Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

a wikipedia ES segue sumida na merda
imaxe do admin en roupa de traballo

como xa pasara co mítico (incompetente e mangante) admin hmpmedina, na wikipedia ES están a votar para mandar para a casa a outro admin. Algo falla cando un destes mangantes pode botar usuarios porque lle peta e para botalos a eles do cargo hai que votar. Será esta a igualdade na rede?

A todos los que tengan una antigüedad mayor a 6 meses y más de 500 ediciones, la Wikipedia os necesita urgentemente.

Votad negativo a la calaña que hay que expulsar de la Wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Revalidación_de_bibliotecarios/

Argumentos para votar en contra:

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Revalidación_de_bibliotecarios/Taichi

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia_discusión:Revalidación_de_biblioteca

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia_discusión:Revalidación_de_biblioteca

hai tamén que engadir as afeccións do admin baneador de novatos e trabador de xente que non é da súa corda, véxase a listaxe negra de usuarios que ten:

https://es.wikipedia.org/wiki/Especial:P%C3%A1ginasPorPrefijo/Usuario:Taichi/Historias

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-06-2018 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
a fin de blogoteca
din que esta páxina vai pechar
cando se iniciou este blog vai moitos anos comezaba a web 2.0 que quedou en nada, crear contidos propios sempre foi duro e nada doado. Xa o sabiamos

Pero trocou a forma de engadir contidos. Agora ven sendo máis sinxelo. Fotos, deseños e curtos textos. Era a fin dos blog. Contidos currados e buscando chegar con ideas e reflexións (sen pretensións nin obxectivos)

Iso xa non se leva e así este blog rematou como vertedoiro de frustracións. Iso non é malo, só diferente ao obxectivo inicial que viña a ser fuxir dos admin e os web(on) master. Aquela xente xa casi nin existe (vaia o demo neles). A web democratizouse, ampliou o espectro de usuarios. Non melloraron os contidos pero si a cantidade de xente xerando ideas

Non será renovado este blog, nin trocado de lugar. Xurdiu como fillo ilexítimo dunha internet que xa non existe e se isa web morre debe morrer con ela. Pode que a próxima versión sexa con contidos máis multimedia... XD

Pero mentras non se atopa un soporte no que estar cómodo e teña doado dar opinións diferentes tardará en chegar
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 03-06-2018 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal