Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estrella Galicia [na Coruña]


Estrella Galicia é moito máis que unha marca para moita xente. Dende pequeno lembro esta marca. Cando estabamos a esperar o autobús paraban os camioneiros e obreiros a mercar nos bares botellas de Estrella Galicia. Xa nos anos 80 vendían botellas de un litro e vendíanse por caixas os seus botellíns. Entón a marca só era coñecida na Coruña e Ferrol. Era unha empresas local e cun público moi limitado. Entón só se bebía viño con gaseosa no xantar. Nos anos 90 pasouse a poñer de moda as cañas de Estrella Galicia non tivo outra que pasarse ao mercado das festas e locais de ocio. Pero eso fixérono empuxados polos clientes. Moitos anos máis tarde foron os propios clientes os que levaron a marca por toda galiza e fora.

Agora Estrella Galicia entendeu que debe medrar. Ven a ser como Inditex da bebida. Medran porque a competencia e mala ou non é quen de xestionarse.

Vai uns días inauguraron un museo na Grela. Esto de ter unha empresa con museo da sona. Ten unha historia detras, e diante.

Pois como un vai pola Coruña moito máis que por Santiago achegueime á empresa. Tiven ocasión varios anos de traballar en Estrella Galicia pero por unhas cousas ou outras a cousa non saíu. E sempre quedou en proxecto.

Cheguei á empresa e achegueime a este museo. A entrada custa 15 euros. Poden parecer moitos pero penso que vale só o que ten prezo. E se cobrasen 50 tampouco me parecería mal.
Pero a cousa tórcese pronto. Pregúnche o none. Ten algunha diferenza que te chames antonio ou josé? A cousa vai a máis cando che preguntan o email. Que eu me neguei a dar. E xa que che pregunten a idade... tampouco ten senso.
O edificio é feo, está mal deseñado, peor acabado e non deixa máis que a sensación de confusión. É un conxunto de escaleiras, plataformas e ascensores. Perdinme varias veces, ata tiveron que indicarme onde estaba a entrada. Que eu non vía. Ven sendo unha porta empotrada na parede cun cartel xunto a unha presunta tenda de merchandaing con catro cousas. As salas son pequenas e caóticas. Cheas de chorradas irrelevantes. O único válido é onde están as cubas de fermentación e a cafetería. Para qué pos unha cafetería na última planta? Pona na primeira!
O mellor foi marchar canto puiden non sen antes volver dar varias voltas. Tempo perdido.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 23-06-2019 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Eu deixei algo na universidade e xa non está alí [en pasado]
a continuación do post anterior:

quen dixo que o facebook non vai ou non serve para nada? Mandei un correo electrónico con datos de contacto e foto ao correo que alí había pedindo que llo fixeran chegar a ela e tres días despois ela mandoume un whatsapp. Incrible que os milagres existan pero hainos. Me recoñecera pola foto, dixo. Dubidei se mandar unha foto de entón pero ao final mandei a foto actual do pasaporte. Respondín a ese whatsapp con outro de redacción atropellada. Podía ter feito unha chamada pero parecíame que se ela elixía unha mensaxe era xusto facer o mesmo. E xa non respondeu a esa mensaxe ata que lle mandei a ligazón do blog. Non lle gustou o que alí poñía. Ela non lembraba a historia así e ata negaba que acontecera tal.

a fin da historia?
xa entendín moito e pode que ata todo do que aconteceu entón. é moi fácil de entender pero moi complicado de explicar.

Cando eu a esta muller lle pedín para saír dixo que non. Que tiña noivo e o quería, e o dixo enfadada porque pensaba que eu só quería dela un polvo. Por que alguén con parella se vai a cabrear por lle digan eso?

Uns meses despois cada vez que coincidía co seu mozo na biblioteca el recollía todo e marchaba. Ela non lle dixera que non pasara nada comigo. Por que non llo dixo?

As semanas antes de ir a Barcelona co seu noivo evitábame. Por que os meses anteriores non o facía? Que cambiou?

Ao volver de Barcelona buscábame. Por que?

Que ten en común de senso todo este tempo? Agora xa o sei. Nunca tiven unha oportunidade con ela. Non quería eso, ou pode que si pero nunca tería sido tal. Buscabamos cousas diferentes.

Non sei cal é a súa situación persoal. Como ela diría: é que non te podes meter.

Penso que xa fixen bastante máis do que debera e ela me deixaría facer. Pasei varias liñas pensando que podía facelo e non hai tal. Non agora. Había unha oportunidade ou pensei eu que a había. Xa fixen a miña parte, esta vez si o podo dicir. Teríame gustado poder convidar a esta muller a un café e lembrar o pasado pero sería o meu pasado non o seu, non sería xusto.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-06-2019 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal