ameaza con quitar os seus cartos dunha entidade bancaria capitalista por actividades democráticas a prol de Cuba!
Pero existen empresarios comunistas? E os traballadores de ise empresario que son? Burgueses?
O mundo ao revés! |
|
|
|
solidaridade con USA [en Afganistán] |
|

Obama (próximo presidente en USA se a CIA e o FBI non o impiden) pide a nosa axuda. Non te preguntes o que pode facer USA por ti nin o que che debe: non. Agora dinche que lles axudes XA!

Afganistan, world champion
-Eu?
-Si, ti. Nós, todos
USA necesitanos pra gañar en Afganistán. A primeira potencia económica do mundo non pode cun país do quinto mundo. Eles son quen de aplastar un país como Iraq (país petroleiro) pero non afganistán. Xa se sabe que as cabras tiran ao monte e Bush algo de chivo ten
Non nos pediron consello pra meterse en Iraq nin Afganistán. Agora hailles que axudar. Non son quen
Non piden axuda en Iraq. O petróleo para o que o roubou
Non piden axuda en Guantánamo. A infamia pra eles
Non houbo na historia ningún imperio que fose quen de gañar en Afganistán. Pero xa sabemos que hai quen di que en Vietnam USA non perdeu. Próxima victoria USA -> AFGANISTÁN
|
|
|
|
|
|
|